
Empregamos este conto para interiorizar a necesidade de gardar a ditancia e as medidas de hixiene e como estas precaucións non significan que non sexamos amigos e non nos queiramos un montón! Seguramente algúns xa coñeceredes este conto, pero aquí o deixamos.
Así, mediante o conto "ATA QUE POIDAMOS ABRAZANOS" traballamos moitos destes aspectos ó tempo que traballamos os contidos do trimestre empregamos diferentes técnicas plásticas, traballamos emocións e a expresión corporal, traballamos cancións, bailes, etc.
Aquí podedes velos traballando nalgunhas páxinas do conto.
Quedaron moi ben!
Estampamos ós protagonistas nas fiestras e quedaron fermosos.
Os de tres e catro anos fixeron un mural!

Fixemos xogos imitando ós protagonistas practicando sáudos sen tocarnos e facendo bailes... Para isto introducimos unha nova canción de benvida que algúns din que xa vos cantaron na casa.
Para os bailes das emocións puxemos varias cancións xeniais para bailar e cantar xuntos pero gardando distancias.
Estas son as 3 que máis nos gustaron. Dúas das emocións e unha para bailar un montón!!
-"Canción de las caras" de Pica Pica.
-"Canción de las emociones" de Las Magdalenas.
-"Muévete de Canta Maestra.
Arredor da música no conto falamos das notas musicais, dalgúns instrumentos e coñecemos a clave de sol!
As portadas do conto tamén quedaron espectaculares!
![]() |
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixanos aquí os teus comentarios!