Este ano na exposición de Samaín quixemos coñecer como se celebra a festa do outono nos diferentes países. Propuxemos varias ideas: México, Reino Unido, Nixeria... Agradecemos moito a vosa colaboración!venres, 31 de outubro de 2025
Festas do outono nos diferentes países.
Este ano na exposición de Samaín quixemos coñecer como se celebra a festa do outono nos diferentes países. Propuxemos varias ideas: México, Reino Unido, Nixeria... Agradecemos moito a vosa colaboración!sábado, 25 de outubro de 2025
venres, 24 de outubro de 2025
DÍA DAS BIBLIOTECAS
Día das Bibliotecas 2025: Contra a DESINFORMACIÓN
O lema deste ano, "Contra a desinformación: bibliotecas", pretende destacar o papel fundamental que desempeñan todas as tipoloxías de bibliotecas na loita contra a desinformación.
mércores, 22 de outubro de 2025
MÚSICA LATINA: CATRO ANOS
Esta semana traballamos a música latina é un conxunto de ritmos, estilos e expresións musicais que teñen a súa orixe nos países de América Latina e tamén en España e Portugal.
Dentro da música latina atopamos moitos estilos diferentes, como a salsa, o merengue, o reguetón, a bachata, o tango, o son cubano ou a cumbia, entre outros. Cada un deles conta cun ritmo e unha historia propios, pero todos teñen algo en común: a alegría, o movemento e a paixón coa que se interpretan
A música latina non só se escoita, séntese e celébrase, facendo que cada persoa poida expresarse libremente a través dela.
luns, 20 de outubro de 2025
sábado, 18 de outubro de 2025
Esta semana traballamos a cor vermella!!!!
venres, 17 de outubro de 2025
luns, 13 de outubro de 2025
venres, 10 de outubro de 2025
PROXECTO DAS CORES: O lobo que quería cambiar de cor.
xoves, 9 de outubro de 2025
CONCURSO DE FOTOGRAFÍA DO OUTONO E A NOSA CONTORNA
As fotografías deberán ser recentes e cada unha delas deberá ir acompañada dun documento ou lenda que deberá conter o nome do/a autor/a e o título da fotografía.
As fotografías deberán enviarse ao seguinte correo electrónico: bibliocospeito@gmail.com
O concurso finalizará o 17 de Outubro.
sábado, 4 de outubro de 2025
MÚSICA CLÁSICA: CATRO ANOS
Esta semana e na aula estivemos traballando de maneira vivencial coa música clásica de Vivaldi. A través da escoita activa e de actividades prácticas, os/as nenos/as puideron conectar coas emocións e os ritmos das súas composicións, experimentando a música de forma directa e participativa. O luns entraron no cole con música de Vivaldi.







