venres, 21 de xuño de 2024

ÚLTIMA SEMANA EN INFANTIL

 

Esta foi a última semana en infantil e estivo cargada de emociones.

Rematamos os traballiños e os libriños todos para que chegasen a casa e poder contar todas as cousas que fixemos estos meses.


Despedimos a profe MARIA que axudounos tanto durante estes tres cursos, sen ela non serian posible moitas cousas das que fixemos na aula.


Tamén  agradecemoslle  a Tata por todas as cancións que nos cantou neste curso

Tamén lle dimos a benvida ao cole aos nenos/as que virán o ano que ven.
Primeiro contamos un conto dos animaliños do bosque e despois fixemos unha actividade




Cando rematamos o conto, por parellas axudaron aos pequniños a facer unha bolboreta, os maiores recortaron e eles puxeron as pegatinas.








E así de bonitas brillaban as bolboretas








Despois de traballar fixeron de coidadores mentras xogaban no patio










OS NENOS/AS DA GUARDE NON PUIERON TER MELLORES COIDADORES, E ELES PASARONO XENIAL!!!
E CHEGOU O DÍA DE PASAR A PRIMEIRO, PORQUE XA SOMOS MOI MAIORES
Fixemos a fila xa en primeiro, un pouco nerviosos/as

Cando chegamos a clase de primeiro cada un colocouse nun sitio, pero non chegaban para todos e tivemos que compartir, estivemos alí un ratín observando a clase, os libros, o rincón de xogos...


peroooo chegou a hora do recreo
as pezas eran coñecidas e moitos quedaron nesa zona, tamén o tempo non era bo e non puideron sair as pistas

Os xogos do chan foron un éxito


Algúns preferiron o fútbol pero pronto se deron conta que cos máis pequenos


ao ratiño  sonou o timbre outra vez, chegoulles a pouco, fixemos fila e para clase

quedaban cousas ainda por solucionar, desfacernos dos mandilóns

e recibir o kit de supervivencia para primaria
Con este kit xa nada pode ir mal en primaria.
e con todo solucionado a clase verde pecha as súas portas desexándolles o mellor deste mundo



BO VERÁN!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixanos aquí os teus comentarios!