Pasaron os meses e chegamos aos últimos días de 5º de infantil.
Xogamos, traballamos, rimos, ás veces tamén choramos pero pasámolo xenial porque somos un super equipo!!!!
Hoxe levaron os seus traballiños, agardamos que vos guste todo o que esforzaron estes peques.
Así foron os últimos días...
A portada dos nosos traballiños do 2º e 3º trimestre. Buscando 4 follas para poñerlle a bolboreta e facer as súas ás.
Poñendo herbas.
Botando brilli brilli polo rastro que deixa a bolboreta.
Decorando as bolsas. Primeiro fixemos a base da xoaniña de vermello.
Chulada!
Hoxe fomos de visita a xunto dunha profe que queremos moito, porque sempre nos está axudando. Levamoslle un agasallo super especial para que decore o seu despacho, é unha foto onde estamos todos e decorámola cos nosos nomes. Nunca estiveramos no seu despacho, é pequeno, pero collemos tod@s!
María secre moitas grazas por todo o que nos ensinas día a día. Querémoste!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixanos aquí os teus comentarios!