sábado, 4 de febreiro de 2023

DINOS: COMEZAMOS NOVO PROXECTO.



4-2-2023

Novo ano e novo proxecto, xa estabamos desexando comezar e por fin chegou a quenda dos dinos!

Comezamos cunha chuvia

de ideas para ver todo o que crian saber e as cousas sobre as que nos gustaría investigar. Logo recollémolo en papel.


Preparamos tamén unha cartiña para pedir a colaboración das familias.

Moi pronto comezaron a chegar unha chea de materias que foron presentando e que xa desfrutan no recanto do proxecto e que imos empregando nas nosas investigacións e actividades.

ADAM presentounos un libro xenial de dinos que compartirá con todos na clase. Trouxo ademais dous dinos sobre os que iremos investigando próximamente. Describiunos con coidado e xa están no recanto do proxecto.

XOEL trouxo ó largo deste tempo varias cousiñas, primeiro un libro para xogar e localizar dinos. Abriuno e explicounos como se xoga e gustou moito.

Uns días despois tróuxonos 2 marionetas de dino moi chulas coas que xa estiveron xogando.
Logo trouxo uns ovos de dinos sorpresa que fomos observando e nos que traballaremos a próxima semana estudando os resultados.
Despois trouxo un libriño para investigar sobre os dinos!
Por último un libro de colorear con auga reutilizable que xa temos no recanto do proxecto.


ENZO presentou dous dinos que nos amosou e describiu con detalle e que pronto iremos investigando.

LEIRE P. presentou diante de todos un libro de dinos moi especial de 3D! 
Aportou tamén pasados uns días un dino moi chulo de peluche que nos pareceu moi riquiño e do que xa desfrutamos no recanto de dinos!

TEO presentou 4 dinos que describiu con detalle e que iremos investigando pronto. Tamén aportou unha páxina dun folleto de dinos no que hai unha chea cos seus nomes e que iremos empregando para investigar.

IZAN xa presentou tamén un crebacabezas de dinos, un debuxo dun triceraptops e 7 dinos sobre os que iremos investigando.

LEIRE mostrounos o debuxo que preparou para o noso recanto e un conto que lemos esta semana.

AARÓN mostrounos e describiu a súa aportación: 3 dinos moi chulos que xa están no recanto do proxecto.

LUCÍA RÍO amosounos un libro para xogar a atopar dinos, un crebacabezas e 2 dinos. Todo forma parte do noso recanto.



IVANA presentounos as súas aportacións: un libro, un debuxo que preparou con moito detalle e un crebacabezas.

MARTÍN amosounos as súas aportacións, un xogo de dinos e un libriño de pegatinas.

LUCÍA V. presentou o seu libro de investigación de dinos e unha lanterna de diapositivas que nos ensinou a empregar cando se xoge no recanto do proxecto.

DANIELA amosounos e foinos explicando un pouco o seu libro de investigación de dinos. Tamén mostrou e describiu os 2 dinos cos que colaborou.

Pasados uns días trouxo unha marioneta de T-REX moi chula e xa temos varias para xogar, encántannos!

RUTH amosounos o seu libro de dinos con pegatinas e explicou a súa páxina favorita. Xa o temos no recanto.

Poucos despois ADRIANA compartiu con nós un debuxo moi chulo dub T-REX e unha nova marioneta, esta vez dun TRICERAPTOR.
Con toda esta chea de materiais xa comazamos a traballar e iremos recurrindo a eles segundo avancen as nosas investigacións que aínda están a comezar!

Investigado en internet e traballando en papel descubrimos o sigificado da palabra DINOSAURIO, que é LAGARTO TERRIBLE! Cada un escolleu un dino que lle gustara e soubera o nome para debuxalo e escribir o nome sos ou con axuda.



E por fin comezamos a investigar sobre un dos dinos  e como era a primeira vez collemos un coñecido, o T-REX.
Primeiro collemos uns bonecos para fixarnos nos detalles e poder buscalo nos libros por grupos. Unha vez atopados lemos a información.


Logo da investigación plasmámolo en papel. Eleximos escribir como datos especiais algunhas cousas que descubrimos: "Era lento, e escondíase para cazar."


Logo fixemos un xogo de DINOGEOMATRÍA cortando as pezas, poñendo o nome, e o número de pezas que temos de cada forma.


Cando estivo listo tentamos construír o T-REX que é o dino que investigamos e logo xogamos libremente.

Logo, seguindo coa experiencia 3D un por un experimentaron cun dispositivo electrónico a atopar e observar un T-REX xigante en clase e sacaron alguhas imaxes da experiencia.

Logo sacamos foto de recordo!


Moitas grazas por colaborar, pronto seguiremos informando!!!



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixanos aquí os teus comentarios!