sábado, 18 de febreiro de 2023

DINOS: Achegámonos a súa historia!


Esta semana estivemos centrados na orixe e na historia dos dinosaurios. Para iso buscamos en internet e nos libros de clase.



Visitamos tamén a clase de 4, á que veu Luis a falarnos dunha maqueta xigamte de T-REX que vai rotar por infantil.

Achegámonos nestas semanas ó dino do que fixemos o disfraz de entroido: PARASAUROLOPHUS.

Investigamos un pouco e deixamos un par de vídeos dos que sacamos información e cos que nos divertimos nestes días!

Vímolos en 3D por quendas e sacámoslle unhas fotos do que observamos. Deixamos unha foto de recordo que sacamos xuntos.


Fixámonos na súa cresta, coa que fai sons para comunicarse. Logo preparamos a ficha deste novo dino co aprendido.

Fixémolo tamén co xogo de DINOXEOMETRÍA e rematamos de decorar o sobre no que gardamos o xogo.

Seguimos cun conto para ver a escuras con  luz negra cunha chea de dinos dos que fomos falando, incLuído o PARASAUROLOPHUS!
Preparamos o disfraz de PARASAUROLOPHUS para o entroido e desfrutamos da festa do cole co disfraz!

Este disfraz brila na escuridade con luz negra por ser feito con pintura fosforita. Na clase xa temos fabricado esta luz noutros proxectos. Para facer a luz negra caseira se non recorades como era e vos apetece só necesitades:
 
-1 Lanterna de luz led.
-Celo transparente ou cinta de embalar transparente.
-Rotulador permanente azul.
Só tedes que poñer na luz un anaco de celo/cinta que a cubra ben. Logo pintala co rotu tapando a luz. Despois só tedes que repetir a operación e engadir capas da mesma forma. Nós conseguímolo con 6 capas, pero se a luz e moi forte pode que teñades que poñer máis.

Tamén foron chegando máis cousiñas!



A nosa compi IVANA presentounos un PARASAUROLOPHUS xenial que nos serviu para repasar todo o aprendido con este dino!
XOEL trouxo varios materiais que presentou e comentamos na clase: un STEGOSAURIO e un libro sobre el que empregaremos para investigación máis adiante, e uns coches de Dino que nos pareceron moi divertidos. Tamén trouxo un libro relacionado co que estamos investigando actualmente e do que xa vos falaremos proximamente.
ENZO trouxo un CARNOTAURO xigante que nos encanta e co que xa xogamos un montón.
MARTÍN trouxo un contiño Mi mascota el dinosaurio " que contou estupendamente na clase!
AARÓN trouxo un T-REX moi chulo co que repasamos o que xa estudamos deste dino e co que nos gusta moito xogar.
LUCÍA RÍO trouxo un libro de debuxos de dinosaurios para pintar con rotu de auga. Xa o estrenamos e encantounos!




Unha semana máis: grazas a todos e todas por colaborar!
Proximamente veredes máis cousiñas nas que estamos a traballar.


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixanos aquí os teus comentarios!