sábado, 29 de outubro de 2022

REPASAMOS CORES E ....!

 Esta semana seguimos sendo pouquiños. Repasamos as cores traballadas e preparámonos para o samaín.

O luns entramos por primeira vez na biblioteca, celebramos o seu día escoitando un contiño nun teatro moi especial, xa que os nosos compis de 5 anos diseñárono e fixérono. Pero que super artistas están feitos os nosos compis!!!

Escoitamos o conto de : El cuento sin fin de Martín. Nel aparecían un montón de contos que se ian amosando a través do teatriño máxico.
Unha foto con todos os nosos compis de infantil!
Cando volvemos para a clase decoramos un marcapáxinas moi chuli, que levamos para a nosa casa e poder empregalo nos nosos contiños.
Esta semana sairon as MOCHILAS VIAXEIRAS!! Van moi cargadiñas de contiños, música, xogos...agardamos que vós gusten moito. Cada aula ten a súa mochila e cada 15 días pasará polas casas de todos vós. 
COMPOSICIÓNS CON PEGATINAS DE DISTINTOS CORES E FORMAS.
ARTISTADAS CHULIS!!!
PREPARANDO SORPRESAS!!!!!!!! Que non vos podemos ensinar por agora pero están quedando moi ben. 
SAMAÍN
Preparando uns gorros moi chulis para unha actividade que fixemos este venres na biblio.
Que bonitos quedaron os nosos gorriños!
Todas as semanas contamos moitos contiños. O xoves contámolo na biblio, era un conto moi relacionado coa época na que estamos. O protagonista era unha pantasma.
E na fichiña do conto, desta vez empregamos brilli brilli para repasar a pantasma e colocamos uns ollos moi coloridos, xa que no conto decíanos que era moi brillante.
Pantasmas que fixemos coa profe Cova, a teacher! Grazas profe!!!
Merenda terrorífica do venres!
CANCIÓNS QUE BAILAMOS NA CLASE
  
Sonrisa de venres mezclada con moito BOOOOO!!!!!!
BOA PONTE!! Volvemos a vernos despois da ponte!! Recuperadevos prontiño todos. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixanos aquí os teus comentarios!