venres, 28 de outubro de 2022

CREADORES! Personaxes.

Esta semana comezamos cun contacontos como xa veríades na entrada de biblio, e no que empregamos o noso teatriño! 
Agora xa o temos de volta na clase no recanto do proxecto, que xa vai tomando algo de forma! Seguiremos preparando cousiñas que temos na lista de pendentes.

Así, nesta semana

centrámonos nos personaxes das historias que coñecemos. Presentamos a marioneta de Eglefino que xa forma parte do recanto Creadores.

A partir da súa presentación retomamos personaxes de contos que fomos coñecendo. Que tipos de personaxes atopamos? Persoas, animais, cousas, seres plenamente imaxinarios... Fixeron unha posta en común e retratámolos, quedaron moi logrados!


Tivemos tamén a Lucía Villares de contacontos co seu conto favorito: "Blancanieves y los siete enanitos".
Fíxoo xenial e a todos lles gustou!

Como sempre gardamos a experiencia en papel e por detrás traballamos os ordinais ata 7º empregando ananiños e cardinais traballando anterior e posterior.



Logo o xoves, Ivana e a súa nai participaron co conto de "La ratita presumida"! Un conto fermoso que Ivana foi representando coa lectura da súa nai. Foi xenial!



Logo recollémolo en papel entre todos.
Moitas grazas por animarvos a visitarnos e participar na aula!



Esta semana foi unha semana diferente coa celebración do Samaín. Comezamos a prepararnos durante a semana. O venres tivemos unha contacontos moi especial: a brujiprofe Cova! Contounos un conto xenial en inglés dunha bruxa e a súa pócema.
De aí que levemos de recordo un gorro de bruxa ben chulo no se se esforzaron moito! Empregaron Témperas, gomets, brillantina, troqueles... Para o deseño inspirámonos no sobreiro da bruxa do cole... Unha bruxiña que poden ver dende o baño e que sempre din que se move... debe ser algo traste!
Quedaron moi chulis e podédelas ver na entrada do Samaín que se publicará proximamente.


Xoel chegou cunha nova colaboración, uns personaxes perfectos para inventar historias e que están relacionados co conto que proximamente nos contará e que xa temos na clase agardando.
Explicounos os materiais que empregou e como lle axudaron na casa para facelo. Quedou xenial e veunos xenial coa semana de Samaín!!

Ademais tamén aproveitamos para facer un novo traballiño para o noso recanto de Creadores relacionado cos personaxes de historias. Creamos un modelo diferente de marioneta para teatralizar as nosas historias. Xa imos facendo personaxes dos nosos contos en forma de marionetas de dedos e esta semana creamos marionetas de calcetín. 
Elexiron o calcetín que preferían, a la para o pelo e a súa lonxitude (longo, curto ou medio) e os botóns para os ollos. Logo decidiron sobre a lingua se iría fóra ou dentro, cortaron as partes da boca e cortaron e ataron a la. Quedaron moi chulas e véñennos moi ben para o recanto!

Deixo un vídeo dos/as peques a voltas coas marionetas.

 A próxima semana máis cousas nas que estamos a traballar,  moitas grazas por colaborar!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixanos aquí os teus comentarios!