venres, 29 de abril de 2022

ABRIL DE CUMPLES: PARABÉNS ZOE, ADÁN E HUGO!

Este mes celebramos tres cumpleaños. Pasámolo moi ben.

MOMENTOS PREVIOS O DÍA DA CELEBRACIÓN 


1º Entre todos preguntámoslle a Zoe, Adán e Hugo cantos anos cumplía. 

2º Mediante unha super ficha de cumple,  intentamos colocar as velas na súa super tarta. 

A de Zoe é de chocolate con galleta.
Adán de nata, galleta, fresa e chocolate.
Hugo de  fresa con chocolate.

 A tarta tiña un pouco de trampa, porque faltaban velas. Entre todos tivemos que contar que so tivera 6 velas, sen despistarnos de non poñer ningunha máis. Cada neno decorou a tarta do cumple de Zoe, Adán e Hugo.

3º Na ficha escribímoslle os seus nomes nas coroas e volvemos a escribir o número 6.


DECORACIÓN COROA

Cada neno/a ten a foto da súa cara, debe recortala, pegala nun folio de cor e facerlle o corpo, sen esquecernos de ningunha parte do noso corpo.

ZOE
PREPARANDO A COROA
ADÁN
PREPARANDO A COROA

HUGO
PREPARANDO A COROA

Cos sellos de letras, os cumpleañeros puxeron o seu nome para personalizar a súa super coroa.
ZOE
ADÁN

HUGO

CELEBRACIÓN

Comezamos con unha canción para poñer moita festa a este día. Parabéns de Uxía a Lambona e a Banda Molona.

E A SOPLAR!!!!!!!!
Para que nos quede un recordo bonito deste día de cumpleaños fixemos unhas super fotos no photocall dos cumples. Verdade que saimos todos guapísimos e guapísimas?? 


Finalmente chegou a hora da festa e do baile.


Foi un día super especial!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixanos aquí os teus comentarios!