venres, 1 de abril de 2022

O CORPO: SISTEMA RESPIRATORIO

Nova semana e novo sistema. Nesta ocasión foi a quenda do sistema respiratorio. Repasamos o que sabíamos sobre este sistema facendo unha chuvia de ideas. Logo observamos as reproducións que tiñamos na clase e que nos aportaron AARÓN e XOEL e que temos no recanto do corpo.

Fixemos unha investigación seguindo a nosa rutina de estudo buscando nos libros, imaxes e vídeos de internet.


Aquí deixamos os vídeos que atopamos.


Recordamos a utilidade de controlar a respiración para poder relaxarnos. Fixemos prácticas xa coñecidas anteriormente algunhas novas que prendemos.
Comezamos con algo que xa temos feito: CONTAR durante a respiración.

Logo probamos a RESPIRACIÓN  DE CAIXA pero en lugar de inspirar, reter, expirar aguantar 4 segundos en cada fase fixémolo só con 2 segundos para que nos resultara máis sinxelo.



Outra delas foi a RESPIRACIÓN DIAFRAGMÁTICA que axuda a relaxarnos e diminuir o estrés. Para facelo primeiro empregamos a técnica estirados no chan sentindo como se hinchaba o noso ventre coas nosas mans. Para facelo fixémolo tumbados relaxados boca arriba coas mans na barriga e respirando pausadamente hinchando o abdome con cada inspiración pola nariz pola acción do diafragma e soltándoo pola boca como facemos sempre. Logo fixémolo por parellas.


E por último a a respiración ALTERNANDO as fosas nasais.

Repasamos  as partes e función e plasmámolo e papel.



Observamos a maqueta dos pulmóns`para velos en grande e con detalle. Déronse conta de que se podían observar unhas divisións nese pulmón e buscamos imaxes. Aprendemos que os pulmóns son algo diferentes entre eles. Un ten 3 lóbulos e o outro 2 xa que deixa máis espazo para o corazón.

Empregamos a tablet para observar o proceso da respiración. E obserbamos cómo encaixaba o corazón.

Preparamos a folla da capa do sistema respiratorio. Para facelo empregamos palliñas para facer as entradas de aire de NARIZ e BOCA, LARINXE, TRÁQUEA, BRONQUIOS e globos para os pulmóns.

Tamén pegamos esponxa para simulalos.

Probamos a ver se funcionaban correctamente.


Aproveitamos que vimos as vogais en minúscula para repasar detalles da cabeza. Quedaron personaxes moi simpáticos.

Tamén examinamos no microscopio augas sucias que recolleron XELDA e MARTÍN. XELDA trouxo auga de charco e MARTÍN auga dun depósito. Retomamos así o que xa falamos de que aínda  que a auga pareza limpa pode estar sucia e chea de bacterias e bichiños que nos poden poñer enfermos. polo que é importante non beber calquer auga ó igual que non debemos meter nada na boca e debemos limpar moi ben as mans.

AARÓN axudounos a repasar cunha manualidade estupenda que fixo coa axuda da súa familia. Explicounos que empregou macarróns, palliñas, cordóns e cartolina. Explicounos todas as partes: pel, uñas, dedos, articulacións, ósos e repasamos como se produce o movemento. O cerebro envía a orde a través da columna vertebral e logo polos nervios para que se movan os músculos e así se poda mover a man. Aarón logo de presentar o seu traballo foi percorrendo a clase para que todos puideran experimentar. Xa forma parte do noso recanto do corpo!


Moitas grazas por colaborar e a próxima semana máis!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixanos aquí os teus comentarios!