venres, 18 de marzo de 2022

AS CAPAS DO CORPO: O ESQUELETO

 

Esta semana a adicamos a traballar os osos do noso corpo

Tivemos unha visita inesperada de ESQUELETÓN, primeiro fixamonos no seu aspecto e nos osos que coñecian.

Ao tempo que os sinalabamos no noso corpo tamén o fixemos no ESQUELETO, algúns como  O CÚBITO E RADIO, O HÚMERO, A CADEIRA, A MANDIBULA, A COLUMNA VERTEBRAL...
DESPOIS  con pasta  pegamos cada un deles con moito coidado




para facer o CRÁNEO usamos pasta de sal, primeiro botamos os ingredintes 
auga, fariña e sal

e despois amasamos todo


Logo na ficha modelamos o cráneo e quedounos xenial!!!! Xa o veredes no libro que estamos facendo do noso corpo.
E como ainda sobrou unha pouquiña deunos para xogar e facer outra figuriña

Tamén fixemos algunha para os nenos/as que faltaban 
Esta semana acudimos a coñecer a zona infantil da biblioteca onde o pasamos xenial vendo contos, e despois aproveitamos para contar o conto de Nacho e as súas emocións!







Nesta semana tamén estivemos facendo series na pizarra dixital, con pinchos, con pegatinas...

 Deixovos algunhas das cancións desta semana que mais lles gustaron.




Agora toca descansar e repoñer forzas para a semana que ven!!!


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixanos aquí os teus comentarios!