venres, 25 de marzo de 2022

O CORPO: SISTEMA CIRCULATORIO


Continuamos cun novo sistema, e esta vez foi a quenda do circulatorio.

Seguindo coa nosa rutina de estudo comezamos

recordando algúns detalles que xa coñecíamos grazas as presentacións anteriores, como que o motor do noso corpo é o CORAZÓN e que este leva sangue a todo o corpo por VEAS e ARTERIAS.

Logo investigamos como sempre.


Deixamos algúns dos vídeos que vimos cando fixemos a busca de investigación:

Tanto nos libros como nos vídeos falábase de como o CORAZÓN bombeaba SANGUE a todo o corpo. Para comprender mellor como funciona o BOMBEO experimentamos con contagotas que ó expandirse como o corazón cárganse e ó apretalos/contraerse disparan auga/sangue tal e como fai o corazón enviándoa a todo o corpo.

Para facer a nosa sangue particular empregamos auga a odo de PLASMA, cor vermella para os GLÓBULOS VERMELLOS, branco para os GLÓBULOS BRANCOS e amarelo para as PLAQUETAS.


Descubrimos que o corazón ten 4 habitacións polas que pasa o sangue e que se chaman AURÍCULAS e VENTRÍCULOS. Soubemos que os GLÓBULOS VERMELLOS do sangue pasan a recoller OSÍXENO do aire dos PULMÓNS para levalo a través das ARTERIAS por todo o corpo. 
En papel plasmamos o camiño da sangue a través dun labirinto.

Tamén estudamos que o PLASMA é o líquido no que van flotando os compoñentes do sangue. Os GLÓBULOS VERMELLOS cargan co osíxeno, os  GLÓBULOS BRANCOS veñen ser os policías defensores do noso corpo fronte os virus e bichiños que nos queren facer dano e enfermar e as PLAQUETAS son as "tiritas" protectoras que bloquean a saída de sangue cando nos facemos unha ferida.

Así, co que fomos descubrindo, elaboramos a páxina da capa do SISTEMA CIRCULATORIO: debuxamos a separación entre aurículas e ventrículos, pintamos un de cada para o sangue das ARTERIAS e outros para a de VEAS, decoramos veas e arterias dos brazos con pegamento de brillantina azul escuro e vermella, pintamos os pulmóns e engadimos purpurina azul clara para o OSÍXENO, empregamos la e abalorios para  facelos circular.




Quedou moi ben!

Ademais fixemos bolsiñas sensoriais cos elementos básicos que estudamos do SANGUE: PLASMA con auga, GLÓBULOS VERMELLOS con boliñas de xel vermellas, os  GLÓBULOS BRANCOS con pompóns  brancos e  PLAQUETAS con boliñas de xel amarelas.
Para preparar as boliñas deixámolas a remollo dun día para outro e coas boliñas aproveitamos para practicar o conteo. metemos boliñas por tandadas de 5, 10 ou 15. Estivo moi entretido!

Quedaron xenial!

Experimentamos unha vez máis co ESTETOSCOPIO que nos trouxera IZAN e revisamos o ELECTROCARDIOGRAMA que trouxera MARTÍN. Escoitamos o corazón a distintos ritmos: rápido e lento  co estetoscopio e logo sentímolo coa nosa propia man no pescozo tras correr e saltar no sitio.

Tal e como falamos dos análises con anterioridade cando MARTÍN cando nos explicou como funcionaban os ANÁLISES de orina, achegámonos ós análises de SANGUE e a un dos instrumentos principais dos laboratorios: o MICROSCOPIO. Grazas á aportación de XOEL que nos prestou un, empregámolo para examinar unha gotiña de sangue.

Como queríamos ver algo máis, XOEL tróuxonos unha mostra de auga de charco que observamos que parecía limpa, pero que ó vela polo microscopio puidemos ver estaba sucia.


Ademais, nestes días tamén volvemos sobre o ELECTROCARDIOGRAMA de MARTÍN para falar do ritmo dos latexos do corazón. Recordamos como ían os nosos latexos en repouso e logo de correr. Despois observamos como se podían ver "escritos" os latexos rápidos, normais e lentos dun corazón para poder distinguilos.  Practicamos distintos ritmos con palmas e máis tarde tratamos de reproducir ritmos en papel. 



Voltamos sobre os electro cardiogramas examinando un que nos trouxo XOEL. Fixámonos nas pulsacións vendo os "picos" nas liñas".

Outra das actividades especiais que fixemos foi examinar unha maqueta dun corazón enorme que nos serviu para ver con claridade as súas partes: AURÍCULAS E VENTRÍCULOS. Fixámonos en que cada aurícula está comunicada cun ventrículo e que pasa a través dunha "porta", a válvula que deixa pasar a sangue cn cada latexo para logo seguir o seu camiño cara o resto do corpo. Puidemos toca e meter os dedos dunha "habitación" a outra vendo o camiño que segue a sangue.


Logo continuamos empregando unha das tablets do cole para una actividade interactiva sobre o interior do corpo, neste caso atendendo ó CORAZÓN e os seus movementos. A travñes desta activdade observamos os movementos do corazón ó ritmo de latexos e o camiño que segue a sangre ó seu paso por este músculo.


Por suposto seguimos repasando o xa visto e facémolo a través das vosas aportacións. Nesta ocasión XOEL foinos explicando o seu libro dos sistemas e ENZO co seu debuxo do esqueleto, no que foi nomeando os ósos segundo as cores que emregou. ó Ó mesmo tempo, o resto da clase foi facendo as súas aportacións dando máis detalles agora que xa sabemos moito máis que ó comezo!


Tamén aproveitamos a asemblea para debuxar todo o noso corpo, e non só non esquecemos nada, senón que poñen moitos detalles.


Moitas grazas a todos e todas por colaborar! A próxima semana seguiremos co seguinte sistema!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixanos aquí os teus comentarios!