venres, 24 de setembro de 2021

SOL: VACACIÓNS E ENERXÍA!!!

 


 Comezamos o curso co recendo das vacacións polo que SOL foi un tema que se repetiu bastante os primeiros días. Así fomos recordando as vacacións e falando dos días de SOL en familia, na praia, na aldea, na piscina, no parque...

Os primeiros días coñecemos os novos espazos e materiais da clase, xogamos, fixemos

memoria das cousiñas que aprendemos o pasado curso, coñecemos ó novo compi AARÓN e contamos contos. 


Un dos contos foi "YO SOY SOL" un libro cortiño que relacionamos coas vacacións e o comezo do curso, coas estacións, as plantas...

Así, unha das primeiras actividades foi cando fixemos soles preciosos coa plasti nova.

Fixemos tamén un SOL entre todos e todas para comezar a decorar a nosa clase. Pintamos un círculo de amarelo, logo pintaron as súas mans de dourado e plasmáronas en papel.

Montamos o sol e fixemos a cariña. Quedou chulísimo!


Como nos gusta moito cantar estamos aprendendo unha canción que moitos xa coñecían: "SOL SOLECITO".

Como o anos pasado, seguimos practicando IOGA e aproveitamos para aprender o SAÚDO Ó SOL! 

Fixémolo no patio de maiores dándolle a benvida   o noso cole e pedíndolle que nos visite sempre que queira! Aquí tedes imaxes de parte do saúdo ó sol.


Seguindo co SOL, repasamos as figuras xeométricas, xogamos con elas e rematamos construindo uns soles chulísimos!!!



Para informarnos un pouco máis, buscamos SOL en internet para ver e analizar imaxes. Para facelo cada grupo buscou nun POPIT  as letras que debíamos escribir no ordenador para atopar imaxes do SOL. Atopáronas moi rápido e atopamos unha chea de imaxes impresionantes que comentamos na clase fixándonos nos detalles.

Tamén buscamos vídeos para nenos e atopamos un que explicaba que o SOL é unha ESTRELA que está no espacio, que é moi GRANDE, que está moi QUENTE e está moi LONXE!

Como vimos nos vídeos, no conto e recordabamos do pasado curso, o SOL é moi importante para as plantas. Polo que nos informamos e decidimos facerlle un oco ás plantas na clase.
Comezamos investigando sobre que necesitan as plantas para vivir e como coidalas e logo recollémolo en papel como imos facendo co que estamos traballando cada semana. Así practicamos cos distintos materiais e repasamos lectoescritura, mates...

Pronto contarémosvos como seguen as nosas investigacións, xa que temos varias en marcha.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixanos aquí os teus comentarios!