xoves, 28 de xaneiro de 2021

Traballo para o xoves!

 Veña!!! Xa estamos un día máis e imos seguir con ganas!!

Hoxe toca,

como facemos no cole a diario, repasar coa ASEMBLEA do noso curso. 

Ademais tamén deixamos 2 fichas moi sinxelas. Podedes imprimilas ou, se non podedes ou o preferides, copiádea nun papel e listo!

Recordade que o martes tamén vos deixamos unha pila de ideas, recursos, xogos e actividades online!

Revisade. se non o fixestes xa, as recomendacións e  pautas. Se tedes preguntas ou calquera problema non dubidedes en poñervos en contacto por calquera das vías que tedes dispoñibles incluído este blogue!😉


Nesta ocasión as fichas son para que repasedes: o voso nome, o trazo das vogais, o do número 1, as forma cadrado e círculo, diferenciedes grande-pequeno e asociación cantidade grafía.






Para os alumnos/as de catro anos deixamos unha ficha do número 1e de trazo da vogal A .





Para os alumnos/as de cinco anos deixamos unha ficha de repasar o número sete e facer a serie de cores, a letra m e unhas sumas.






Seguro que o facedes fenomenal!




Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixanos aquí os teus comentarios!