martes, 26 de xaneiro de 2021

RECOMENDACIÓNS E RECURSOS

 EDUCACIÓN INFANTIL


Dende o equipo de infantil queremos facilitarvos
unhas recomendacións para que continuedes cos contidos traballados na casa. Trátase, sobre todo, de non perder o aprendido e dar unha continuidade educativa na medida do posible nesta situación excepcional.
RECOMENDAMOS:
ü Procurar manter uns horarios estruturados.
ü Darlles responsabilidades adecuadas á idade, igual que facemos no cole.
ü Darlles reforzo positivo.
ü Crear unhas rutinas. 


PROPOSTAS

Motricidade fina e grosa:

Moita atención á correcta prensión do lapis, pinturas e demais utensilios.
·        É fundamental desenvolver as súas habilidades coas mans, e para este fin recomendamos xogos con plastilina, construcións, abelorios, manexo das tesoiras, emprego de lapis, rotus, pinceis, etc. Hai un milleiro de manualidades xeniais para desenvolver as súas habilidades motrices: reproducir obras de arte co que teñamos pola casa,
·        Experimentamos con distintas texturas.
·        Actividades prácticas como que axuden a preparar receitas
·        Xogos de adiviñar qué é cos ollos pechados, etc.
·        Xogos con globos
·        Circuitos
·        Ioga
·        Bailamos!
·        Facemos equilibrios sobre unha cinta que recorra a casa.
·        Xogamos o baloncesto cunha cesta.
·        Facemos avións de papel e montamos unha competición.
·        Facemos un collage.

Lectoescritura:


Debe ter en conta o nivel madurativo individual, polo que non se debe esixir por riba das súas posibilidades. Cada neno/a madura o seu ritmo.
Algunhas propostas son:
·        Lectura de contos. Logo da lectura pódense realizar actividades para ver se comprenderon o conto: preguntas, debuxo que o ilustre, figuras das personaxes con plastilina, dramatización do conto, xogos de roles en base á historia, xogo con marionetas, etc.
·        Se coñecen xa as  letras poden xogar a atopalas no conto ou pola casa.
·        Se xa comezaron a ler, poden colaborar na lectura do conto.
·        Se xa comezaron a escribir poden practicar dentro das capacidades individuais: escribir o seu nome, o doutros, facer un conto, etc. Sempre cun carácter lúdico e buscando actividades prácticas como facer unha lista do que hai que mercar, unha lista de quen ceará hoxe na casa, de que tarefas faremos nese día, podemos facer un conto sinxelo para a biblio da casa, escribir unha carta para un amigo, etc.
·        Escribimos cartas ós amigos ou familiares.

Lóxico-matemática:

Como diciamos con anterioridade, as actividades deben ser adaptadas a cada nivel individual.
As actividades de lóxico matemática refírense á asociación cantidade grafía, sumas, restas, cálculo mental, formas xeométricas básicas, series de cores, serie numérica, seriación de tamaños, series de formas, etc.
Os xogos de mesa son unha gran ferramenta na lóxica matemática.




Xogo simbólico

·        Disfrazámonos
·        Teatro: marionetas, sombras, grabarnos dramatizando contos, xogamos con xestos.
·        Xogamos ós superheroes.
·        Facemos marionetas con calcetíns.
·        Facemos xogos de roles e os outros teñen que adiviñar a personaxe.
·        Facemos unha cabana improvisada ou un forte.

Expresión oral
·        Karaoke!
·        Xogamos ás adiviñas e trabalinguas.
·        Inventamos historias.

Autonomía persoal:
Resulta fundamental favorecer a súa autonomía a diario. No cole xa son moi autónomos e na casa deben continuar.
·        Practicamos a diario a vestirnos e espirnos, botóns, cremalleiras, etc.
·        Recollemos e colocamos ben todo o que empregamos : xoguetes, roupa, materiais de manualidades, o que empregamos á hora de comer...
·        Limpamos o que ensuciamos.
·        Limpámonos soíños. É fundamental ser autónomos e ter uns hábitos  hixiénicos adecuados. Queda claro que a eles lles leva máis tempo que se o facemos nós, pero canta máis práctica, máis rapidez e eficiencia!
·        Poden ser uns pinches de cociña estupendos!
SON CAPACES DE FACELO!

RECURSOS!
Facilitámosvos varios enlaces a aplicacións nas que se traballan algúns dos conceptos que se traballan nas aulas e que é recomendable que repasen. Moitos dos xogos xa os coñecen posto que os empregamos habitualmente nas aulas.
Recordade ter precaución e supervisar a súa interacción cos recursos TIC.


Varios xogos requiren permitir Flash.
Tamén se inclúen outras propostas e recursos.





IOGA-RELAXACIÓN:

MOTRICIDADE FINA:

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixanos aquí os teus comentarios!