martes, 26 de xaneiro de 2021

PAUTAS PARA O TRABALLO NA CASA!

 Este apartado do blogue xurde para axudar e facilitar as tarefas relacionadas coa aprendizaxe lectoescritura evitando contradicións entre a casa e a escola.

É importante que saibades que a aprendizaxe da lectoescritura non é obxectivo da etapa de infantil. Este feito débese a que non todos os nenos e nenas maduran ó mesmo tempo e pode que o voso fillo/a non esté preparado aínda. Por suposto, hai nenos/as que maduran antes e outros despois e na nosa etapa facemos unha aproximación á súa aprendizaxe. Por iso, no cole traballamos a habilidade motriz, prestamos unha atención individualizada e traballamos a lectoescritura sen presión para eles tentando darlles unha boa base para que cando estén listos arranquen ;) 
Nesta entrada amosámosvos como facemos os trazos, pero non significa que un neno ou nena de 4º de infantil teña que saber facer perfectamente todos os números ou letras nin que un de 6º teña que saber ler e escribir. 
Tede en conta que traballamos letras e números en 4º, 5º e 6º de infantil de forma gradual e tendo en conta o ritmo individual e, todo isto, retómase unha vez máis en 1º de primaria. 
 Un ritmo madurativo diferente é o natural, polo que estas pautas son só orientacións para remar na mesma dirección, non para que vos preocupedes na casa de ensinarlles todo de golpe, só son para que se están, por exemplo, facendo unha "o", saibades cómo a facemos no cole, non para que lle ensinedes a facer todas as letras.  Cada caso e diferente e non pasa nada! 


Moito ollo con regañar. Trátase de facer correccións positivas, reforzar moito o que fan ben e o esforzo. Que xurda un interese espontáneo pola lectoescritura é o que queremos! 
Resultado de imagen de niños pequeños escribiendo
1.Coller ben o lapis sempre.

É moi importante que agarren correctamente o lapis sempre, xa que se se acostuman a collelo de forma incorrecta é moi difícil que perdan esa costume. Importante se escriben, debuxan, pintan....

Resultado de imagen de COGER BIEN LAPIZ

2. Valorar o esforzo e o interese.
Non queremos que teman o trazo das letras, polo que debemos respectar o ritmo de aprendizaxe. Isto significa que as letras comezan sendo debuxos que pouco a pouco se aproximan a letras convencionais, polo que debemos valorar sempre o esforzo que fan.

As recomendacións que seguen con respecto ó trazo e demais, deben tomarse con tranquilidade, sen presionar e nin cohibir os cativos nos seus intentos. 


3. Ollo á dirección na que facemos as letras.
Resultado de imagen de niños agarrar lapiz


Se queren escribir o nome, copiar unha palabra, escribir letras sen máis ou outra cousa tede en conta a direccionalidade á hora de facer o trazo das letras, é moi importante! Nós na aula facémolas así:


Se escriben números pasa o mesmo.
Se tedes algunha cuestión non dubidedes en poñervos en contacto!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixanos aquí os teus comentarios!