Entramos no cole e temos unha chea de cousas novas que aprender e facémolo de moitas formas. Hoxe queremos mostrar algunhas.
E que outras cousas estamos practicando en 3 anos? Pois unha chea de cousas, e cada un o seu ritmo. Obviamente secuenciamos uns mínimos para cada trimestre nos que nos centramos máis para sentar unhas bases firmes, pero o certo e que acostuman a ir por diante ó traballar de forma globalizada e con rutinas estables que afianzan os contidos. No primeiro trimestre de 4º de infantil moito xira ó redor de acostumarse ó centro, rutimas, compis normas... todo novo! Tamén se traballan outros contidos, entre eles, estamos aprendendo a escribir o noso nome (maiúsculas), a facer os números, sobre todo o 0 e o 1, as formas xeométricas centrándonos agora mesmo no círculo, neste trimestre coñecemos as cores de outono... e litas cpusas máis!
E como? Unhas veces con plasti, vídeos, outras na pizarra, con xogos, fichas, cancións, na pizarra que se borra... a cousa é que practicamos un montón!
Aquí vos deixo imaxes dalgunhas rutinas que se fan nas aulas e nas que están practicando con números, formas, letras entre outras cousas. Estas rutinas son a maiores dos proxectiños sinxelos a redor de contos que estamos empregando de momento para comezar neste trimestre, e que nos darán pé ós futuros proxectos.(Ollo a que pese a que nas imaxes se vexan, por exemplo, os números ata o 9, non significa que estean facéndoos, se non que cada un vai ata onde está preparado!)
Tamén traballamos moito as emocións e a súa xestión, xa que nestas idades pode resultar complicado saber cómo nos sentimos e cómo solucionar determinadas situacións. Pronto vos amosaremos algunhas imaxes destas técnicas que practicamos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixanos aquí os teus comentarios!