martes, 3 de novembro de 2020

Semana do Samaín en 4º de infantil!!! (Actualizado)


Esta semana celebramos o Samaín ou Halloween no cole. Para celebralo, comezamos decorando as fiestras da clase con morcegos e cabazas e

quedaron terroríficos!!!


Falamos dos medos e de qué facer se nos asustamos  ou estamos inquedos. Fixemos botes da calma para os equipos que fixemos na clase coas cores que elixiron: vermello, azul e verde. Empregaron brillantina de distintas cores e formas: estrelas, corazóns, números... e quedaron moi chulas e moi brillantes! Encántanos mirar para elas😊

Coa profe Cova de inglés coñecemos algunhas palabras en inglés de HALLOWEEN. E unha canción moi especial! Prepararon ademais unha manualidade moi chula dunha pantasma👻



Tamén fomos a biblioteca coa profe Melani a ler un contiño de medo que non era o que parecía... Resultou ser moi divertido e non daba nada de medo!!!


Os nenos e nenas de 6º de primaria, tamén quixeron deixar a súa pegada nas aulas, e grabaron coa profe María Núñez un conto en vídeo para poder contalo nas clases de infantil!!! 

Na clase lemos tamén varios contos de Samaín que nos serviron unha vez máis para falar das cousas que nos daban medo e de qué podiamos facer para sentirnos mellor. Falamos das cousas que non son reais, como os monstruos, e de cousas que son reais pero que pensandoo ben non daban tanto medo!



Proxectamos na clase o conto "CORRE, CORRE, CABACIÑA!" que nos encantou, polo que o deixamos aquí no blogue para que o poidades desfrutar xuntos cando vos apeteza.


Deste conto tamén nos divertiu moito comezar a aprender a canción e bailala, que é moi divertida!!!

E por último preparamos unha manualidade dunha cabaciña para xogar e levar de recordo!


Quedaron xeniais!

Foi unha semana espectacular!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixanos aquí os teus comentarios!