Ola familias!
Nesta ocasión queremos deixarvos os horarios do alumnado de cada curso de infantil, algúns recordatorios e unha serie de preguntas frecuentes que xurdiron nestes primeiros días. Recordade
consultar a web do centro e blogue de infantil, xa que estas informacións están colgadas nestas canles. Se non tedes descargada a aplicación Abalar facédeo urxentemente xa que será a outra canle de comunicación preferente.Se tedes algunha dúbida tras ler esta entrada, pode que outros/as
tamén a teñan, así que podedes deixala en comentarios e tentaremos solucionala
o antes posible. Tamén podedes chamar ao centro ou enviar un correo ao noso
correo electrónico.
Mochilas.
Non traen mochilas. Só poden e deben traer todos os días os sobres transparentes que mercamos no cole e no que deben traer só a mascarilla de reposto nunha bolsiña de tea ou papel.
Mascarillas.
Recoméndamos o seu
uso para entradas e saídas.
De traela, deben
traer unha de reposto nunha bolsiña de tea ou papel dentro do sobre
transparente do cole.
Puntualidade.
Recordade ser
puntuais para evitar aglomeracións de persoas nas entradas e saídas.
Que
é un grupo burbulla?
Un grupo burbulla é
un grupo reducido de nenos/as co que se convive de forma habitual. No caso do
noso centro, que ten un número reducido de alumnos/as, temos como grupo
burbulla a todo infantil e primeiro de primaria. A súa vez, este grupo
subdividímolo en primeiro e 6º de infantil, que comparten patio, e 5º e 4º de
infantil que comparte outro espazo de patio. Ademais, dentro das aulas
ventílase e mantéñense grupos de máximo 4 alumnos/as.
É moi importante que
leades con atención as instrucións para as familias e que se publicou na web do
centro (premer aquí).
Merendas.
Non se trae merenda.
Na busca duns hábitos alimenticios saudables a escola ofrece froita fresca
diariamente antes dos recreos.
Augas.
Tráese unha botella nova co seu nome posto cada luns e os venres tiramos a vella no cole.
Como
podo consultar o menú de comedor?
Para consultar os menús debedes acceder a web do centro no apartado de “Comedor escolar” (premer aquí), onde se irán colgando os menús mensuais.
Cando podo recoller o meu neno/a?
Podedes recollelos ao remate das súas clases, ou logo de comer ou a saída dos buses.
Necesito
avisar de algo importante ó centro ou á titora do meu fillo/a. Como podo dar o
aviso?
Avisar a través do teléfono do cole:
982 87 02 62.
Necesito
avisar dun cambio na rutina de comedor ou recollida do meu fillo/a, como podo
avisar?
Ante un cambio na rutina de comedor ou saída é moi
importante avisar pola organización das saídas e aforo do comedor. Para facelo
debedes chamar coa suficiente antelación ó centro a través do número 982 87 02
62.
Como
recibirei información do centro e dos mestres/as do meu fillo/a?
Vivimos un ano un
pouco diferente que nos obriga a que nos comuniquemos de forma distinta. Temos
varias canles de comunicación ás que debedes estar atentos.
ü Aplicación
Abalar.
ü Web do centro: https://www.edu.xunta.gal/centros/cpivirxemontecospeito/
ü Blogue de infantil: http://amaxiadosaber.blogspot.com/
ü Teléfono: 982 87 02 62
ü Correo do centro: cpi.virxemonte.cospeito@edu.xunta.es
ç Correo de E. Infantil: infantilcospeito@gmail.com
O
meu fillo/a presenta algún síntoma de enfermidade, debo levalo/a ó centro?
Non. En caso de
sospeita de enfermidade é moi importante que vos poñades en mans de sanidade chamando á pediatra,
seguir as súas instrucións e avisar ó centro.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixanos aquí os teus comentarios!