Estimadas familias de 4º de infantil (3 anos),
Este ano os vosos fillos/as comezan a escola e, pese a se un curso atípico, coa colaboración de todos/as agardamos que sexa un bo comezo.
Dada a situación sanitaria actual, como sabedes, non é posible realizar a habitual reunión xeral e reunións individuais coas que vos damos a benvida, nas nos coñecemos máis de preto e vos explicamos o período de adaptación cos seus horarios, quendas e como transcorrerá o curso.
Por iso publicamos aquí uns documentos guía nos que explicamos os puntos clave, e que podedes descargar para telos a man.
(Para descargar premede no enlace, e picade no icono de descarga.)
Estade atentos ás canles de comunicación, xa que pode haber novidades importantes nestes días.
Neste documento atopamos:
- Formas de contacto e comunicacións para este curso.
- Informacións importantes xerais.
- Consellos e pautas xerais (saúde, roupa e calzado, rutinas e hábitos, entradas e saídas, etc.)
- Información xeral do período de adaptación.
- Consellos e aclaracións deste período.
- Organización de horarios de grupos, quendas do alumnado en período de adaptación. (Pode haber cambios)
Premer aquí para:Documento 2. Entrevista inicial. (Como falamos, procurade descargala cubrila para entregar o primeiro día. Nos caso dos que non lles era posible, facilitamos o documento cando traiades o voso fillo/a e debedes traelo o antes posible).
Premede no senguinte enlace de instruccións de volta ao cole
Moitas grazas a todos/as pola vosa colaboración!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixanos aquí os teus comentarios!