Recomendacións para o novo alumnado de 4º de EI para curso 2020/2021
CONSELLOS A SEGUIR POLAS FAMILIAS PARA
FAVORECER O PROCESO DE ADAPTACIÓN
- Falar da escola de maneira positiva (“vas ter moitos amigos, a mestra
conta contos, cantaredes cancións…”)
- Non facer comentarios negativos do colexio nin utilizalo como ameaza (“xa verás cando vaias ó cole…”)
- Favorecer a autonomía do neno/a traballando hábitos de hixiene (ir só ó baño, limparsesó), vestido (poñer e quitar a roupa) e a alimentación (comer só e de todo).
- Potenciar valores como o de compartir, explicándolles que a aula é un lugar onde todo é de todos/as.
- Acostumar ós
nenos/as a cumprir normas e a ter
límites na casa
para favorecer a relación cos outros.
- Preparar ós nenos/as para estar
sen a familia durante un tempo, deixando que queden con
outros familiares ou amigos.
SUXERENCIAS PARA OS PRIMEIROS DÍAS DE COLE.
- Sempre que sexa posible é importante que o pai/nai leven ó neno/a ó cole (non delegar noutras persoas).
- As despedidas deben ser curtas: un bico, unha aperta…
- Evitar as chantaxes afectivas (“non chores que vou estar triste”) e a mentira(“mamá ven agora”, “agardo aquí fóra”).
- Recoller ós nenos/as con puntualidade para evitar desgustos inútiles, tendo en conta que os primeiros días se lles fan moi longos.
- Valorar os traballos que poidan levar á casa, interesarse por todo o que aconteceu, facerlles preguntas …
- Vestir ós nenos/as con roupa cómoda (pantalóns con goma, zapatillas con velcro...
OUTROS ASPECTOS A TER EN CONTA...
- A fase de control de esfínteres debe estar acadada no mes de setembro.Non se mudan en caso de que teñan algún escape chamarase á casa para que os veñades cambiar.
- As merendas son de froita variada aportada polo comedor do centro debido a que pretendemos favorecer uns hábitos alimenticios saudables. Polo que non necesitarán mochila.
- Como a asistencia é obrigatoria unha vez matriculados, as faltas deberanse xustificar debidamente. As faltas reflectiranse na aplicación da Xunta XADE.
- As chaquetas, xerseis, gorras... deben ter posto o nome. As chaquetas teñen que ter unha cinta ou goma longa para colgalas facilmente no percheiro.
- Cada nivel de infantil ten asignada unha cor para o mandilón que mantén nos tres cursos de infantil. O mandilón deberá ser azul , de botóns e ter o nome posto .
- Empregamos unha carpeta pequena transparente para comunicarnos con vós (non comprar).
-A comezos de curso citarase a todas as familias dos nenos/as que entran en 4º de infantil para unha reunión xeral, nela coñeceredes o/a titor/a e explicaravos como será o período de adaptación.
- Poden facer uso do servizo de comedor dende o primeiro día aínda que non o recomendamos ata que estean ben adaptado
- Traballamos por proxectos, polo que precisamos da vosa colaboración. A titora acalaravos como podedes colaborar e en qué consistirán os proxectos para o próximo curso.
Una pregunta que dia empieza el colegio y si avisan antes para hablar con los padres bueno dice el comentario k si pero bueno soy nueva en esto y es la primera nena de las 3 que emoezara este año gracias
ResponderEliminarHola, en septiembre nos comunicaremos con todas las familias nuevas para informaros de como se inicia el curso. No te preocupes que en septiembre aclararemos todas tus dudas. Un saludo
ResponderEliminar