xoves, 20 de febreiro de 2020

CHEIRA A ENTROIDO!!

Xa esta cerca o entroido e para celebralo, o meco nos foi facendo mandadiños para cada día da semana:




















E chegou o día!!!



domingo, 19 de xaneiro de 2020

MESA DE LUZ Y ESCORNABOT

Os nenos/as de infantil estamos a realizar diferentes actividades sensoriales na mesa de luz.

Porqué os nenos deben usar a MESA DE LUZ:

É un importante estímulo sensorial , a través do sentido da vista poden ver mais alá, colores mais profundos, líneas mais marcadas.

Pola concentración xa que a mesa de luz ten un poder cautivador para os nenos/as calquera material sencillo convertese en algo especial na mesa de luz, onde poden pasar largos ratos experimentando.

Tamén pola relaxación xa que a mesa de luz usase nun ambiente de penumbra, tranquilo e relaxado.

Máxico, é un recurso máxico é especial no que ó aprendizaxe convertese nunha experiencia divertida é única.









ROBÓTICA:

Escornabot é un proxecto  que ten por obxectivo achegar a robótica e a programación aos nenos.

Escornabot básico pode programarse cos botóns para executar secuencias de movementos. A partir de aquí, a imaxinación é o único límite nas posibilidades.
Aquí os nenos/as de tres anos estan traballando co seu nome


TODOS SOMOS IGUAIS CON RAQUEL QUEIZÁS

Esta semana veu visitarnos RAQUEL QUEIZÁS narradora de contos:

Para as nenas e os nenos o conto é un miradoiro sobre o mundo, a ferramenta que lles permite converterse en observadores e asistir ao desenvolvemento dun conflito.
A través da palabra, o conto convértese nun diálogo no que o público comparte a experiencia das personaxes, creando un espazo idóneo para o traballo na educación en valores e na resolución de conflitos, mentres se goza dun momento de maxia e diversión.”
Raquel Queizás

ALGÚN DOS CONTOS QUE NOS NARRÓ:
Queliña quere  ser aviadora, gústalle vivir aventuras e contar historias. De pequena estaba farta de escoitar contos de PRINCESAS ROSAS e apoucadas e de PRÍNCIPES AZUIS e insensibles e un día dixo BASTA XA!!!
Puxo o gorro e os anteollos de pilota e foi buscar contos para demostrar que nenas e nenos SOMOS IGUAIS. Sí, igual de valentes e igual de sensibles.
Descubriremos  historias de nenas e nenos (ou animais) que rompen os estereotipos que abundan nos contos; nenas decididas, nenos sensibles. Identificaremos  situacións as que nos temos que enfrontar día a día, na escola, na casa, cos amigos, …onde a violencia ou a agresividade física e verbal pode ter solución grazas a palabra e gozaremos brincando coa imaxinación que nos une.
Dende a nenez pódese previr todo tipo de violencia mediante novos modelos de feminidade e masculinidade rachando así cos roles e estereotipos asignados. 
Desmontemos cos contos eses estereotipos que  dificultan a convivencia pacífica entre nenas  e nenos.

AS NENAS

As nenas necesitan outros modelos nos que reflexarse. Dende moi pequenas a sociedade, ensina as nenas que a súa valía  está determinada primordialmente pola súa beleza, o seu rol reproductivo, a súa delgadez, por ser sensibles, cariñosas e obedientes e non pola súa intelixencia , asertividade creatividade e capacidad crítica ou de liderazgo.

OS NENOS 

As emociones non son só
cousas de nenas… É moi importante que os nenos  aprendan a expresar tamén de forma axeitada as súas emocións, moitas vetadas como xénero,  que pode rematar sendo unha das sementes de maltrato no futuro. Teñen que sentirse libres para falar sobre iso, para evitar que esa frustración xenere agresividade e violencia : ” os nenos non choran”, ” iso é cousa de nenas”…

CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

“As sementes da violencia seméntanse  nos primeiros anos de vida, cultívanse  e desenrólanse  durante a nenez e comezan  a dar os seus froitos malignos na adolescencia”
Precisamos, a través dos contos, mostrar ás nenas e ós nenos outros modelos cos que identificarse, para que vexan que SOMOS IGUAIS; nenas fortes, nenos sensibles. 
Os contos fomentan a empatía. É dicir, a capacidade de poñerse no lugar doutro e identificar as emociones alleas. Os contos son unha gran ferramenta para a coeducación, pero antes de enseñar hábitos, debemos aprender a ser, como dicía  Aristóteles, a nosa mellor versión posible de nós mesmos. Esa é a felicidade. E para alcanzala temos que desaprender, criticarnos, ver e comprender, saber identificar un entorno ou situación violenta tanto no ámbito doméstico, no ámbito escolar como no ámbito persoal. Só así  poderemos cambiar o que non funciona.




O rematar fixemos un debuxo do que mais nos gustou:



luns, 20 de maio de 2019

PROTEXE AOS ANIMAIS



Como xa sabedes este ano estamos a facer un proxecto no que traballamos os animais, os seus coidados e a súa protección, dentro de este proxecto poidemos disfrutar da visita dun adestrador e o seu can onde nos contou cousas moi interesantes do adestramento de cans.
 Falounos da obediencia usando o adestramento positivo para conseguir facer unha serie de exercicios e habilidades co can.
Fíxonos unha demostración que nos gustou moito.




Para rematar a actividade recollimos as nosas mascotas do mural e fixemos un debuxo no sobre onde metemos o premio de Connor por traballar con él (Unha pegatina)

Outra das actividades que realizamos dentro do Plan Proxecta foi a visita de PELUDIÑOS












Unha actividade que nos gustou moito a todos os nen@os do colexio foi realizada por TATA, fixonos uns globos relacionados cos animais e o noso medio ambiente.


Tamén dentro deste Plan Proxecta ademais dos nen@s ter formación das distintas persoas que nos viñeron visitar os mestres deste cole tivemos unha formación en impresoras 3D, os nosos coñecementos foron cara este proxecto, en facer cousas relacionados cos animais, así as persoas que foron pasando polo cole agasallamolas cunha peza feita na impresora 3D e ademais todos os nen@s ao rematar levaron tamén un animaliño feito pola nosa nova impresora, esta última semana do curso os nen@s de primaria visitaron a impresora en contamoslles como funcionaba e alguna detalles curiosos da mesma como cas suas pezas estan feitas coa impresora, que a impresión 3D e a que se pode ver por todalas caras, que non contamina porque o filamento é feito con almidón de millo e algas e descomponse fácimente...


DÍA DAS LETRAS GALEGAS

ESTE ANO ADÍCASE A:
Antonio Fraguas Fraguas naceu no lugar de Insuela, na parroquia de Loureiro, concello de Cotobade, en Pontevedra, o 28 de decembro de 1905. Era fillo de Manuel Fraguas Rodríguez, un canteiro que emigrara a Brasil, que nese tempo traballaba na costrucción de vías férreas, e de Teresa Fraguas Vázquez. Cando Manuel volve da emigración Antonio, o seu fillo, ten xa oito anos. Os primeiros estudos vainos realizar na escola pública da parroquia, no lugar da Costa, e posteriormente nunha escola «de pago» no lugar de Famelga, tamén no concello de Cotobade. A idea dos pais era levar a Antonio a Brasil e que alí aprendese o oficio de maquinista de ferrocarril pero, grazas aos consellos do mestre, mándano a Pontevedra a estudar o bacharelato no Instituto Xeral e Técnico. Tiña só 13 anos de idade. Neste instituto entrará en contacto con algúns profesores que no futuro serán compañeiros seus no Seminario de Estudos Galegos.

O nen@s de infantil representaron nun mural  a súa infancia, cando viaxou a Brasil e tamén unha foto coa sua familia cando era neno, os mais pequenos representaron o mar, os de catro anos fixeron Brasil e Galiza e os maiores o retrato da súa familia e escribiron.


Para celebralo todo o colexio foi a casa da cultura onde Caxoto acercounos un pouquiño maís a vida de Antón Fraguas a suas historias, aos instrumentos de Galiza, o baile galego, ao entroido de Galiza...

DIA DA FAMILIA

O quince de maio celébrase o día da familia e os nosos nen@s fixeron varias actividades no colexio:

Na nova mesa de luz do colexio, construiron a súa familia e nos dimos conta que todas eran diferentes!!!



Tamén fixemos unhas tarxetiñas feitas polos nen@s cunhas flores e abellas feitas cunha impresora 3D



xoves, 11 de abril de 2019

ANIVERSARIOS DO SEGUNDO TRIMESTRE

Este XOVES celebramos os aniversarios dos nenos/as que cumpliron anos neste segundo trimestre, fixemos unha gran festa onde compartimos patacas, gusanitos, galletas... e un anaquiño de tarta dos cumpleañeros.