ESTE ANO ADÍCASE A:
Antonio Fraguas Fraguas naceu no lugar de Insuela, na parroquia de Loureiro, concello de Cotobade, en Pontevedra, o 28 de decembro de 1905.
Era fillo de Manuel Fraguas Rodríguez, un canteiro que emigrara a Brasil, que nese tempo traballaba na costrucción de vías férreas, e de Teresa Fraguas Vázquez. Cando Manuel volve da emigración
Antonio, o seu fillo, ten xa oito anos.
Os primeiros estudos vainos realizar na escola
pública da parroquia, no lugar da Costa, e posteriormente nunha escola «de pago» no lugar de
Famelga, tamén no concello de Cotobade.
A idea dos pais era levar a Antonio a Brasil e que
alí aprendese o oficio de maquinista de ferrocarril
pero, grazas aos consellos do mestre, mándano a
Pontevedra a estudar o bacharelato no Instituto
Xeral e Técnico. Tiña só 13 anos de idade.
Neste instituto entrará en contacto con algúns profesores que no futuro serán compañeiros seus no
Seminario de Estudos Galegos.
O nen@s de infantil representaron nun mural a súa infancia, cando viaxou a Brasil e tamén unha foto coa sua familia cando era neno, os mais pequenos representaron o mar, os de catro anos fixeron Brasil e Galiza e os maiores o retrato da súa familia e escribiron.
Para celebralo todo o colexio foi a casa da cultura onde Caxoto acercounos un pouquiño maís a vida de Antón Fraguas a suas historias, aos instrumentos de Galiza, o baile galego, ao entroido de Galiza...
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixanos aquí os teus comentarios!