A semana pasada houbo nenos que estiveron maliños e non viñeron ao cole, pero esta semana tamén levaron a súa artistada do proxecto das cores!
PARTES DOS CONTOS!
Esta semana descubrimos que o que escribe un libro chámase AUTOR ou AUTORA, dependendo se é chico ou chica. Tamén o que fai os libros é a editorial, que os imprime e quedan moi chulis todos.
Repasamos o concepto de grande a través de personaxes de contos. Hai un personaxe que gusta moito que é a toupiña.
CONTANDO CONTIÑOS (graciñas por participar familias, aos nenos encántalles contar os seus contiños e mostrarnos todo o que van traendo para o recanto do proxecto).
PABLO: contounos un conto de animais, ata contamos e buscamos animais nas imaxes que nos ia mostrando no libro. Que divertido!
Debuxiños do conto de Pablo, os nenos/as debuxaron os animais que máis lles gustaron da granxa do conto. Uns debuxos moi chulis!!
LUCA: trouxonos un conto sobre a historia dunha pinga de auga. Fíxoo moi ben, nótase que é un dos seus contos favoritos.
Debuxiños da pinga de auga!! Estupendas gotas!!!!
PATRICIA: trouxonos un conto dun canciño que perdera a súa pelota.
Debuxos do canciño e a pelota. Moi ben!!!!
VALENTINA: trouxonos un conto dos animais, gustounos moito porque descubrimos onde se escondián os animais que ian aparecendo. O último era un elefante e tiñamos certas dúbidas de como andaban e se a trompa tamén a empregaban para andar. Por iso collemos un elefante da clase para investigar máis en profundidade.
Debuxiños de conexiños, xa que a Valentina gústalle moito! Quedaron xenial.
ALMA: Non mentimos cando dixemos que Alma chegara ao cole a semana pasada cargadiña de cousas para encher o noso recuncho do proxecto. Mirade, mirade!!
Primeiro explicounos os xogos que trouxera e logo ensinounos como xogar. O crebacabezas costounos ao principio pero despois fixémolo sen problema. Que chachi!!
VISITAS ESPECIAIS
O mércores veu contar un contiño a mamá de Daniela, entre as dúas contáronos a historia do Osiño Tito que viaxaba ao espacio e todo o que alí observaba. Gústounos moito!!MOITAS GRAZAS.
ANA (mamá de Daniela)
Para conmemorar o 25 N fixemos unhas folliñas para unha árbore do respecto. Estade atentos a publicación respectiva, veredes como fixemos estas folliñas de outono tan chulas e tan significativas.
Pero si despedimos o venres con unha artistada das que nos gustan moito e expuxemos no noso mural das obras de arte!! Porque esto si é unha gran obra de arte!! Parabéns peques!!!
Decorando un marco para debuxarnos nós dentro!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixanos aquí os teus comentarios!