sábado, 20 de decembro de 2025

Felices festas!


O último día de cole foi moi divertido e emocionante costa todos.

xoves, 18 de decembro de 2025

FINAL DO PROXECTO DA MÚSICA: CATRO ANOS


 Chegamos ao final do trimestre e tamén ao remate do noso Proxecto da Música. Ao longo destas semanas aprendemos moitas cousas novas, descubrimos instrumentos, escoitamos diferentes estilos musicais e coñecemos como cambiou a maneira de escoitar música co paso do tempo.

Para pechar este proxecto con cariño, preparámos as nosas bolsas e tamén as portadas dos traballiños que fomos facendo. Cada neno e nena decorou a súa bolsa, poñendo cor e ilusión. 

As portadas quedaron fermosas.

Agora todo o noso traballo está gardado e preparado para levar á casa, para que as familias poidan ver e compartir un pouquiño do que fixemos na aula.

Foi un trimestre cheo de música, aprendizaxe e alegría.

mércores, 17 de decembro de 2025

Fin do noso 1º trimestre no cole

  Chegamos a fin do trimestre. Con toda a nosa ilusión preparamos os nosos traballiños para ensinalos na casa.

Últimas tarefas na clase de azul!

 Chegan os últimos días e tivemos moito traballo!

luns, 15 de decembro de 2025

venres, 12 de decembro de 2025

Artistadas de repaso das cores!

Á volta da ponte falamos do que fixeramos e comezamos a artistear coas cores, repasando nelas e empregando diferentes técnicas para a aprendizaxe.

O BOSQUE MÁXICO CON GLOBOS! + Xornada achegándonos ó APALPADOR

Comezamos dando as grazas a Carmen de @Imaxinatia, porque grazas a ela este proxecto puido facerse realidade. Persoas como ela, con ilusión e xenerosidade, demostran que cando unimos esforzos somos capaces de crear cousas verdadeiramente fermosas.

xoves, 11 de decembro de 2025

O cumple de decembro!

Na clase vermella en decembro toca felicitar a Dani. 

sábado, 6 de decembro de 2025

Contamos o conto entre todos co aprendido!

Esta semana andamos a rematar o trimestre e rematamos da mellor maneira o conto do lobo lobito: contándoo. 

MÚSICA REGGAE:CATRO ANOS


 A música reggae é como unha onda suave que vén do mar de Xamaica 🌊🎶. Ten un ritmo tranquilo.

venres, 5 de decembro de 2025

Música Reagge !

Nas últimas dúas semanas achegámonos ó Reagge, un estilo musical relaxado algo descoñecido na clase.