venres, 20 de setembro de 2024

Os primeiros días sendo os maiores de infantil!

Levamos dúas semanas de cole e xa estamos collendo ritmo...
Non ia ser doutro modo, comezamos ARGALLANDO polo cole:

 Xogando a plasti.


Visitando a biblio para contar un contiño moi especial.


Debuxando os nosos superpoderes, cal vai ser o noso super poder neste novo curso?

Xogando no patio.



Decorando os nosos percheiros.



Xogando na aula.



Traballando: nova actividade dos contiños. 
Este curso imos facer un libriño dos contiños. Comezamos polo conto de Oli e Natalia Colombo de Kalandraka que leva por título: RATOS DE VIAXE.
Contamos a primeira páxina do conto. Cada día da semana iremos descubrindo páxinas novas deste conto tan aventureiro. Na primeira parte da actividade, repasamos as letras.
Na segunda parte da actividade temos que decorar con acuarelas media carilla de folio:
Unha vez que está seca cun rotu negro debuxamos o que contamos. E mirade que artistas son estes peques! Debuxamos o ratiño, a maleta e o traxe.


Formando equipos de mesa.
Decorando os nosos equipos con flores, para que a nosa aula esteña colorida. Temos catro equipos de 6 nenos/as.
EQUIPO VERMELLO
EQUIPO AMARELO
EQUIPO VERDE (faltan Anxo e Abrahán).
EQUIPO AZUL

Xa están colgadas do teito para que nos poidemos identificar máis facilmente.


Menuda sorpresa tivemos o mércores 18, a Martina caeulle un dente. Xa o gardamos na bolsita para que o levara para a casiña e por se o rato Pérez non se dá conta de que debe ir por Goá, fixémoslle un certificado para que quede constanza da caída do dente. 

Shhhhhhh: Soupemos que trouxo moedas. Moi ben Ratiño Pérez.

Superados os primeiros días damos a benvida a este novo curso a Abrahán e Iria; agardamos que se sintan parte deste gran equipo moi prontiño para ser o super equipo da aula vermella. 


Ata luns peques!!!


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixanos aquí os teus comentarios!