sábado, 28 de setembro de 2024

Novo proxecto: COÑÉZOME!

 

Comezamos este curso partindo de nós mesmos, mirade que cadro máis fermoso fixemos cos debuxos da nosa cara. 

Os primeiros días lemos o conto de SUPERHÉROES NA ESCOLA. A partir del, debuxamos o noso super poder. Arrincamos proxecto coñecéndonos sobre nós mesmos, comezamos polas características físicas.

Diferenciamos os nenos das nenas.

Debuxámonos a nós mem@s.
Na asamblea este curso tamén contamos cantas nenas e nenos hai por separado, para despois sumar todos os que somos.
Pesámonos e 
medímonos.
Plasmamos os resultados e coloreamos a nosa cara, algunhas disque son caretas.
Debuxando e medindo pés!






A profe colleu a regla e mediumos os nosos pés para rexistrar os centímetros, despois decoramos os nosos pés.
O paso do tempo: primeiro fomos bebés, agora somos nen@s e como seremos nun futuro.



Que quero ser de maior? Lemos este conto moi divertido e despois cada un debuxouse sendo maior.

Nun futuro teremos: mamás, bailadoras, limpiadores de cunetas, futbolistas, motoristas, químicas, profesoras, conductor de coches de carreiras, super heroínas, coidadores de animais, cociñeiros, granxeiros, peluqueiros... Que cada un sexa o que queira ser e poidan cumplir todos os seus soños.


Libro dos contos: poema desta semana. Seguimos coñecendo a estes ratos, desta vez debuxamos a autocaravana cos ratos e a maleta. 

Se a semana pasada Martina caíalle un dente, desta vez foi Lucas. Tamén sabemos que o ratoncito Pérez lle deixou un agasallo. 

Na semana hai días para todos, ata para pasar momentos divertidos na relaxación.

Ata luns peques (recordade que temos a festa dos cumples de setembro)! Bo finde.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixanos aquí os teus comentarios!