mércores, 17 de abril de 2024

Os peixes coa profe Rosa!


Como sabedes, este curso no noso centro estamos a traballar ó redor de varios progamas relacionados coa alimentación saudable, o coidado da natureza e os animais.
Así, este mércores a profesora de bioloxía Rosa levou a cabo unha actividade na biblioteca do centro cos nenos e nenas de infantil. 
Comezamos cantando unha canción de Mama Cabra todos xuntos. 
Logo falounos de varios peixes que coñecemos, como a sardiña e a troita. Falounos de pesca e de alimentación e o alumnado participou activamante.
Para rematar falounos das partes do peixe e preparamos uns peixiños ben chulos para faces un mural!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixanos aquí os teus comentarios!