mércores, 21 de xuño de 2023

ACTIVIDADES ESPECIAIS DO PROXECTO DINOS E DE FIN DE CURSO!

 Rematando o curso e o noso proxecto de dinos leváronse a cabo varias actividades especiais para acabar por todo o alto!






Comezamos cunha sesión de cine vendo Ice Age 3, na que saen unha pila de dinos coñecidos!







Tivemps a visita da mestra de música e artista Susa Herrera coa que cantamos, bailamos e fixemos xogos rítmicos!




Seguimos cun obradoiro de cociña saudable. Coa axuda dos nenos e nenas de 5º, fixeron galletas de avena, plátano e cacao. Logo xogaron a facer dinos!






Tivemos sesión de contacontos e actividade lúdica con pomperos.












Por último tiveron un día lúdico no que luciron as camisetas que fixeron nas clases para recordar o proxecto! Desfrutaron das colchonetas, pintacaras, baile e parque!






Deixamos unhas imaxes nun vídeo miniresumo! (Recordade seleccionar a calidade na rodiña)

Felices vacacións de verán!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixanos aquí os teus comentarios!