venres, 13 de maio de 2022

Primavera e coñecemos a labor dos médicos.


Esta semana traballamos un pouco de todo, falamos de Florencio Delgado, o homenaxeado este ano das letras galegas, seguimos coa primavera e coñecemos unha médica e unha enfermeira que nos ensinaron a través dun vídeo un montón de cousas.

 Comezamos a semana completando un tulipán.

O martes, a profe Elena ensinounos un vídeo de súa nai que é médico e a súa compañeira a enfermeira. Despois traballamos sobre o papel do que vimos no vídeo.


LETRAS GALEGAS 2022
Pintando letras do autor para o mural do cole. 
Despois de recortar, compuxemos o seu nome e apelidos.
Coñecemos un pouco da súa vida e debuxámolo.
Coas profes de prácticas fixemos un pau de chuvia.

Esta semana estivemos elaborando o lienzo para colgar fotos para celebrar o día da familia o vindeiro domingo 15 de maio. O venres na biblioteca escoitamos o conto de "Mi familia es especial" e fixemos un debuxo do conto.
Desfrutade do día da familia e vémonos a volta da ponte!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixanos aquí os teus comentarios!