Estas dúas últimas semanas tocounos seguir con outras ideas da chuvia de ideas coa que comezamos e que se relacionan coa creatividade: a pintura e a creación de historias!
Así comezamos adicándonos a facer arte coas mans. Para isto falamos de Andy WARHOL, un artista que facía arte con cores divertidos. Primeiro buscamos información e cadros en internet.
Logo replicamos unha idea que atopamos na nosa búsqueda no ordenador.
Aquí podedes ver o resultado, son uns artistas!
Seguimos cunha actividade moi frecuente e da que nos acordamos na chuvia de ideas inicial: o xogo con plastilina que nos encanta! Aquí vos deixo algunhas das creacións desta semana.
Volvendo pensar no cadro de WARHOL que reproducimos e experimentamos libremente coas nosas mans e témperas dunha forma diferente á habitual.
Foron moi creativos e pasamos un moi bo rato!!!
Logo plasmámolo en papel.
Outra idea que saíu ó comezo foi a de que podemos empregar as mans para empregar marionetas. Así, estos días creamos unha historia breve entre todos. Cada grupo contribuíu cunha parte:
-Os VERDES decidiron as personaxes: 1 UNICORNIO e 1 PRINCESA.-Os AZUIS onde ocorrería a historia: o MONTE de COSPEITO.-Os VERMELLO o problema que terían: a PRINCESA quere COMER ó UNICORNIO.
Entre todos pulimos os detalles e decidiron que o UNICORNIO se salvara voando cunhas ás que lle saen ó final na historia.
Así, creamos a historia e decoramos unhas marionetas alusivas á historia, dramatizamos a historia e xogamos coas marionetas.
Aquí podedes ver algunha imaxes do proceso e das marionetas.Quedaron moi chulas!
Foron uns días estupendos e do máis creativos!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixanos aquí os teus comentarios!