A xunta comunicou como medida preventiva fronte ao avance do coronavirus que os centros educativos galegos permanecerán pechados, dende o luns 16 de marzo de forma oficial durante 14 días.
mañá día 13 de marzo a Conselleria recomenda a Non asistencia do alumnado aos centros, ainda que permanecerán abertos, só este día, por conciliación familiar.
Para EDUCACIÓN INFANTIL, dada a complexidade para o traballo telamático, suxerimos as seguintes recomendacións:
Falar moito con eles.
Manter a rutina diaria
Xogar con plastilina
Rasgar papel coas mans
Cortar con tesoiras
Practicar grafias de letras coñecidas
xogar a buscar palabras que empecen con...
Debuxar (cousas da natureza, do día a día, do proxecto que estavamos desenvolvendo nas aulas)
Xogar con pinzas da roupa (agrupar por cores, contar, facer seriacións, poñelas nun trapo...)
Con fabas o garbanzos xogar a contar, facer sumas sencillas.
Leer contos e facer preguntas comprensivas dos contos (que personaxes aparecen, que foi o que mais che gustou?...)
Axudar nas tarefas do fogar (poñer a mesa, meter a roupa na lavadora...)
Escoitar música e que debuxen o que lles transmite.
Compartir xogos en familia
E o MAIS importante e intentar mantener os hábitos e autonomía!!
Grazas pola vosa colaboración
Para estes días que todos debemos de quedarnos na casa, están aparecendo iniciativas como as deste colectivo de narración oral galega "Pandemia de contos"
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixanos aquí os teus comentarios!