mércores, 15 de maio de 2013

BENVIDOS AO NOSO RECANTO!!!

Benvidos ao blog de Educación Infantil do CPI Virxe do Monte, de Cospeito.
Este blog foi creado coa intención de que sexa unha ferramenta máis que nos axude a establecer ese vínculo entre familia e escola, que tan necesario é.
Por iso queremos que sexa unha maneira máis de facervos partícipes das actividades máis destacadas que o noso alumnado realiza tanto dentro como fóra da aula.
Na actualidade, as novas tecnoloxías forman parte xa das nosas vidas e, por conseguinte, tamén das nosas aulas. Por iso, xunto con outras ferramentas, A Maxia do Saber axúdanos a que familia e escola percorran da man un camiño tan difícil como extraordinario: a educación dos nenos e nenas de infantil, que viven unha etapa onde se asentan os cementos; non só do sistema educativo, senon da propia vida.
Darémonos por satisfeitas se este blog aporta un gran de area a ese cemento para que forme unha base firme e sólida.
Aquí comeza A MAXIA DO SABER. Aquí veredes momentos máxicos baixo a mirada atenta do cariño, a tenrura e a comprensión que a nosa profesión necesita e o voso papel de pais a reconforta.

María José, Pili, María e Rocío

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixanos aquí os teus comentarios!