venres, 6 de outubro de 2023

O PEIXE ARCO DA VELLA!


Este pasado martes tivemos unha sesión de contacontos na biblioteca do cole co libro de "El pez Arcoíris" de Marcus Pfister.
Con este conto
entretido coñecemos a aventura dun peixe arco da vella e os seus amigos. Todos xuntos cantamos, pasamos un tempo divertido e demos o primeiro paso para o noso proxecto trimestral!
Aquí unhas imaxes do contacontos, canción e baile!


Clase de AZUL

Fixemos un recordo ben chulo do peixiño do conto!


Quedoulles chulísimo!
 
Preparamos a carta para mandar ás casas!

Xa foron para casiña!


Clase de VERMELLO

Fixemos un recordo do peixe máis colorido que ata o de agora coñecemos:

Os peixiños nadando sen parar na aula vermella para chegar as todas as vosas casas.
Preparamos a carta para mandar as casas, empregamos os lapis de madeira, os rotus brilli brilli e moito brilli brilli:
Quedaron todas moi vistosas, co noso peixe arco da vella!

Clase de VERDE
Usando todas as cores do arco da vella
e nos quedaron uns peixes moi chulos
e preparamos as cartas as familias para que colaboredes con nós, estamos esperando as vosas cousiñas e a vosa visita.

BOA FIN DE SEMANA!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixanos aquí os teus comentarios!