venres, 28 de xaneiro de 2022

XANEIRO DE CUMPLES: PARABÉNS ANTÓN E THIAGO!!

 

Comezamos o ano celebrando os cumples de Thiago e Antón que dá a casualidade que os dous naceron o mesmo día: 13 de xaneiro.

MOMENTOS PREVIOS O DÍA DA CELEBRACIÓN 

1º Entre todos preguntámoslle a Antón e a Thiago cantos anos cumplía. 

2º Mediante unha super ficha de cumple,  intentamos colocar as velas na súa super tarta. A de Antón é de chocolate con nata e a Thiago de moitos sabores. A tarta tiña un pouco de trampa, porque faltaban velas. Entre todos tivemos que contar que so tivera 6 velas, sen despistarnos de non poñer ningunha máis. Cada neno decorou a tarta do cumple de Thiago e Antón.

3º Na ficha escribímoslle os seus nomes nas coroas e volvemos a escribir o número 6.


DECORACIÓN COROA

Cada neno/a ten a foto da súa cara, debe recortala, pegala nun folio de cor e facerlle o corpo, sen esquecernos de ningunha parte do noso corpo.

THIAGO



ANTÓN



Cos sellos de letras, os cumpleañeros puxeron o seu nome para personalizar a súa super coroa.


CELEBRACIÓN

Comezamos con unha canción para poñer moita festa a este día. Parabéns de Uxía a Lambona e a Banda Molona.

E A SOPLAR!!!!!!!!


Para que nos quede un recordo bonito deste día de cumpleaños fixemos unhas super fotos no photocall dos cumples. Verdade que saimos todos guapísimos e guapísimas?? 




Finalmente chegou a hora da festa e do baile.

Foi un día super especial!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixanos aquí os teus comentarios!