Dende a BIBLIOTECA nos propuxeron esta actividade "PONTE NOS MEUS ZAPATOS" onde os nen@s deben traer un zapato dunha mullar importante na sua vida cunha historia, a través da actividade procuraremos sensibilizar ao alumnado sobre a importancia das mulleres.
DIA INTERNACIONAL DA NON VIOLENCIA CONTRA A MULLER
O longo desta semana no noso colexio estivemos facendo diferentes actividades para manifestarnos contra a violencia de xénero con motivo do DIA INTERNACIONAL DA NO VIOLENCIA CONTRA A MULLER que se conmemora este domingo.
Dende a BIBLIOTECA nos propuxeron esta actividade "PONTE NOS MEUS ZAPATOS" onde os nen@s deben traer un zapato dunha muller importante na sua vida cunha historia, a través da actividade procuraremos sensibilizar ao alumnado sobre a importancia das mulleres.
"MOITAS GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN, ESTA SEMANA O NOSO CORREDOR ESTIVO CHEO DE GRANDES HISTORIAS DE MULLERES VALENTES, LOITADORAS, VIAXEIRAS, FORTES, INTELIXENTES QUE OS NOSOS RAPACES/AS LERON CON MOITA ATENCIÓN"
Tamén colaboramos con outros centros educativos de Galicia na elaboración conxunta dun vídeo, no que todos/as os alumnos/as de infantil e primaria puxeron as suas mans nun mural colectivo co nome de #EQUALITER
ESTE FOI O RESULTADO DE TODAS AS NOSAS MANS, PARA A SEMANA QUE VEN SUBIMOS O VÍDEO CO RESULTADO DA COLABORACIÓN DE TODOS OS COLEXIOS.
Os mais maiores colaboraron co concello na semana de "COSPEITO EN NEGRO" celebrada do 15-25 de novembro para concienciar aos veciños/as de Cospeito.
Hoxe día 23 celebrouse unha lectura dun manifiesto e a posterior andaina Contra a Violencia de Xénero.
OXALÁ QUE TODAS CHEGUEMOS !!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixanos aquí os teus comentarios!