martes, 19 de marzo de 2013

PARA SER MESTR@ HOXE...

Xurde unha nova escola a que é preciso adaptarse. Agora os discentes son os protagonistas da súa aprendizaxe, seguindo a premisa fundamental de "aprender a aprender", para lograr unha aprendizaxe significativa.





Existe un enfoque diferente de traballo co que desenvolveremos competencias, habilidades, destrezas, actitudes... e o ámbito no que se levan a cabo está cheo de novas tecnoloxías, polo tanto precisamos un cambio de metodoloxía para facer frente aos novos retos da educación aproveitando todas as ferramentas das que dispoñemos no noso entorno.
 
 
RECEITA MÁXICA DE MESTR@S




INGREDIENTES:

- UN VASO DE VOCACIÓN.
- UNHAS CULLERADAS DE CREATIVIDADE.
- UN PAR DE CUNCAS DE COMPRENSIÓN.
- TONELADAS DE PACIENCIA.
- UNHAS GOTIÑAS DE AMOR.
- UNHA PRESA DE ILUSIÓN.
- UNS PUÑADOS DE COMPROMISO.
- DINAMISMO (canto máis mellor).

PREPARACIÓN:

Para tentar chegar a ser un bo mestr@ debemos mesturar unhas culleradas de creatividade, un par de cuncas de comprensión , dinamismo ao seu gusto e toneladas de paciencia, todo moi lentamente e con moito interese.
Meterémolo ao forno cunhas gotiñas de amor e unha presa ben grande de ilusión, cunha temperatura alta de cercanía emocional.
Así que esteña cociñado, servirémolo acompañado duns puñados de optimismo, compromiso e un vaso colmado de vocación.
Para obter un mellor resultado desta receita debemos renovar e reforzar a miúdo os ingredientes que precisamos, engadindo todos aqueles que melloren o noso quefacer diario.
 
TEMPORIZACIÓN:

Por e para sempre.
 
DIFICULTADE:

Elevadísima (precisa de moita confianza, entusiasmo e xenerosidade).


FONTES UTILIZADAS









Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixanos aquí os teus comentarios!