Lembramos que todas as actividades, ou propostas publicadas neste blog son para realizar de xeito VOLUNTARIO, para reforzar, repasar e son recursos para que as familias teñades de exemplo para poder levar a cabo nesta cuarentena sempre adaptándoas cada un as súas circunstancias e materiais que teñades na casa.
Luns 11 de maio
Lembramos que todas as actividades, ou propostas publicadas neste blog son para realizar de xeito VOLUNTARIO, para reforzar, repasar e son recursos para que as familias teñades de exemplo para poder levar a cabo nesta cuarentena sempre adaptándoas cada un as súas circunstancias e materiais que teñades na casa.
Hoxe vamos traballar as figuras xeométricas, dunha forma divertida, primeiro as recordamos
Despois tedelas que buscar pola casa, e por ultimo marcar a silueta nun folio
deixámosvos algunha ficha:
3 anos:
5 anos
Dende o curruncho da orientadora do noso cole nos da unhas pautas para:
A RESOLUCIÓN DE CONFLICTOS NA EDUCACIÓN INFANTIL
"O ámbito familiar é un dos lugares onde as diferenzas de opinións e conflitos suceden cada día con máis envergadura. Debemos recordar que como pais/nais e familiares xogamos un papel moi importante á hora de ensinar aos noso fillos/as a resolver conflitos con nos e entre eles. Recordemos que os adultos nos convertemos en modelos de rol que os nenos/as observan, e a maneira en que manexamos as situacións difíciles son exemplos sobre como eles deberán facelo despois."
Premede no seguinte enlace para ter máis información:
https://ocurrunchodaorientadora.blogspot.com/search/label/educaci%C3%B3n%20infantil.%20o%20conto%20o%20cocrodilo
ESTIMULACIÓN DA LINGUAXE ORAL NA ETAPA DE EDUCACIÓN INFANTIL
Premede no seguinte enlace para ter máis información:
https://ocurrunchodaorientadora.blogspot.com/
Sábado 9 de maio
4º RETO DE MÚSICA
Ola nenas/os:
Dende a aula de música tamén imos a realizar actividades durante este tempo de confinamento que ogallá non dure demasiado.
A miña idea é a seguinte: Cada semana proporei un reto relacionado coa educación musical. Esta actividade vai dirixida tanto ao alumnado de Educación Infantil como ao de Educación Primaria. Este reto teredes para realizalo unha semana exacta.
CUARTO RETO (DO 08/05 AO 15/05 DO 2020): A MOVER O ESQUELETO!!!!:
O voso traballo neste reto será moi sinxelo. Para esta actividade vou a enviarvos un vídeo dunha canción de Uxía Lambona e a banda molona: O rock molón. En primeiro lugar visualizaredes o vídeo. Deseguido, teredes que gravarvos movendo o voso corpo ao son da música que escoitedes. O enlace da canción será o seguinte:
https://www.youtube.com/watch?v=bGgpK7G-ntA.
Unha vez que teñades feita a actividade enviádela a: musicacospeito@gmail.com No caso de que o vídeo exceda a capacidade do enderezo de correo ou non colla polo peso podedes empregar: WeTransfer.
Sen máis e esperando que todas/os esteñades ben agardo polas vosas creacións.
Un saúdo. Miguel Ogaza Rodríguez.
Venres 8 de maio
Hoxe deixámosvos o vídeo que recolle os debuxos da actividade proposta do día do libro dende a Biblioteca, grazas por colaborar.
Aviso do colexio
SOLICITUDES DE ADMISIÓN DO ALUMNADO
Restablecemento do procedemento de admisión de alumnado do 2º
ciclo de educación infantil, educación primaria, educación secundaria
obrigatoria en centros docentes sostidos
con fondos públicos para o curso académico 2020/21.
1.
Prazo de presentación de solicitudes de admisión.
ü Do 11 ao 18 de maio de 2020, en
horario de 10:00 h a 12:00 h.
ü Pode realizarse presencialmente no
centro ou ben de forma telemática en :
ü A solicitude pode descargarse no arquivo que
achegamos (debe ser
asinado por tódolos membros da unidade familiar)
2.
Documentación necesaria:
ü Fotocopia do DNI do pai e nai
do alumno/a.
ü Fotocopia do libro de
familia.
ü Fotocopia do certificado de
empadronamento.
PROCEDEMENTO A SEGUIR
PARA A SEGURIDADE DE TODOS E TODAS:
Entrar
de un en un no centro.
Antes
de entrar usar o hidroxel, situado nunha
mesa na entrada.
Utilizar
mascarilla.
Traer
as fotocopias necesarias para a admisión.
Traer
un bolígrafo.
Xoves 7 de maio
Lembramos que todas as actividades, ou propostas publicadas neste blog son para realizar de xeito VOLUNTARIO, para reforzar, repasar e son recursos para que as familias teñades de exemplo para poder levar a cabo nesta cuarentena sempre adaptándoas cada un as súas circunstancias e materiais que teñades na casa.
Hoxe toca facer algo de plástica
O longo do curso as mestras de tres anos cos seus alumnos/as fixeron a árbore de cada estación, así que propoñémosvos facer o da primavera:
Tamén podedes aproveitar e con eses mesmos puntiños facer flores así traballaredes ademais da motricidade a coordinación viso manual
Deixámosvos tamén unhas fichas para repasar trazos
3anos
4 anos
5anos
Mércores 6 de maio
Hoxe deixámosvos un experimento feito pola Mestra María!! a ver se vos sale!
Tamén vamos xogar coas letras, primeiro tedes que buscar revistas, folletos, xornais...e recortar letras, fixaros nas súas formas diferentes para a mesma letra, despois podedes crear os vosos nomes, un abecedario clasifincándolas...
Tamén vos deixamos algunha ficha para os máis maiores para traballar os sonidos das letras, una vez que recoñezan todos os sonidos das letras, comezarán a usalos na súa linguaxe e será uns dos pasos necesarios para a lectoescritura, é importante que coñezan as letras pero máis ainda como soan.
Xa sabedes que non é necesario imprimir as fichas que podedes facelo nunha libreta, folio...
4 anos
5anos
Martes 5 de maio
Lembramos que todas as actividades, ou propostas publicadas neste blog son para realizar de xeito VOLUNTARIO, para reforzar, repasar e son recursos para que as familias teñades de exemplo para poder levar a cabo nesta cuarentena sempre adaptándoas cada un as súas circunstancias e materiais que teñades na casa.
comida,
textil
...que teñen en común unha cousa, que sin ser nada poden ser todo, o único límite é a imaxinación de quen as usa.
Fagades mandalas con ese materiais.
Deixámosvos aquí un aviso da mestra de Inglés:
Estimadas familias:
En vista de que non todo o alumnado accedeu ao blogue e me enviou as actividades de inglés decidín enviarvos este correo para que todos teñades instrucións precisas sobre como facelo por se hai dúbidas ou dificultades de acceso.
Comezamos o terceiro trimestre nunhas circunstancias que ninguén de nós desexaría, pero temos que continuar, e segundo as pautas provisionais marcadas pola Consellería de Educación nesta avaliación realizaremos repaso e ampliación cando sexa posible de contidos xa traballados, tanto deste curso como de anteriores. Durante este tempo o traballo realizado avaliarase, pero en ningún caso vai servir para baixar cualificacións previas, senón ao contrario. Todo o realizado só contará para a nota en positivo, para sumar, nunca para restar.
Aínda así as actividades propostas son de obrigada realización, e eu preciso ter constancia de que se levan a cabo. Para esto creei un blogue (English Cospeito. Se o introducides así en Google é das primeiras entradas. A dirección completa é englishcospeito.blogspot.com) onde vou poñendo traballos, retos e actividades que me parecen interesantes. Ata agora non eran obrigatorias, pero como agora si o son creo necesario estructurar tempos e secuenciar por cursos ou, de ser o caso, por etapas. Así, cada dúas semanas irei poñendo actividades novas no blogue. Esta semana envioume Manny, o auxiliar de conversa, unha proposta da súa parte que será publicada hoxe (o resultado dos traballos enviádesmo coma sempre, ao meu correo ou teléfono, co que a semana seguinte retomaremos coas quincenais para non sobrecargar ao alumnado. Esto podedes facelo de dous xeitos:
1. Por correo electrónico: englishcospeito@outlook.es, tanto podedes enviar documentos en word, pdf ou similares como fotografías realizadas en papel. Lembrade poñer o nome do alumno ou alumna. Nalgunhas fichas interactivas (as que comezan con liveworksheets) tedes a opción de enviarme as respostas por email (Primeiro dádeslle a Terminar e despois de corrixir sae unha mensaxe “Email my answers to my teacher”). Podedes facelo identificándovos co nome e o curso a esta mesma dirección de correo (englishcospeito@outlook.es).
2. Por teléfono (Whatsapp) ao ---------- Enviades unha foto do traballo realizado e identificades ao alumno ou alumna que o fixo.
Algunhas actividades poderedes completalas on line e outras poderedes realizalas en papel, apuntando o voso nome e curso, nome da ficha e o número e os diferentes
apartados de cada actividade, enviando logo unha foto a través de calquera dos dous medios propostos.
Tamén me gustaría animarvos a poñervos en contacto comigo se algún dos rapaces e rapazas ten dúbidas. Podedes escribirme, tanto por correo electrónico como por whatsapp, ou chamarme ao número que especifiquei antes.
Outra cuestión que me parece importante salientar é que non todos somos iguais, e do mesmo xeito que intento na aula atender as necesidades particulares de cada un, farei o posible para que aquí pase o mesmo. Así, se algún de vós considera que pode ou quere recibir máis actividades non ten máis que dicilo. Gustaríame tamén que me comunicásedes dalgún xeito se o alumnado ten dificultades xa non só en canto a contidos, senón a cantidade de traballo. O que publico é o que considero adecuado para as actuais circunstancias, pero intento que cada neno e nena teña unha atención o máis personalizada posible e para acadalo agora sodes as familias os principais informadores.
Tamén continuarei propoñendo “challenges”, adecuando á temporización actual, cada dúas semanas. Estes continuarán sendo voluntarios e publicarei os resultados que me enviedes no blogue. Non hai data de entrega para ningún deles. A medida que os vaiades enviando, sexan cales sexan, irei engadíndoos aos que xa están publicados.
A continuación explícovos un pouco o funcionamento do blogue, xa que a vista que nos ofrece é diferente dende o ordenador e dende un teléfono móbil.
VERSIÓN TELÉFONO
As entradas máis recentes aparecen arriba, debaixo do encabezado.
Se baixades ata o final hai un rectángulo amarelo onde di “Página principal”. Á dereita dese hai outro máis pequeno, tamén amarelo, cunha frechiña para a dereita. Se premedes nel levaravos a publicacións anteriores.
Xusto debaixo destes rectángulos tedes a opción de velo en versión web, coma se fose na pantalla dun ordenador. Deste xeito será máis fácil atopar publicacións máis antigas ou ir directamente ao curso que vos interese.
VERSIÓN WEB (ORDENADOR)
Nesta versión a orde das publicacións é a mesma que na outra, se baixades ata o final tamén tedes opción de ver as entradas anteriores.
A vantaxe que ofrece esta versión é que podedes, na parte superior dereita, ver as etiquetas. Esta é unha ferramenta identificativa para atopar máis axiña os contidos. Se premedes, por exemplo, en 1º PRIMARIA, aparecerán tódalas publicacións relativas a ese curso. A primeira será a máis recente e as anteriores debaixo.
Tamén existe a posibilidade de que comentedes cada entrada. Se dispoñedes dunha conta de Google activa no dispositivo utilizado automaticamente sairá o nome do propietario da conta e se non a tedes apareceredes como “Anónimo”, o que requerirá que vos identifiquedes no propio comentario. Ningún destes comentarios aparecerá inmediatamente no blogue, senón que terei unha notificación para aprobalo antes, así asegúrome de que non se me pasa ningún por contestar.
A metodoloxía proposta foi consensuada e está en todo momento coordinada e supervisada polo resto do claustro e equipo directivo, seguindo as instrucións que aporta a Consellería de Educación eventualmente. Estas instrucións é posible que cambien nalgún aspecto ao longo do tempo. Se é así notificarásevos e faremos os cambios oportunos.
Para calquera dúbida ou aclaración podedes contactar comigo no mesmo email ou teléfono que vos ofrezo para enviar e recibir as actividades. Se deste xeito non acadamos unha comunicación fluída facédemo saber e intentaremos outras alternativas.
Un saúdo, moito ánimo e apertas e bicos virtuais enormes para cada un dos nenos e nenas. Estráñoos moitísimo, ogallá quede pouco para poder volver a vernos!
Cova
Domingo 1 de maio
Deixámosvos aquí uns libros de libre descarga para seguir desfrutando de todo o que a literatura pode ofrecernos, grazas CLUB PEQUE LECTORES
Sábado 2 de maio
3º RETO DE MÚSICA
Ola nenas/os:
Dende a aula de música tamén imos a realizar actividades durante este tempo de confinamento que ogallá non dure demasiado.
A miña idea é a seguinte: Cada semana proporei un reto relacionado coa educación musical. Esta actividade vai dirixida tanto ao alumnado de Educación Infantil como ao de Educación Primaria. Este reto teredes para realizalo unha semana exacta.
TERCEIRO RETO (DO 01/05 AO 08/05 DO 2020):
CANCIÓN: Esta actividade consistirá en escoller unha canción e adicarlla a unha persoa (pode ser un familiar, unha compañeira ou un compañeiro, un membro da Comunidade Educativa... en definitiva a quen queirades).
Para realizar este reto podedes envialo a través dun vídeo curtiño ou dunha foto cun cartel ou cartolina onde se vexa a dedicatoria. No caso de que non sexades capaces de enviarmo así poñédesvos en contacto conmigo a través do enderezo electrónico.
Unha vez que teñades feita a actividade enviádela a: musicacospeito@gmail.com
Sen máis e esperando que todas/os esteñades ben agardo polas vosas creacións.
Un saúdo. Miguel Ogaza Rodríguez.
Xoves 30 de abril
Crear novas tradicións en familia é unha forma divertida de estar xuntos, por eso a nosa proposta para estes días que teremos un finde largo é facer unha cápsula do tempo.
Para facer unha cápsula do tempo necesítase unha caixa para almacenar recordos, podes decorar a caixa con recortes de revista, debuxos...
Cando teñamos a caixa lista podemos poñer dentro as cousas:
Aquí vos deixamos unhas suxerencias:
1. Primeiro fai un debuxo de ti, a túa familia, a túa mascota...
2. Cubre todas as cousas sobre ti, o que pesas, o que mides, a túa cor favorito, a túa comida preferida
3.Como te sintes nestes momentos
4.Debuxa a túa casa, os teus veciños
8.Os papas escriban unha carta para ti
9. As cousas que se vos ocurran...
Cando teñas todo feito metelo dentro da caixa, non é aconsellable enterrala, senón poñela nun sitio onde a poidas abrir dentro duns anos.
Espero que vos guste a nosa proposta!!!
Mércores 29 de abril
Bingo!
A nosa proposta para hoxe e que xoguedes o bingo cos nomes dos vosos compañeiros, escribimos os nomes dos nenos/as da clase nun folio, despois recortamolos e despois os metemos nun bote, caixa...
Repartimos os cartóns de bingo que podedes copiar destas tarxetas.
Un de vós vai sacando os nomes e ímos tachando os que temos no nosos cartón.
Gañará o que antes complete o bingo.
Martes 28 de abril
Agora repasamos como se escriben os números:
Agora vos nun folio escribide ben os números, recordádevos de coller ben o lapis
Despois podedes practicar nas seguintes fichas:
Tamén podedes contar usando pinzas e tapóns:
A demais de realizar exercicios de conteo, tamén podedés traballar series cos tapóns de cores, clasificacións, deixámosvos unhas tarxetas de exemplo
Esperamos que vos guste!!!
Luns 27 de abril
Lembramos que todas as actividades, ou propostas publicadas neste blog son para realizar de xeito VOLUNTARIO, para reforzar, repasar e son recursos para que as familias teñades de exemplo para poder levar a cabo nesta cuarentena sempre adaptándoas cada un as súas circunstancias e materiais que teñades na casa.
Para comezar a semana, propoñémosvos unha experiencia sinxela, solo necesitades:
-Auga
-Rotuladores
-Papel de cociña
Agardo que vos guste e pasedes un ratiño entretidos!! Xa nos ensinaredes como vos quedou!
Domingo 26 de abril:
SEGUNDO RETO DE MÚSICA
Ola nenas/os:
Dende a aula de música tamén imos a realizar actividades durante este tempo de confinamento que ogallá non dure demasiado.
A miña idea é a seguinte: Cada semana proporei un reto relacionado coa educación musical. Esta actividade vai dirixida tanto ao alumnado de Educación Infantil como ao de Educación Primaria. Este reto teredes para realizalo unha semana exacta.
SEGUNDO RETO (DO 24/04 AO 01/05 DO 2020):
PERCUSIÓN: Esta actividade consistirá en realizar un vídeo que teña unha duración dun máximo dun minuto onde o alumnado faga ritmos diferentes. Para isto pode empregar o seguinte:
- O seu propio corpo
-Utensilios de cociña
-Cubos, caldeiros, botes de pintura,menaxe, tapas... e o que queirades engadir. Pensade e deixade voar a imaxinación, seguro que sairán cousas espectaculares e sorprendentes. Unha vez que teñades o vídeo feito debedes envialo ao seguinte enderezo de correo electrónico: musicacospeito@gmail.com
. Para rematar, déixovos uns enlaces orientativos que poden axudar á realización da actividade.
Sen máis e esperando que todas/os esteñades ben agardo polas vosas creacións.
Un saúdo. Miguel Ogaza Rodríguez.
Sábado 25 de abril:
A partir deste domingo os nenos/as poderán salir a dar paseos deixámosvos este conto para que lles contedes:
Venres 24 de abril
Lembramos que todas as actividades, ou propostas publicadas neste blog son para realizar de xeito VOLUNTARIO, para reforzar, repasar e son recursos para que as familias teñades de exemplo para poder levar a cabo nesta cuarentena sempre adaptándoas cada un as súas circunstancias e materiais que teñades na casa.
Para rematar a semana un conto!
Espero que vos guste!!
Propoñémosvos como actividade facer un boneco Sacapenas, teñen a súa orixe en Guatemala. Dende fai moitos anos, os nenos guatemaltecos fabrican estes bonecos con pauciños de madeira e restos de teas e fios. Pola noite a hora de se deitar, cóntanlle unha preocupación a cada un deles e póusanos debaixo da almofada. Deste xeito os nenos/as espertan a mañá seguinte sen preocupacións. Así animámosvos a facer o voso SACAPENAS cos materiais que teñades na casa.
A MODO DE EXEMPLO:
Támén deixámosvos unhas fichas, recordádelles que collan ben o lápis
TRES ANOS:
CATRO ANOS
CINCO ANOS
Traballamos a lectura ¿A CANTAR?
Xoves 23 de abril
Hoxe conmemórase o Día do Libro deixámosvos esta historia contada con contos:
Mércores 22 de abril
Hoxe Día da Terra 22 de abril, a festividade foi creada para lembranos a responsabilidade de coidar e protexer o planeta tras observarse os primeiros indicios alarmantes da degradación do planeta terra, a través da celebración preténdese aumentar a conciencia con relación os problemas ambientais.
Facendo click no enlace atoparedes seis retos que podedes facer, elexide o que queirades e subide as fotos o muro!
Martes 21 de abril
Plan para esta tarde:
Dende a biblioteca fixerónnos esta proposta:
Esta semana conmemoramos o 23 de abril o día do libro, lembrarvos que esta celebración é para fomentar a lectura e escolleuse este día porque coincide co aniversario de falecemento de Cervantes.
Propoñemósvos as seguintes actividades:
Luns 20 de abril
Hoxe propoñémosvos cociñar, deixámosvos un exemplo de ficha onde poder tomar nota dos ingredientes e como facer a receita para despois poñervos mans á cociña!!
Mirade moi atentos e tomade nota
Queremos ver as galletas no noso muro!
Venres 17 de abril
RECOMENDACIÓNS BÁSICAS ÁS FAMILIAS SOBRE AUDICIÓN E LINGUAXE.
- Orientación (pincha en Orientación)
LISTA DE DIRECCIÓNS DE CORREO para contactar cos profesores/as de Infantil e Primaria.
A nosa proposta de hoxe será a de RECORTAR para non perder a psicomotricidade fina e seguir afianzando os que todavía non a teñen, empregando folios o cartulinas que teñades pola casa, tedes que poñer camiños diferentes para practicar diferentes formas.
Prestade atención a que collan a tesoira coa man correcta e de boa forma.
Deixámosvos un exemplo de camiños:
5anos
4 anos
3 anos
Xoves 16 de abril
Dende Música:
Ola nenas/os:
Dende a aula de música tamén imos a realizar actividades durante este tempo
de confinamento que ogallá non dure demasiado.
A miña idea é a seguinte:
Cada semana proporei un reto relacionado coa
educación musical. Esta actividade vai dirixida tanto ao alumnado de Educación
Infantil como ao de Educación Primaria.
Este reto teredes para realizalo unha semana
exacta.
PRIMEIRO RETO (DO 17/04 AO 24/04 DO 2020):
-Elaboración dun INSTRUMENTO MUSICAL feito con
MATERIAL DE REFUGALLO ou con calquera tipo de material que teñades polas
casas. Pensade e deixade voar a imaxinación, seguro que sairán cousas espectaculares
e sorprendentes. Unha vez que teñades o instrumento feito debedes poñerlle un nome
que o identifique, pode ser real ou inventado.
Cando teñades isto, tedes que facerlle unha foto e coa axuda da familia mandala ao
seguinte
enderezo de correo electrónico: musicacospeito@gmail.com
.
Para rematar, deixovos uns enlaces orientativos que poden axudar á
realización da actividade:
https://es.slideshare.net/Carmen_Carvajal/taller-de-construccin-de-instrumentos-musicales-para-4-de-primaria
Sen máis e esperando que todas/os esteñades ben agardo polas vosas
creacións.
Un saúdo. Miguel Ogaza Rodríguez.
Dende o departamento de Orientación
Hoxe para animarvos propoñémovos xogar as adiviñas cos máis e non tan pequenos. É unha forma entretida de traballar a atención e concentración ao ter que adiviñar a resposta correcta.
Veña...A XOGAR!!!
Mércores 15 de abril
Hoxe vamos contar un conto, para algúns coñecido, espero que vos guste!
Como proposta de actividade gustarianos ver como vos sentides facendo o voso monstruo das emocións.
Deixámosvos algunhas fichas para estes días:
Os nenos/as de tres anos poden seguir traballando co seu nome:
Por exemplo:
Para catro anos os deixámosvos algunha letra e número para repasar e animámosvos para facer tamén as letras con pinzas e tapóns:
Por exemplo:
Para cinco anos os deixámosvos algunha letra e número para repasar e animámosvos para facer tamén con tapóns actividades de conteo de números:
Como por exemplo:
Martes 14 de abril
Para comenzar unha canción, cada día queda menos para vernos
AGORA A XOGAR!!
Luns 6 de abril
Os últimos días de colexio comezamos un animalario fantástico, esta experiencia consistía en a partir de fotografías impresas de animais os nenos/as decidian unha composición, o principio custoulles un pouco porque querian facer animais reais, pero despois cada un foi facendo a súa composición.
Unha vez que decidiron a súa composición pegamola, despois falamos un pouco de cada animal e poñeronlle nome
A seguinte fase do traballo consiste en debuxar os animais fantásticos con diferentes técnicas, realizando varios debuxos, fixandose no orixinal en todos os detalles, diferentes texturas do animal (pelo, escamas, plumas...)
Volveron e observaron ben os seus debuxos dos seus animais para seguir debuxando
Cos nenos/as de tres e catro anos primeiro xogamos a descubrir animais de exipto.
Despoís falamos deles e ensinásmoslles fotos reais deses animais para que se fixaran ben nas súas formas, características...e logo reproduciron eses animais.
Tamén con outras técnicas
Os nenos/as de tres tamén xogaron a inventar animais
A SEGUINTE FASE DO PROXECTO SERÍA FACER ANIMAIS CON VOLUMÉN E ESA E A NOSA PROPOSTA PARA ESTES DÍAS :
¡ANÍMATE A CREAR OS TEUS ANIMAÍS! PODEMOS RECICLAR COUSAS QUE TEÑADES NA CASA: BOTÓNS, CHAPAS,LA, PAPEIS DE CORES, MATERIAIS VEXETAIS..OS ANIMAIS CREADOS PODEDE SUBILOS AO MURAL INTERACTIVO, ÁNIMO E A CREAR!!!!
COMO MOTIVACIÓN DEIXAMOSVOS O CONTO "QUEN É ESE BECHO? CONTADO POR PACO NOGUEIRAS (PINCHADE NO ENLACE)
Venres 3 de abril
Hoxe fixemos unha nova entrada O NOSO MURO INTERACTIVO para que poidades compartir actividades, vídeos, fotos destes días que estades na casa e así podernos ver, pinchando no muro despois desde o voso móbil añadides as fotos, videos...estamos desexando ver o que estades facendo.
Xa se vos bota de menos...
A nosa proposta de hoxe ven da man da "Escola imaxinada" Educar a través da arte nos ofrecen facer un teatro de sombras portátil, aqui vos deixo o enlace.
Xoves 2 de abril de 2020
A nosa proposta para hoxe é que elabores a túa árbore xenealóxica, e se tes dudas chama aos teus avos e avoas, que seguro que lles fai moita ilusión e chea axudan a resolver as dudas.
Tamén dende biblioteca nos fan outra proposta:
Contamos coma sempre coa vosa colaboración! Queremos ver que leen eses nenos/as
Deixamosvos algunha ficha de repaso:
Luns 30 de marzo de 2020
O equipo de infantil deixámosvos a disposición das familias este correo eléctrónico:
infantilcospeito@gmail.com
Por se vos podemos axudar cos neno/as mentres dure a cuarentena, se nos queredes facer algunha pregunta, se nos queredes enviar cousas que estades facendo estes días na casa ou contarnos como estades levando a cuarentena, para calquera cousa escribídenos.
IMPORTANTE
Axudas de carácter directo ás familias do alumnado beneficiario de bolsas
de comedor escolar durante a situación de suspensión do servizo de comedor
como consecuencia do COVID-19.
ORDE do
27 de marzo de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas de
carácter directo ás familias do alumnado beneficiario de bolsas de comedor
escolar nos centros públicos non universitarios xestionados por esta
consellería durante a situación de suspensión do servizo de comedor como consecuencia
do COVID-19, co levantamento dos prazos de suspensión do procedemento (código
de procedemento ED601B).
Beneficiarios
A presente orde ten
por obxecto establecer as bases reguladoras dunha liña de axudas ás familias do
alumnado que posúe a condición de
gratuíto e do que por renda familiar resulta pagador dun euro nos centros educativos públicos non universitarios
xestionados pola Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional
que imparten os niveis de ensinanza básica obrigatoria no segundo ciclo de
educación infantil, en educación primaria e no ensino secundario obrigatorio.
Importe das axudas.
O prezo máximo para
satisfacer en concepto de compensación por materias primas é de dous euros e
cincuenta céntimos (2,50 €), nos
casos de gratuidade total, e dun
euro e cincuenta céntimos (1,50 €)
nos casos de gratuidade que teñen a
obriga de satisfacer un euro (1 €) pola prestación do servizo.
Que días compensará ?.
Respecto dos seus
efectos temporais, esta orde compensará os días lectivos correspondentes aos primeiros
14 días naturais de suspensión acordados polo Consello da Xunta de Galicia,
que para os efectos educativos comezaron o día 16 de marzo e que totalizan 9
días lectivos. Inclúe tamén os 15 días de prórroga autorizados polo
Congreso dos Deputados e que rematarían ás 00.00 do día 12 de abril e que se
corresponden con 2 días lectivos de marzo e 3 días lectivos do mes de abril ata
o comezo das vacacións de Semana Santa. Eventualmente, para o caso dunha
ulterior prórroga do estado de alarma, calcúlanse os 14 días lectivos ata o 1
de maio de 2020.
Solicitudes. Lugar e prazo de presentación.
As solicitudes
presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario
normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal
Para a presentación
das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e
sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o
sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
As familias que acrediten dificultades para formalizar a solicitude por
medios electrónicos poderán solicitar
que o equipo directivo do centro educativo en que se escolarizan as/os
súas/seus fillas/os colaboren na formalización da solicitude.
As solicitudes para
atender o pagamento das compensacións que comezará
o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia e rematará o
6 de abril, ambos os dous incluídos.
Os equipos directivos que deban axudar ás
familias nesta tramitación terán que solicitar -por vía telefónica e/ou
correo electrónico- os seguintes datos:
a)
DNI ou NIE da persoa representante legal do alumnado (titor/a)
b)
Condicións de beneficiarios de comedor nas bases de datos da Consellería
c)
Nome e apelidos do titor/a; nome, apelidos e curso dos fillos/fillas
d)
Número de conta bancaria no que se quere recibir o aboamento da axuda.
TELÉFONO DO
CENTRO : 982.870.262
CORREO
ELECTRÓNICO: cpi.virxemonte.cospeito@edu.xunta.es
Este fin de semana tivemos coñecemento dunha opción que levaba maís dun ano no buscador de google. Trátase dunha opción que permite ver animais en 3D e incluso poñelos nas nosas fotos o vídeos coa cámara do móbil. Para este tempo de cuarentena trátase dunha opción de entretenimiento e aprendizaje moi efectiva.
Algún dos animais que funcionan en 3D león,tigre, leopardo, serpe, oso, pingüino, lobo, pato, gato, can, polbo, quenlla...a ver se atopades máis.
Deixámosvos fichas novas para esta semana de repaso:
Venres 27 de marzo 2020
A nosa proposta para hoxe:
Decorar o conto "Elena en cuarentena"
e despois Ioga para niños, as principais vantaxes do Ioga para nenos/as:
-Favorece a concentración
-Estimula a fantasía
-Elimina o estrés
-Mellora as posturas corporais
Xoves 26 de marzo 2020
Esta aplicación de Santillana ten cousas interesantes
Deixámosvos algunha ficha máis se queredes descargalas:
E despois de traballar un conto!!!!
Mércores 25 de marzo 2020
O monstruo das cores axuda aos nenos/as a recoñecer as emocións ante o coronavirus
Deixámosvos tamén esta canción:
Proposta dende Educación Física:
¡¡¡¡¡HOLA PEQUES!!!!!
¡Estar en casa no significa dejar de hacer ejercicio, ni tampoco volver locos a mamá y papá! J. Tenemos que ser responsables, buscar maneras de divertirnos sin perjudicar a nadie, a veces todos juntos pero otras veces solitos y solitas (que los mayores también necesitan sus tiempos).
Es muy importante hacer ejercicio todos, todos los días, no sólo para mantenernos fuertes y sanos sino también para estar felices y tranquilos.
Los suertudos que tengáis un jardín ¿qué os voy a decir? ¡Con este tiempazo! ¡Disfrutadlo a tope!
Por último algo muy importante, extremad las precauciones para no haceros daño porque en este momento no queremos ir al médico por una herida o una pequeña lesión ¿verdad? MUCHO CUIDADO.
Os dejo algunas recomendaciones, aunque estoy seguro que con vuestra imaginación e ilusión ya estáis inventando muchos juegos divertidos, apuntadlos toditos y así luego me los enseñáis ¿vale? ¡¡Un abrazo… enormeee!!
EDUCACIÓN FÍSICA
RECOMENDACIONES PARA LOS DÍAS EN CUARENTENA
- Hacer ejercicio todos los días.*
- Torneos de juegos de mesa con todos los miembros de la familia: parchís, UNO, ajedrez, la oca, trivial y demás juegos de mesa…
- “LA HORA DE LA FAMILIA Y AMIGOS”: todos los días a la misma hora, videollamada a un familiar y/o amigo/-a. Preparar una pequeña actuación: baile, chiste, payasada…
- Salir a las ventanas a las 20h aplaudir al personal sanitario.
- Los miércoles ED. FÍSICA en Clan TV **
- Control de tiempo delante de pantallas. (¡Cuidado con los videojuegos!)
- COCINAR: ayudar e incluso elaboración propia de recetas fáciles. (Buscar en libros de recetas e INTERNET)
- Ayudar en las tareas domésticas e incluso responsabilizarnos de alguna de ellas. (Recoger nuestra habitación, hacer la cama, limpiar el polvo, aspiradora…)
- Extremar las precauciones para no hacernos daño.
** HORARIOS EMISIÓN EDUCACIÓN FÍSICA CLAN TV
6-8 años 9-10h
8-10 años 10-11h
10-12 años 11-12h
*EJEMPLOS DE EJERCICIOS PARA HACER EN CASA:
- Bailar, crear coreografías propias, imitar las de algunos videos de YOUTUBE, CANTAJUEGOS, …
Hay muchos canales en YouTube donde podéis ver, realizar y disfrutar sus coreografías. Os puedo recomendar una coreografía a modo de ejemplo; podría se esta:
https://www.youtube.com/watch?v=7TGbssGDvIA Dance Monkey-Tones And I.
También os voy a recomendar dos canales de YouTube en los cuales tenéis muchas coreografías para disfrutarlas. Son dos:
Estoy deseando ver vuestras coreografías y bailes cuando nos volvamos a encontrar en el cole.
- Jugar con globos.
- Encestar: ¡si tenemos una canasta, estupendo! Pero la podemos crear con un cesto, cubo… el caso es trabajar la puntería.
- Elaboración de material alternativo para jugar: os dejo alguna dirección de YouTube.
https://www.youtube.com/watch?v=G70niCI_dH0 (Yogur cesto de MANINM somilisllan)
https://www.youtube.com/watch?v=70KrtmsV8QQ (Juguetes de reciclado de Larytza Barraza)
Os dejo también otra web en la que podéis ver mucho material de juegos que podéis elaborar vosotros mismos:
- Juegos tradicionales: circuitos de chapas o tapones, mariolas, tabas, juegos populares de manos, tres en raya… preguntar y hablar del tema con los papis y abuelos.
- Circuito de ejercicios para hacer en casa con niños (en este momento en las redes sociales hay un montón, navega y escoge el que más te guste). Yo te dejo algunas propuestas a modo de ejemplo:
- Juego de búsqueda del tesoro: para este juego necesitas dibujar un plano de tu casa. ¡Pídele a mamá o a papá que esconda algunas pistas, un tesoro y a buscar!
- Masajes, también con música lenta o relajante.
- YOGA os dejo algún enlace de ejemplo que podéis practicar solos, con vuestros papis, hermanos…etc
- Estiramientos diarios, se pueden acompañar con música lenta o relajante. Mover articulaciones desde tobillos hasta cuello, mejor con música.
Deixámosvos estes contos contados por kalandraka:
Na galega, contos no camiño:
Martes 24-03-2020
Para os que estos días na casa poidan reforzar os trazos e repasar as vogais os deixámosvos estas fichas para cás podades imprimir.
PINCHA NESTE ENLACE :FICHAS DE VOGAIS
DESPOIS DE TRABALLAR, UN POUCO DE DIVERSIÓN:
CHEGA A PRIMAVERA!!!
Onte foi o día da auga
O longo do curso escolar as mestras de infantil estaban formándose para levar a cabo na nosa escola unha educación a traves da arte, no seu blog fan propostas para estes días:
PINCHA NO ENLACE:
Hoxe, día 21 de marzo celébrase o día internacional da poesía:
Os mellores caramelos
sempre son os vexetais
naranxa, limón e menta
son os que me gustan máis.
Poema extraido do libro "Verdedades" de Yolanda Castaño
A actividade proposta para casa podería ser facer un semilleiro de lentellas, fabas... e rexistrar o seu crecemento diario.
ou crear o voso propio espantallo:
Para desfrutar da cantiga do Espantallo divertido de Migallas
Recomendacións do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia para a comunidade educativa con motivo da emerxencia sanitaria do COVID19
Desde o Colexio Oficial de Psicoloxía transmitímosvos unha serie de recomendacións elaboradas pola Sección de Psicoloxía Educativa, que van dirixidas a toda a comunidade educativa.
PARA O ALUMNADO:
Sabemos que estrañas o teu grupo de compañeiros, compañeiras e amizades, as súas apertas e os seus bicos. Pensa que está situación é transitoria.
Son tempos de estar nas redes sociais para estar conectados pero lembra facer uso responsable. Coidado co que colgues nas redes.
Colabora nas tarefas do fogar segundo a túa idade.
O voso profesorado está tamén conectado, cumpre coa túa parte académica.
É a vosa hora, sacade a vosa creatividade e iniciativas.
PARA AS FAMILIAS:
Mantede a calma nas súas conversas e nos seus actos. A actitude da familia é a que van adoptar os vosos fillos e fillas.
Transmitídelle que a responsabilidade é de todos, empezando pola casa.
Xestiona o tempo da dedicación dos teus fillos ou fillas ás redes sociais.
Pensade en positivo, tedes que sacar dos vosos fillos e fillas as o mellor que teñen.
Axúdalles a falar e expresar as súas emocións, dúbidas, medos, inquedanzas.
Fóra os bulos. Informádevos nas fontes fiables, páxinas webs da Consellería de Sanidade, de Educación e dos correspondentes Ministerios.
DESDE O COLEXIO OFICIAL DE PSICOLOXÍA DE GALICIA DESEXÁMOSVOS A TODA A COMUNIDADE MOITA AFOUTEZA
Deixámosvos un conto para colorear estes días:
https://www.dalmaus.com/mision-quedarse-en-casa
Esta actividade para pasar a tarde:
Deixámosvos tamén este enlace de Manualidades para peques:
www.pequeocio.com/manualidades-infantiles/
Aulas galegas é un portal educativo realizado por un colectivo de profesores/as que ante a situación de illamento ofrece unha axuda educativa a sociedade.
Enlace:Aulas galegas
A situación de confinamento na casa durante varios días pode xerar malestar , para levalo o mellor posible, uns consellos:
Evita a sobreinformación
Afrontamento positivo
Manterse activo
Especialmente para os nenos/as é importante manter uns horarios e unhas rutinas, os nenos/as deben comprender que non podemos saír de casa, non por medo a contaxiarnos senón porque estamos protexendo a persoas con saúde fráxil, facerlles entender que estamos facendo un acto cheo de valor e reponsabilidade.
Dende o centro educativo poñemos a vosa disposición o correo do Departamento de Orientación.
A finalidade é que o alumnado ou familia que o necesite poida contactar para as seguintes cuestións: ansiedade, estrés, planificación do estudo, establecemento de rutinas, dinámicas interactivas, xogos, etc.
O importante é que neste momento nos axudemos uns a outros e que estes días pasen o máis rápido posible.
Mail: orientación.cpivirxedomonte@hotmail.com
DEIXÁMOSVOS O ENLACE DA BIBLIOTECA:
Para estes días que todos debemos de quedarnos na casa, están aparecendo iniciativas como as deste colectivo de narración oral galega "Pandemia de contos"
bibliocpivirxedomonte.blogspot.com
Pensando nos nenos/as mellor que teñan uns horarios orientativos para axudarlles a xestionar o tempo e fagan alguhna tarefa, vos deixamos un modelo.
Este días estamos a ver a esperanzadora iniciativa dos nenos/as de Italia que se está comenzando a facer en España, colgar nas ventanas letreiros coa frase "TODO IRÁ BIEN" mientras se atopan na casa a causa do coronavirus.
Vos deixamos o arco da vella para que coloreedes con vosos peques.