domingo, 19 de marzo de 2023

DINOS: Mary Anning!


Partindo do Día da Muller, no que colecimos a Mary Anning, continuamos investigando sobre a que é considerada a nai da paleontoloxía.
Investigamos un pouco en base a un conto que conta a súa historia.

Logo investigamos en internet. Soubemos que Mary creceu cos seus pais e súa nai en Lyme Regis, situado en Inglaterra, na coñecida hoxe como a costa xurásica pola gran cantidade de restos fósiles desta etapa.


Mary traballou na busca de fósiles coa súa familia dende pequena e conseguiu grandes logros que abriron o coñecemento sobre a era dos dinosaurios.

Adicábase a venda de fósiles, algo do que se aproveitaron moitos científicos da época que se otorgaban a si mesmos os logors desta traballadora.



Recollemos en papel esta primeira parte da investigación.


Descubrimos que unha das cousas que vendía eran fósiles de AMONITE, un animal que viviu no mar por todo o mundo e do que aínda hoxe atopmos restos de forma común. Por sorte puidemos observalos en clase.


Examinaron os restos.

Investigamos un pouco para saber máis deste ser...


Asombrounos que podían chegar a medir máis de 2 metros e puxémolo a proba para fecernos á idea.

Escribímolo e correximos na PDI...


Fixeron AMONITES de plasti.


Un dos maiores descubrimentos foi o fósil dun esqueleto completo dun ICTIOSAURIO, un dino acuático. Primeiro seu irmán Joseph atopou a cabeza dun animal raro, pero ela insistiu en buscar e atopou todo o que quedaba del e declarou que era un novo animal que non se coñecía.
Investigamos sobre este animal.


Fixémolo en plasti.


Fixémolo con DINOXEOMETRÍA.


Recrearon un fósil de ICTIOSAURIO con masa empregando as súas mans, rodillos, un molde...

Quedaron moi ben!



Seguimos investigando outros dinos como o  VELOCIRAPTOR do que xa temos investigado un montón.




Investigamos tamen o ESTEGOSAURIO. Obtivemos a información escoitando a lectura de XOEL nun dos libros que trouo e que fala precisamente deste dino e con algún vídeo.

Entre ouyras cousas soubemos que GODZILLA se instirou neste dino!



Plasmaron as ideas en papel.

Vírono en 3D fixándose nos detalles.

Fixérono con DINOXEOMETRÍA.

Seguiron chegando materiais que empregamos nas investigacións e para xogar no recanto do proxecto!

IVANA trouxo un esqueleto de T-REX. Recordounos algúns detalles deste dino moi ben explicados!




LUCÍA RÍO empregou unhas CARTAS de dinos para falarnos deles de dar detalles que temos aprendidos!



XOEL Trouxo un ovo de PARASAUROLOPHUS e recordounos unha chea de detalles deste dino!


ADAM mostrounos un catálogo dex oguetes no que atopou un montón de DINOSdos que nos falou!



ENZO compartiu con nós un debuxo moi chulo no que s epode ver un ICTIOSAURIO e uns AMONITES! Falou do que recordaba de cada un e xa decora o recanto de dinos!

Tamén aproveitamos para decorar un pouco máis a clase.













































Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixanos aquí os teus comentarios!