sábado, 17 de febreiro de 2024

DÍA DO AMOR E A AMIZADE


Esta semana tivemos unha sesión de contacontos moi especial con motivo do Día do Amor e a Amizade!
Acudimos a biblio do cole para escoitar a lectura do conto "Te como a besos".
Ademais, seguindo co lema da biblio para este curso de "Tecendo comunidades", preparamos un corazón moi especial tecendo con la vermella!
CLASE DE AZUL
En 3 anos pintamos libremente con acuarelas.
Logo cosemos con la vermella e quedou moi chuli!
Quedaron xenial!

CLASE DE VERMELLO
Recortando e decorando o noso corazón da amizade.
Picando polos puntiños para que poida pasar a agulla.
Cosendo, costou un pouquiño pero foi saíndo.
Feliz día peques!!



CLASE DE VERDE
Decoramos as letras do Día da amizade e o amor de moitas cores

Pintamos o borde de vermello, recortamos e picamos os puntiños para que nos foxe máis fácil pasar a agulla coa la.
e xa con todo listo pasamos a agulla dun lado para outro, as veces se nos escapaba pero o conseguimos!!
e xa están listos para levar para casa



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixanos aquí os teus comentarios!