Hoxe viñeron contar un conto dentro do proxecto: A auga que nos une; vinculada coa biblioteca os primos da nosa compi Lucía.
venres, 6 de novembro de 2026
Os primos de Lucía contan o conto do Pez Arcoiris! Moitas grazas Enzo e Ainhoa.
AS MEIGAS AULA VERDE
Comezamos a semana cun recuncho que segue medrando e enchéndose de pequenos tesouros! Continúan chegando das casas novos materiais, obxectos e curiosidades que nos axudan a descubrir e investigar máis sobre o noso proxecto.Ademais, decidimos quedar con algunhas das achegas que trouxestes para a exposición de Samaín: traballos, creacións e historias arredor das lendas que compartimos e que agora pasan a formar parte do noso recuncho.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)