O CORPO (6ºEI, CLASE VERMELLA)

 


VENRES 21 DE XANEIRO

 

 
QUE SABEMOS DESTE PROXECTO? Conclusións ás que chegamos entre todos sobre o tema.
E que QUEREMOS SABER? Aportacións dos nenos no pequeno debate que fixemos entre todos. Hai temas que suscitan moito interese. 
APORTACIÓNS QUE NOS VAN CHEGANDO DENDE AS CASAS. MOITAS GRAZAS FAMILIAS. 
É todo un luxo aprender entre todos e sobre todo cando os nenos son partícipes dos coñecementos que nos queren ensinar. Xa comezamos a montar o noso recanto do proxecto, nel seguiremos investigando datos curiosos sobre o corpo humano. 

ESQUELETO DE

COMO SON OS NOSOS PULMÓNS DE
ESQUELETO E CRÁNEO DE 

ESQUELETO E LIBRO DE 

CONTO DE 

LIBRO DO CORPO DE 
O CEREBRO, CORAZÓN E PULMÓNS DE 

LIBRO DO CORPO DE 
COMO RESPIRAMOS DE 
O xoves estivemos moi liados tomando moitos datos (saíron un montón de números), pesámonos, medímonos, comprobamos que número calzabamos de pé por parellas, observamos a cor dos nosos ollos e pelo. Unha vez recollidos todos os datos e anotados, entre todos fixemos comparacións cos datos recollidos. 



VENRES  28  DE XANEIRO 

Descubrimos as nosas diferencias con respecto os nosos corpos.

Comezamos con unha poesía para seguir aprendendo como é o noso corpo. Entre todos fomos lendo e facendo por partes o noso corpo. Cando nos concentramos saen cousiñas chulísimas. 


Esta semana seguen chegando moitas cousas dende a casa. De novo, moitas grazas familias pola vosa colaboración. Todos estes materiais son de moita axuda, xa que ao ir avanzando no proxecto botamos mans deles varias veces. 

FOTOS DE ANTES DE NACER (ecografías) de
ESQUELETO de

LIBRO de
Todos os libros e materiais que imos poñendo no noso recanto do corpo son de moita axuda. Ós nenos gústanlles moito explicarnos todos o que traen. 

Esta semana Lois trouxo fichas moi parecidas ó que traballamos (partes do noso corpo), por iso nalgún momento foi el o profe. 

FICHAS GRÁFICAS DAS PARTES DO CORPO de
Antes de comezar a ver as diferentes partes do noso corpo, xogamos a diferentes xogos.






Xogo manipulativo das partes do corpo

Despois traballamos sobre o papel, primeiro no libro e despois nas fichas do proxecto.


O mércores debuxámonos e ata fixemos uns marcos super chulos. Un super aplauso para estes super artistas de 5 anos!.
Estivemos vendo que aínda que todos somos nenos, somos diferentes xa que temos unhas características físicas distintas: dende os nosos ollos, a cor deles, a cor da nosa cara,  o pelo, a altura.... Por iso, aproveitamos unha actividade do libro onde nos describía unhas persoas para despois compararnos cun compañeiro ou coa profe. 




O xoves centrámonos na nosa cara e tamén falamos do cerebro. 
Imaxe dun libro que atopamos na nosa biblio da aula.

Un dos vídeos que vimos sobre o cerebro.

Parecémonos ou non? LEMBRADE que na nosa cara temos: ollos, cellas, pestañas, nariz, boca, orellas e pelo. 





VENRES  4 DE  FEBREIRO
Esta semana estivemos vendo as partes da nosa boca e tamén traballamos as nosas emocións a través do noso corpo e como as expresábamos mediante as expresións faciais.
Dentro da nosa boca temos DENTES. Cantos dentes temos cando somos pequenos? 
Temos 20 dentes de leite . 10 dentes no paladar superior e outros 10 no inferior. Cando caen os dentes de leite sáennos os dentes definitivos ou permanentes.
Lara contando os dentes na boca que fixemos o equipo de mestras de infantil. 


Traballando sobre o papel. Diferenciamos as partes da boca. 
 
Temos que coidar moi ben os nosos dentes para que non saian caries. LEMBRADE!! É moi importante lavar os dentes. Sobre todo antes de irnos á durmir para que non xoguen os xermes de noite mentras descansamos.

Como se chaman os nosos dentes?


Traballando sobre o papel


XOGAMOS
LAVADO DE DENTES

Lemos o conto do Ratonciño Pérez para saber que rato nos leva o dente.

As emocións. Lemos un conto: Las gafas de sentir.


Debuxámonos como nos sentíamos nese momento. Na ficha do proxecto intentamos facer simetrías. Quedaron super graciosas!!!!


Rematamos a semana vendo os cambios que experimenta o noso corpo ao longo da vida.


Seguen chegando cousas moi interesantes dende a casa para seguir enriquecendo o noso proxecto. De novo moitísimas grazas por tantos materiais que temos para consultar.

DEBUXO DO CORPO CON DIFERENTES ÓRGANOS de

e LIBRO
VENRES 11 FEBREIRO 2022

Esta semana investigamos sobre as capas do noso corpo e comezamos pola pel, entre outras actividades

Comezamos a semana moi musicais. Escoitamos a canción do proxecto e debuxamos as partes visibles do noso corpo.
A canción gustounos moito.



A canción remata con: " Y el motor del cuerpo es el corazón, con él podrás querer un montón (¡sí, sí!)".
Debuxamos o noso corazón. 


AS CAPAS DO NOSO CORPO: INVESTIGAMOS NO MATERIAL QUE TEMOS NO RECANTO DO PROXECTO.

Unha vez que buscamos nos libros que tíñamos, completamos a ficha do libro. Temos a pel, os músculos, os ósos e os órganos. 

A PEL

A pel temos que coidala xa que nos protexe de factores externos. Precisa dos nosos coidados.

Para a semana seguiremos profundizando máis sobre a pel.

Esta semana tamén XOGAMOS, repasamos os 5 sentidos e ....xogamos a ser pacientes e oculistas!!

ORDENAMOS PALABRAS
ADIVIÑAS DOS SENTIDOS
RULETA DOS SENTIDOS

VOLVEMOS A FALAR DOS DENTES PORQUE ...A ZOE CAEULLE UN DENTE na clase. Volvemos os libros, repasamos como son os nosos dentes.
Todos os nenos deben coidar moi ben os seus dentes. Para concienciarnos da importancia de lavar ben os dentes para que non saian caries,  fixemos un pequeno experimento. Empregamos 4 ovos. O ovo é como se fose o noso dente. Collemos 4 bebidas.  
Ao día seguinte, que pasa cando bebemos coca cola, kas de limón, zumo e auga nos nosos dentes?

O máis saudable é beber auga, xa que coas outras bebidas os nosos dentes sofren e se as consumimos a miúdo, poden sairnos caries. Por exemplo coa coca-cola, quedan "morenitos" (dixeron os nenos), co kas parece que pelan. 
Foi un experimento diver!!!!
Despois estivemos practicando como temos que lavar os dentes, sobre todo cando bebemos certas bebidas que non é a auga. Máis adiante tamén investigaremos cales son as comidas máis saudables para seguir coidando os nosos dentes.
 

Fusionamos O PROXECTO DO INVERNO co do CORPO.

CREAMOS UN BUZÓN nesta estación, durante toda á semana podemos meter cartas e os venres descubriremos a nosa correspondencia. Podemos facer debuxos de nós, dos compañeiros, de cousas que nos gustan, escribir palabras bonitas, etc.
Lemos un conto: se os animais tamén escriben ós seus amigos, nós tamén o podemos facer. 


Debuxos do conto:

O NOSO CORPO CANDO NOS ABRIGAMOS. No inverno empregamos gorros, bufandas, abrigos e botas. Nesta artistada os nenos colocaron lá a unha bufanda e decoraron o gorro como quixeron e colocáronlle algodón de pompón.

Despois debuxáronse:



Quedaron super chulis!!! Bravo equipo!!!



APORTACIÓNS FAMILIAS. Grazas por todo!!
Dous libros sobre o corpo de 
Con linterna...
Sofía aportounos un libro sobre a letra L, porque andamos a descubrir moitas cousiñas sobre o corpo e o inverno, pero tamén seguimos aprendendo letras en pequeno. Ademais tamén debemos recordar que os animais teñen corpo, coma nós. Esta semana estivemos practicando a letra b. 
UN LIBRO de 

Moitísimas grazas, é un pracer aprender entre todos!!

SABADO 19 FEBREIRO 2022

Esta semana rematamos de profundizar sobre a pel e comezamos a investigar como son os nosos músculos, entre outras actividades. Comezamos repasando o que vimos na semana anterior. A pel. Repasamos partes do noso corpo e picamos esta silueta para montar unha pequena actividade. 


Investigamos a seguinte capa do noso corpo: OS MÚSCULOS. Aproveitamos UN LIBRO que nos trouxo Lois para comezar a investigar sobre este tema. 

GRAZAS FAMILIAS, ENTRE TODOS ESTAMOS COÑECENDO MOITAS COUSAS!!!

Descubrimos que os músculos están e son...

Unha das actividades do libro permitiunos ver como eran. Estiramos plasti sobre o debuxo dos músculos do corpo humano. E unha vez que a tiñamos estirada, collemos o lápiz e raiámola. 
Na ficha diferenciamos a pel, dos músculos e dos ósos. A pel pintámola, os ósos puxémoslle palillos e ós músculos seguimos empregando plasti. 
Os músculos teñen uns nomes algo difíciles de recordar, pero estivemolos repasando tanto en letra pequena como en letra grande. Moi ben equipo!!!!


DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

Esta é Rosalía en branco e negro, e nós intentamos facer o mesmo coa nosa cara.
Foi unha actividade moi diver e quedamos todos guapísimas e guapísimos. 
O xoves xogando a plasti, Bea dixo que fixera a cara de Rosalía. 

Esta semana Thiago coa axuda da súa familia, trouxonos unha actividade relacionada co corpo para facer na clase. Tiñamos que ir facendo a nosa cara cos cores que nos decía. Unha vez que a tivemos rematada, Thiago quixo que fixeramos como na actividade do día do amor e da amizade. Metemos todas as fichas nunha bolsa e cada neno/a levou para á casa a cara do seu compañeiro/a. 


GRAZAS FAMILIAS!!! ESTAMOS MOI CONTENTOS CON TODO O QUE NOS ESTADES APORTANDO SEMANA Á SEMANA. 

SÁBADO 26 FEBREIRO DE 2022

Esta semana tan entroideira repasamos o sistema muscular e comezamos co sistema óseo. 
O luns e o martes repasamos os músculos, pintamos os músculos con témpera laranxa e recordamos o seu nome. Logo picamos un pouco ata o bíceps e colocamos unha goma, porque os músculos son moi elásticos.


Como falamos de que os MÚSCULOS son ELÁSTICOS e FLEXIBLES levamos a cabo unha experiencia fabricando SLIME.  Pasámolo xenial!!! 

Se o queredes facer na casa é moi sinxelo.
Necesitades:
  • 1 bote de COLA escolar branca ou de cor.
  • Unhas gotas COLORANTE alimenticio (opcional).
  • 1 cullerada de BICARBONATO.
  • 1 chorro de LÍQUIDO DE LENTES de contacto (ir removendo a poucos e engadindo ata que non quede pegañento).
  • ESCUMA DE AFEITAR (nós usamos unha taza aproximadamente, pero non tenque ser exacto)
Deixamos o vídeo por se o queredes facer. Empregamos a receita nº 4.



Proceso e resultado!!!!


Comezamos unha nova capa: a ÓSEA. No noso corpo temos moitos ósos. 
Aproveitamos o material que nos chegou da casa para introducirnos nesta nova capa e traballamos sobre o libro. Pola parte de atrás, debuxamos o noso esqueleto. Volvemos a ver os libros que temos no recanto do corpo para fixarnos ben nos ósos. 

Tamén visionamos algún vídeo:

Os ósos móvense grazas as articulacións. Estivemos xogando para descubrilas.
Traballamos no papel recoñecendo ósos e poñendo plasti nas articulacións.


Vídeo de datos curiosos sobre o esqueleto:

O corpo ten moitos ósos e podemolos ver mediante as radiografías

Seguimos coñecendo letras en pequeno. Esta semana traballamos coa "c" e estivemos lendo e debuxando partes do noso corpo. 

Toca descansar uns días, para seguir descubrindo máis curiosidades do ósos. 


 VENRES 11 DE MARZO 2022

Á volta das vacacións do entroido rematamos a manualidade do sistema óseo, para comezar co sistema nervioso.
Colocamos pasta nos diferentes ósos do noso corpo.

Picamos un brazo para facer as articulacións.

Para o cráneo fixemos PASTA de SAL, foi moi parecido a xogar coa plasti. Deixamos a receita por se queredes probar a facela na casa:
  • 2 porcións de FARIÑA de trigo.
  • 1 porción de SAL.
  • 1 de AUGA (ir engadindo ós poucos segundo notedes que vai precisando).
Hai que ir removendo e se queda moi pegañenta engadimos fariña pouco a pouco. É rapidísima de facer e seca ó aire en 24-48 horas segundo o gordiño que o fagamos, se está ó sol etc.
FOI MOI DIVER!!!

Resultado da manualidade ósea:

Tivemos unha sorpresa: coñecemos o noso amigo o ESQUELETO. Identificamos os ósos aprendidos no noso amigo.

Nesta semana, na pizarra estivemos vendo os diferentes órganos que temos, así como os diferentes sistemas, por exemplo; nervioso, circulatorio, dixestivo, ... (iremolos vendo máis en profundidade ao longo destas semanas).
Despois debuxámolos no libro:
Estos días andamos a traballar a letra c, e tivemos que ler esta palabra que se nos axeita moito co que estamos traballando. Algúns dos debuxos dos cerebros:


SISTEMA NERVIOSO
Fomos o recanto do corpo para ver que podemos averiguar sobre o sistema nervioso.

No traballo sobre o papel diferenciamos o cerebro, da médula e dos nervios. Empregamos gomaeva de brilli brilli para o cerebro, cartón ondulado para a médula e fíos que intentamos poñer por todo o corpo para facer os nervios.

O CEREBRO. QUE É E COMO FUNCIONA
Partes do cerebro. Destacamos o lóbulo frontal, xa que regula as nosas emocións.

MANUALIDADE DO SISTEMA NERVIOSO
Pintando o corpo
Escribimos as partes principais traballadas e despois colocamos un fío para comprobar como o cerebro envía ordes a todo o noso corpo.

EXPERIMENTO deste sistema.
O mércores tivemos moitas sorpresas. Viñeron os nosos compis de 4 anos para a nosa aula e fixemos XELATINA para comprobar como é a "textura" do noso cerebro. Empregamos as medidas que nos indicaba o paquete de xelatina de fresa. Unha vez feito, deixamolo arrefríar ata o día seguinte na nevera nos moldes con forma de cerebro.
Que guai facer actividades diver todos xuntos!!Grazas compis por vir a nosa aula a aprender todos xuntos.
O xoves empregamos o sentido do tacto para experimentar coas nosas mans a textura máis parecida o noso cerebro nos dous hemisferios; o dereito e o esquerdo.
Tamén a probamos. Na mistura do día anterior sobrounos unha cantidade que gardamos para podela saborear e así poñer a funcionar o sentido do gusto. Polas caras que vedes, para algún/algunha estaba riquísima e para outros/as...
E por último "pringámonos" un pouco e desfixemos os moldes dos cerebros.

XOGOS
Legos e moldeados en plasti.
A descansar equipo!! A vindeira semana seguiremos descubrindo moito máis!!
Bicos de sabores.

SÁBADO 26 MARZO 2022

 

A semana pasada comezamos  co sistema circulatorio.
Primeiro fomos o recanto do corpo para observar os libros que temos e buscar o relacionado co tema que imos a tratar.
Completamos as nosas investigacións con vídeos na pantalla.

Para comezar coa manualidade deste sistema. Localizamos o corazón, a sangue, as arterias (cor vermella)e as veas (cor azul).
Brilli brilli para os pulmóns para ver que están cargadiños de osíxeno.

Colocando abalorios para observar como o sangue circula.
Resultado final:
XENIAL EQUIPO!!!!
O corazón bombea sangue. Na pantalla, vimos como podemos ver os latidos do noso corazón e con témpera fixemos un electrograma.

Laberinto para que a sangue chega a todo o noso corpo.


Tocamos unha maqueta do corazón. Que diver poder ver o que vimos na pantalla, os ventrículos e aurículas.

Escoitamos os latidos do corazón, con un fonendo que nos deixou un compi de infantil.
Tamén poidemos ver algún dos nosos órganos con unha aplicación na tablet do cole e unha camiseta moi máxica, jajaja. Os nenos e nenas quedaron moi sorprendidos ao ver os órganos e sobre todo poder escoitar como latía o corazón de todos. 

Vídeo 

DEBUXO LIBRE DE Lois do SISTEMA CIRCULATORIO un día na clase e outro que nos trouxo da súa casa, para ensinarnos como circula a sangue.
Debuxo de Pablo da casa do corazón e dos pulmóns.
Debuxo de Carmela  da casa sobre o corazón, pulmóns, cerebro e costelas.

Debuxo de Zoe, da cara. Fixo todas as partes ata as cellas e as pestañas que moitas veces se nos esquecen. 
Moitas grazas por colaborar con nós.

Traballando sobre o papel: diferenciamos as plaquetas, os glóbulos vermellos, os glóbulos brancos e o plasma.
Un compi de infantil trouxo un microscopio. Examinamos unhas gotiñas de sangue, analizámolo como se estiveramos nun laboratorio.
Esto foi o que poidemos ver no microscopio
EXPERIMENTO: BOLSAS SENSORIAIS
Botamos unhas boliñas de xel dunha bolsa en auga. Que pasará?
Como medraron as boliñas.
Toca metelas na bolsa, equipo a contar. 10 brancas e amarelas e 15 vermellas.
Botamos unha pouca de auga e a xogar.
Como sobraron boliñas, fixemos unha bolsiña sensorial grande para o recanto do corpo.
Grazas a estas bolsiñas sensoriais os nenos poideron compreder todo o que estudamos estos días sobre a sangue: Glóbulos VERMELLOS (boliñas de xel vermellas), Glóbulos BRANCOS (pompóns), PLAQUETAS (boliñas de xel amarelas) e PLASMA (auga). Foi unha actividade moi diver e relaxante mentres tocabamos as bolsiñas.
Traballando sobre o libro: recordamos as principais partes do corpo humano. Destacando a importancia  de cada unha delas: a pel protéxenos dos factores externos, os músculos protexen os ósos e permítennos movernos, os ósos  sosteñennos e protexen os nosos órganos. 


Debuxos dos órganos máis importantes dentro do noso corpo.
HIXIENE
Que significa ter unha boa hixiene? A dúbida xorde se temos que lavarnos todos os días e se, non estamos sucios hai que lavarse. Foi divertido como todos aportaron as súas hipóteses, e sí, aínda que non nos manchemos hai que lavarse porque sudamos e os pés ás veces olen mal.
Fixemos a nosa bandeira particular decorada con elementos propios para a hixiene como son as esponxas, os cepillos de dentes coa pasta, o xabón, etc. Nela puxemos a seguinte mensaxe: É moi importante lavarse para coidar a nosa pel. 


EXERCICIO FÍSICO, para que o noso corpo esteña san, debemos facer exercicio, dende camiñar, correr, saltar, ou practicar algún deporte. Na ficha do libro vimos algúns destes deportes e falamos deles, contamos cantos nenos habían en cada imaxe e escribimos o que estaban facendo. Colocamos un gomet no deporte que máis nos gustaba. Por detrás, debuxámonos co noso deporte favorito.
DESCANSO
Cantas horas temos que durmir para poder ter moita enerxía? MÍNIMO 8 HORAS. No libro observamos se non durmimos as 8 horas despois estamos moi cansos ó día seguinte.

Levamos uns días que estamos todos na clase, por iso fixemos esta super foto. O equipo de 6º educación infantil .
Abrazos de corazón. Ata luns equipo!

VENRES 1 ABRIL 2022
Esta semana comezamos o sistema respiratorio.
Comezamos no rincón recollendo informacións previas.

ZOE foi o recanto para volver a ensinarnos como collemos o aire e chega os nosos pulmóns.

HUGO trouxonos á clase tamén outra forma de explicarnos como funcionan os nosos pulmóns
Moitas grazas familias por enchernos de tantas experiencias na aula.

Vídeo informativo:


Traballando sobre o papel, por onde chega o aire os nosos pulmóns.
No sistema respiratorio é moi importante controlar a respiración. Fixemos diferentes exercicios. 

Localizamos o diafragma e fixemos diferentes exercicios para controlar a nosa respiración  e tamén ioga.
Tocamos unha maqueta dun PULMÓN.
Para a manualidade deste sistema, fixemos uns pulmóns con uns globos. Mirade como se inchan os nosos pulmóns. Precisamos cargalos de osíxeno.


Empregamos unha especie de esponxa para simular a textura dos pulmóns que recortamos e pegamos na manualidade.
Resultado final da manualidade deste sistema.



Volvemos ver o pulmón e empregamos a camiseta máxica para ver como son os pulmóns e o cerca que está o corazón.
Esta semana no libro traballamos con un conto. Estos días na aula acompañounos Elena, un das profes de prácticas que temos en infantil.  Falamos do daltonismo, aquelas persoas que confunden as cores. Fixemos un crebacabezas.


Para rematar á semana debuxámonos e despois elaboramos un marco de formas!! Quedou super chuli artistas!! Quedaron grandes obras de arte.


VENRES 29 DE ABRIL 2022
Estos días estivemos traballando no sistema dixestivo
Pequeno debate: cales son os alimentos máis saudables para o noso corpo? 
Sobre o papel debuxamos tres alimentos que máis nos gustaban dos que había no plato e intentamos escribir o seu nome.

No libro, tachamos cales son os alimentos que non debemos tomar diariamente.

Por detrás, debuxamos o noso almorzo, pero saudable. Os donus, as medias lunas e as madalenas so de cando en vez, non as podemos comer todos os días e a coca cola chegamos a conclusión que só a bebemos nas festas. 
Investigamos o que é  o sistema dixestivo nos libros que temos no recanto.

Vídeo explicativo do sistema dixestivo:

Escribimos as partes principais do sistema dixestivo!! Moi ben equipo!!.

Pegamos plasti no estomágo. 
CAPA DIXESTIVA
Para facer a manualidade desta capa primeiro pintamos o boneco. Estivemos contando ata 30 para medir un trozo de lá e poñela no intestino delgado.

Arrugamos papel de seda marrón para pegar no intestino groso.
Na boca e na garganta puxemos plasti de diferente cor, para diferenciala. O esófago pegámoslle unha palliña que pegamos cun globo para facer o estomágo, Finalmente, colocamos o fígado que o recortamos de goma eva marrón. 

RESULTADO FINAL
O luns na hora da merenda comprobamos como funciona mellor o noso sistema dixestivo, jajaja. Por onde comemos, repasamos por onde vai baixando a froita que comemos, ese día, a mandarina.


Neste sistema o experimento ímolo a facer na clase de inglés para á semana, xa veredes como vai molar moito.

VENRES 6 MAIO 2022

Esta semana estivemos falando dos médicos. Na ficha do libro tivemos que atopar diferentes instrumentos que podemos atopar cando imos a unha consulta. Falamos como se chaman os médicos aos que debemos ir, dependendo do que nos doe.
O dentista gústanos e somos moi valentes cando acudimos a él. Non choramos. Debuxamos un dentista e repasamos como se escribe ese especialista. 
As vacinas. Por que son importantes?
A onde imos cando enfermamos?
Debuxamos un hospital e escribimos esa palabra en letra pequena, xa nos quedan pouquiñas por descubrir.
Rematamos o sistema dixestivo volvendo o rincón do proxecto e Alejandro falonounos dos intentinos.
EXPERIMENTO NA CLASE DE INGLÉS SOBRE O SISTEMA DIXESTIVO

Vídeo:

A profe Cova trouxonos mayonesa (mayonnaise), galletas (cookies), mandarinas (mandarin) , natillas (custard) e auga (water). Metémolo todo nunha bolsita.
Despois mesturamolo na nosa mesa, para ver o proceso de como se xuntan os alimentos no noso estómago.
E finalmente fixemos esta manualidade tan chuli que xa temos na nosa casa.
Grazas profe Cova. Pasámolo moi ben con este experimento.
BO FIN DE SEMANA ARTISTAS!!

VENRES 13 DE MAIO 2022
A profe de prácticas Elena trouxonos un vídeo de súa nai que é médica e coa súa compañeira a enfermeira ensinaronnos un montón de cousas. Traballando sobre o papel:

 VENRES 28 MAIO 2022
REPASAMOS!!!
Hugo trouxonos un conto que nos serviu para repasar todo o que levamos aprendido do proxecto do CORPO HUMANO.
MOITAS GRAZAS FAMILIAS POR TODA A VOSA COLABORACIÓN NESTES MESES. APRENDEMOS UN MONTÓN DE TODAS AS EXPERIENCIAS QUE NOS PRESENTASTES.

QUE APRENDEMOS? (Sobre o libro)
Portada das capas
Portada dos traballos que fixemos sobre o papel. Crebacabezas de todos nós.
Primeiro, recortamos.
Para despois montalo e decorar as letras:

VENRES 3 XUÑO 2022
Rematamos a semana converténdonos en doutores con maletín!! Un maletín cargadiño de moitas cousas que vimos ao longo do proxecto.
VENRES 17 DE XUÑO 2022
DECORANDO A BOLSA DE TODOS OS TRABALLIÑOS
Colando lá na nosa cara divertida.
Despois de colocar os ollos, as cellas e a nariz. Pegámolo na bolsa.
Debuxos de nós mesmos.
Pintando camisetas (debuxando a nosa cara).

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixanos aquí os teus comentarios!