xoves, 29 de febreiro de 2024

Batidos saudables!


Esta semana tivemos unha actividade especial encadrada dentro do Poxecto Nutriescolas no que participa o noso centro. Realizamos a atividade en dúas sesións: unha co alumnado de 4º e 6º de infantil, e outra co alumnado de 5º de infantil. 
Así, dende a cociña organizáronse as sesións de cociña e degustación!
Primeiro explicaron a actividade e preparámonos para partir plátanos para facer un batido delicioso!
Logo as cociñeiras xuntaron e bateron os ingredientes nunha cazola ben grande: plátanos, peras, iogur e zume de froitas. 

Ademais dende a cociña agasallaron a todo o alumnado cunhas galletas saudables e caseiras riquísimas!
Todo tiña unha pinta estupenda!
Os nenos e nenas de 5 anos na clase debuxaron a actividade dos super batidos que beberon.



Na segunda sesión puido participar o alunado de 5º de infantil!

O mércores fomos á cociña moi ilusionados porque xa lles oíramos aos nosos compis que beberan uns batidos moi ricos.
Atendemos moi ben as explicacións das cociñeiras.
Picaron os plátanos, para logo poder batilos cos iogures e o zume.
Quedamos impresionados coa batidora que hai na cociña, bate sola!!!!
Que boa pinta ten o noso batido!
A saborealo!!!
Agasalláronos con unhas galletas en forma de corazón, porque estas cociñeiras cociñan sempre con moito amor.
Moitas grazas Carmen, Mari, Marga e Ana. Gustounos moito esta actividade.
Na clase, escribimos e debuxamos os ingredientes que leva o noso super batido.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixanos aquí os teus comentarios!