etiquetas

luns, 20 de maio de 2019

PROTEXE AOS ANIMAIS



Como xa sabedes este ano estamos a facer un proxecto no que traballamos os animais, os seus coidados e a súa protección, dentro de este proxecto poidemos disfrutar da visita dun adestrador e o seu can onde nos contou cousas moi interesantes do adestramento de cans.
 Falounos da obediencia usando o adestramento positivo para conseguir facer unha serie de exercicios e habilidades co can.
Fíxonos unha demostración que nos gustou moito.




Para rematar a actividade recollimos as nosas mascotas do mural e fixemos un debuxo no sobre onde metemos o premio de Connor por traballar con él (Unha pegatina)

Outra das actividades que realizamos dentro do Plan Proxecta foi a visita de PELUDIÑOS












Unha actividade que nos gustou moito a todos os nen@os do colexio foi realizada por TATA, fixonos uns globos relacionados cos animais e o noso medio ambiente.


Tamén dentro deste Plan Proxecta ademais dos nen@s ter formación das distintas persoas que nos viñeron visitar os mestres deste cole tivemos unha formación en impresoras 3D, os nosos coñecementos foron cara este proxecto, en facer cousas relacionados cos animais, así as persoas que foron pasando polo cole agasallamolas cunha peza feita na impresora 3D e ademais todos os nen@s ao rematar levaron tamén un animaliño feito pola nosa nova impresora, esta última semana do curso os nen@s de primaria visitaron a impresora en contamoslles como funcionaba e alguna detalles curiosos da mesma como cas suas pezas estan feitas coa impresora, que a impresión 3D e a que se pode ver por todalas caras, que non contamina porque o filamento é feito con almidón de millo e algas e descomponse fácimente...


DÍA DAS LETRAS GALEGAS

ESTE ANO ADÍCASE A:
Antonio Fraguas Fraguas naceu no lugar de Insuela, na parroquia de Loureiro, concello de Cotobade, en Pontevedra, o 28 de decembro de 1905. Era fillo de Manuel Fraguas Rodríguez, un canteiro que emigrara a Brasil, que nese tempo traballaba na costrucción de vías férreas, e de Teresa Fraguas Vázquez. Cando Manuel volve da emigración Antonio, o seu fillo, ten xa oito anos. Os primeiros estudos vainos realizar na escola pública da parroquia, no lugar da Costa, e posteriormente nunha escola «de pago» no lugar de Famelga, tamén no concello de Cotobade. A idea dos pais era levar a Antonio a Brasil e que alí aprendese o oficio de maquinista de ferrocarril pero, grazas aos consellos do mestre, mándano a Pontevedra a estudar o bacharelato no Instituto Xeral e Técnico. Tiña só 13 anos de idade. Neste instituto entrará en contacto con algúns profesores que no futuro serán compañeiros seus no Seminario de Estudos Galegos.

O nen@s de infantil representaron nun mural  a súa infancia, cando viaxou a Brasil e tamén unha foto coa sua familia cando era neno, os mais pequenos representaron o mar, os de catro anos fixeron Brasil e Galiza e os maiores o retrato da súa familia e escribiron.


Para celebralo todo o colexio foi a casa da cultura onde Caxoto acercounos un pouquiño maís a vida de Antón Fraguas a suas historias, aos instrumentos de Galiza, o baile galego, ao entroido de Galiza...

DIA DA FAMILIA

O quince de maio celébrase o día da familia e os nosos nen@s fixeron varias actividades no colexio:

Na nova mesa de luz do colexio, construiron a súa familia e nos dimos conta que todas eran diferentes!!!



Tamén fixemos unhas tarxetiñas feitas polos nen@s cunhas flores e abellas feitas cunha impresora 3D



xoves, 11 de abril de 2019

ANIVERSARIOS DO SEGUNDO TRIMESTRE

Este XOVES celebramos os aniversarios dos nenos/as que cumpliron anos neste segundo trimestre, fixemos unha gran festa onde compartimos patacas, gusanitos, galletas... e un anaquiño de tarta dos cumpleañeros.



sábado, 2 de febreiro de 2019

LIBROS EN FAMILIA

 Ó longo do curso van chegando as casas diferentes libros que coa vosa axuda imos completando e que despois forman parte das nosas bibliotecas da aula, ademais dos nen@s e familia disfrutar dun tempo educativo con eles, despois chegan o cole ilusinados para contarnos o que fixeron cas suas familias e rematados son os libros preferidos para ver da biblioteca, algúns deles son

O libro dos circulos:






O libro do proxecto das bruxas:


O libro dos cadrados que está empezando a chegar:


O libro para que xoguen cos seus nomes 


O libro do noso proxecto da agua


mércores, 30 de xaneiro de 2019

DIA DA PAZ

Hoxe día no que se conmemora o DIA DA PAZ, e unha data adecuada para traballar cos alumnos sobre a importancia do dereito á paz, entendendo como a educación favorece este dereito, faise necesario promover un comportamiento a favor da paz en favor da resolución pacífica de conflictos.

Os nosos nen@s de infantil para conmemorar o día de hoxe fixeron unha pomba simbolo da paz, e xunto con todo o centro como actividade conxunta diseñada dende a Biblioteca un mural onde as nosas mans son simbolos de PAZ.














venres, 25 de xaneiro de 2019

SAIDA O TEATRO "BURBULLAS DE PAPEL"


Un espectáculo sen palabras que combina a danza, a música e as luces e as sombras, creando unha proposta visual e plástica que xoga dende a imaxinación dos nen@s para ir a un mundo fantástico, onde Roger un trompetista namorado das burbullas, coñece a unha fada que lle axudará a conseguir o seu obxetivo, devolverlle as ganas de xogar, reir, imaxinar e bailar a todo o mundo.

Con moitas ganas de que comezase!!!




Preciosas os contrastes de luces e sombras



Xogando coas burbullas...





mércores, 16 de xaneiro de 2019

O INVERNO

Xa de volta das vacacións chegouo o inverno, e parece ca neve anda cerca: