O OUTONO (6º EI, CLASE VERMELLA)



OUTONO

Cando comezou o outono, entre todos debatimos como nos ia cambiar o tempo. Un dos elementos que máis nos chamou a atención foi a cor das follas, por iso elaboramos a partir das nosas mans, estas follas de outono.

Na última semana de setembro demos un paseo polo cole, observando as árbores, as follas, buscando algún froito... 


Atopamos ourizos, castañas, landras, follas, e decidimos facer unha "artistada" das nosas, na que estivemos enredados uns días. 

Primeiro, pintamos o tronco das árbores con pinceis e témpera.

Unha vez que secou,  volvemos coller témpera (coas cores do outono ) e desta vez collemos uns bastoncillos para pintar as follas.


Terceiro, decidimos empregar as acuarelas para facer o campo.



Por último, debuxámonos coas ceras de madeira na nosa paisaxe de outono.


Quedaron uns cadros moi fermosos.

PLANTAMOS UNHA CASTAÑA: 
Primeiro deixámola en auga durante dous días e despois plantámola e tapámola con unha servilleta que humedecemos todos os días, ata que xermine . Porque é moi importante que esteña húmida.


Plantamos 3 castañas o día 4 de outubro. Despois  fixemos o noso recuncho do outono. Ata nos convertemos en follas !!!!





Á volta da ponte....


Seguimos investigando cantos días precisa a castaña para que xermine.


No outono o que máis vemos son as follas. Están nas árbores, no chan e ata entran no cole para facernos compañía. Temos un segredo que contarvos; as follas bailan e voan. Ssshhhh!!!!



Temos o noso mural  da arte cheíño de grandes obras plásticas e poéticas. Esta é a poesía coa que estivemos traballando. 


Na semana de SAMAÍN aproveitamos a nosa imaxinación para crear unha cabaza monstruosa. A cabaza é un dos froitos máis característicos do outono.


Lemos un conto super divertido. CARABUÑAS, e decidimos decorar a nosa cabaza deste personaxe tan particular.


Puxémolo xunto o noso rincón do outono. 

Aí temos as nosas castañas que plantamos, pero a pesar de velas todos os días e regalas aínda non xerminaron. Seguimos esperando....


Nesta semana xogamos o xogo dos fantasmas. Mediante as súas caras identificamos cores e números e tamén nos metemos pequenos sustiños...BUUUU!!!!


ARCIMBOLDO NOS CADROS DO OUTONO

El otoño (1573). Giuseppe Arcimboldo.   Desta vez, quixemos adaptar a fermosa obra do outono deste autor pero coas caras do equipo de 5 anos. No outono descubrimos os diferentes froitos e froitas propias da época. 











Aproveitando o magosto, volvemos plantar castañas. Desta vez, envolvemos 3 castañas en papel de xornal. 
Xa pasaron moitos días e non vemos que nos xermine a outra. Por iso, decidimos probar de diferente maneira. A ver si desta sae e a podemos ver.




Rematamos o proxecto do  OUTONO e para iso elaboramos unha portada ben bonita. Fixemos un caracol. A cuncha fixémola con papel de xornal. Pintámolo con acuarelas e despois adornámolo con "brilli brilli". Ao final do trimestre veredes todo o que traballamos neste proxecto de temporada.



Antes de coller as vacacións do nadal, 
Xa xerminou unha das castañas que puxeramos no mes de outubro. Que alegría!!  

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixanos aquí os teus comentarios!