etiquetas

venres, 26 de xuño de 2020

RECOMENDACIÓNS PARA O NOVO ALUMNADO DE 4º DE EDUCACIÓN INFANTIL

Recomendacións para o novo alumnado de 4º de EI para curso 2020/2021



Poderá haber variacións nalgúns

luns, 22 de xuño de 2020

RECOMENDACIÓNS PARA O VERÁN




AQUÍ DEIXÁMOSVOS ALGUNHAS RECOMENDACIÓNS DE CARA A ESTE VERÁN PARA QUE DE XEITO LÚDICO LLES AXUDEDES AOS NENOS/AS A REFORZAR O APRENDIDO.

ALUMNOS/AS DE TRES ANOS
O importante é

venres, 19 de xuño de 2020

DESPEDIDA DO CURSO

O mes de xuño soa a canción de fin de curso, risotada inesperada e a clase alborotada.
O mes de xuño ole a calor no patio, a manitas sudadas e a presas no pasillo.
O mes de xuño sabe a abrazo de despedida.
Pero este fin de curso será diferente, botaremos de menos o calor nas gardas de patio, e o sudor dos nenos/as correndo.
Diremonos adeus coa man, cos ollos e cun sorriso.
Despedirémonos coa pena na distancia pero coa certeza de que pronto voltaremos maís fortes.

FELICES VACACIÓNS!!!


ACTIVADE O SONIDO E ABRIR A PANTALLA PARA PODER VER OS BOTÓNS PARA PASAR A PRESENTACIÓN E A DISFRUTAR DO VIDEO!!!!



xoves, 18 de xuño de 2020

PARA OS CUMPLEAÑEROS/AS DO CONFINAMENTO


Todos os trimestres celebramos os aniversarios dos nosos nenos/as, este ano diferente solo nos deu tempo a celebrar os do primeiro trimestre
Tres anos


Catro anos

Cinco anos



Pero para todos/as a mestra Melani adicavos este conto


mércores, 17 de xuño de 2020

RESVISTA ESCOLAR A LAGOA 2020

Deixámosvos a Revista escolar, esperamos que vos guste!

pinchade no titulo:



luns, 15 de xuño de 2020

DESPEDIDA DOS ALUMNOS/AS DE CINCO ANOS


Chegamos ao final deste curso inusual coa boa noticia de comezar coa nova realidade.
Toca recoller a nosa habitación, gardar as fichas, xuntar todos os materiais que usamos durante estes meses...para poder empezar coas desexadas vacacións.


Esta semana estará adicada as despedidas, hoxe despediremos ao nenos/as de cinco anos, comezamos cunha presentacion do noso Departamento de Orientación do paso a primaria. 


ORIENTACIÓN ACADÉMICA: O PASO DA EDUCACIÓN INFANTIL Á EDUCACIÓN PRIMARIA


Funciones ejecutivas paso de educación infantil a educación primaria.

O tránsito entre etapas educativas supón un cambio que implica ó alumno/a unha marcada diferencia, no que se expón a un crecemento persoal, social e educativo. É neste último punto onde reside a importancia de planificar as transicións, pois estas poden afectar ao propio proceso de aprendizaxe, co cal é necesario contemplar nexos e vínculos inter-etapa que favorezan un proceso de tránsito o máis natural e beneficioso posible.

As etapas de transicións e cambios, polo xeral, sempre son momentos algo difíciles e problemáticos para os nenos/as, sobre todo cando estes son máis pequenos pero, lonxe de considerar as transicións como momentos complicados, o que se debe facer é utilizalas como oportunidade para que o alumno/a se adapte á diversidade e aprenda a enfrontarse as novas situacións.

Pasando a falar do paso da Educación Infantil á Educación Primaria, os cambios máis notables que se producen no paso dunha a outra refírense aos seguintes aspectos: profesorado, espazos, distribución do tempo e rutinas, metodoloxía e materiais. Pero un dos cambios máis drásticos que acontecen nas aulas dos primeiros cursos de Primaria é o enfoque metodolóxico e o modelo pedagóxico.

En Infantil, o alumnado aprende baixo enfoques caracterizados por un marcado carácter vivencial e globalizador, traballando contidos suxeitos a áreas de coñecemento e experiencia. A realidade cotián do neno/a é o elemento sobre o que se aprende e do que se aprende, estando o tempo estruturado en base a rutinas e hábitos progresivos, e métodos de traballo baseados na investigación.

Na Primaria, en cambio, os coñecementos aparecen parcelados, divididos en materias e áreas, cada unha cun peso académico específico, repartidos ao longo dun horario prefixado e estudiadas por medio de exercicios e actividades de corte máis memorístico e instruccional, centrando o proceso educativo cara o manexo de competencias.

Dito isto, a continuación inclúo un vídeo onde explico os cambios máis importantes de Infantil á Primaria.






Aquí vos deixo a presentación en soporte de PDF para que podades visualizar cada diapositiva máis detalladamente.












Aquí deixámovos un vídeo especial para os nosos nenos/as maiores




Cremos en vós,en todos e todas.
 Sabemos que seredes unhas boas persoas.
Non vos rindades porque en realidade iso é a vida. 
Perseguir os vosos soños ata alcanzalos.

As mestras de Infantil

venres, 12 de xuño de 2020

O NOSO MURO INTERACTIVO II

PINCHANDO NO MAS, PODEDES AÑADIR, FOTOS, VIDEOS E MÚSICA DAS COUSAS QUE ESTADES FACENDO ESTES DÍAS SERÁ UNHA FORMA DE VERNOS.
Made with Padlet


Los colores - flores

Flores

Relaciona grafía cantidad flores

Primavera

Flores

Flores de primavera

Trocitos de flores

Serie flores

EU QUEDO NA CASA III

Venres 12 de xuño:



A nosa proposta de hoxe consiste en varias partes:

Primeiro sairemos a explorar o que nos rodea e faremos unha investigación e recollida de flores, follas...de diferentes cores.



Despois as clasificamos por cores


Sobre unha tea ou servilleta, presionar as flores cun martelo para ver de que cores pintan. Algunhas pódennos sorprender deixando cores que non son as súas. 

Podedes xogar a unir as que son iguais




Despois crear flores coas flores recolectadas, creando a vosa flor única


Con as que vos queden meteredelas nunhas cubiteras con auga e así observaredes a natureza dende unha perspectiva xeada, ao desfacerse teredes un bello estanque de nenúfares.


Esperamos que disfrutedes moito con esta actividade!





Xoves 11 de xuño:

Porqué traballar a grafomotricidade?
É unha actividade basada nas habilidades motoras finas, fundamentais para a mellorar a preescritura, os nenos/as collen e desenvolven un maior dominio das distintas partes do corpo como o pulso, os dedos, antebrazos e mans. Destreza en movementos, e melloran na direccionalidad e ademais de potenciar a súa rapidez e legibilidad e fluidez na súa escritura.
Por eso é imporatnte cos nenos/as poidan crear en combinar trazos.

A nosa proposta de hoxe e facer un arco da vella coas distintas cores e facendo diferentes trazos.
Deixámosvos uns exemplos:




Mércores 10 de xuño:

Hoxe botaremos tapóns nun barreño e con dous palos o culler intentaremolos pescar e clasificar por cores.

Algo así:




Martes 9 de xuño

Como onte foi o día dos oceanos esta semana propoñeremos actividades relacionadas coa auga. Comezaremos facendo barcos!

Poden ser de diferentes materiais




O maís divertido será poñelos a navegar, querémolos ver!








Luns 8 de xuño 


Música

OITAVO RETO DE MÚSICA


Ola nenas/os:
 Dende a aula de música tamén imos a realizar actividades durante este tempo de confinamento que ogallá non dure demasiado.
 A miña idea é a seguinte: Cada semana proporei un reto relacionado coa educación musical. Esta actividade vai dirixida tanto ao alumnado de Educación Infantil como ao de Educación Primaria. Este reto teredes para realizalo unha semana exacta.

 OITAVO E ÚLTIMO RETO (DO 05/06 AO 12/06 DO 2020):

 VIAXANDO AO VERÁN A TRAVÉS DOS INSTRUMENTOS . A derradeira tarefa deste tempo de confinamento consistirá en viaxar polo mundo a través dos instrumentos musicais. O reto será que cada alumna e cada alumno investiguen un instrumento musical que exista no mundo. A continuación deberán debuxalo e decoralo como queiran nunha cartolina ou nun folio onde figurará o nome así como a súa procedencia. Para facilitar isto, deixo uns enlaces que poden axudar á confección da actividade.




 Cando teñades todo isto feito, debedes mandalo ao seguinte enderezo de correo electrónico: musicacospeito@gmail.com
 No caso de que a imaxe ocupe demasiado espazo ou non colla no devandito enderezo empregade We Transferpara mandar o arquivo.
Sen máis e esperando que todas/os esteñades ben agardo polas vosas creacións.

Un saúdo. Miguel Ogaza Rodríguez.









Co "día mundial do medio ambiente", a organización de Nacións Unidas procura sensibilizar a opinión mundial en relación a temas ambientais, intensificando a atención e a acción política e co obxectivo principal de darlle un contexto humano, motivando ás persoas para que se transformen en axentes activos do desenvolvemento sostible e equitativo; promover o papel fundamental das comunidades no cambio de actitude cara temas ambientais, e fomentar a cooperación, pois esta garantirá que tódalas nacións e persoas gocen dun futuro máis prospero e seguro.
O Día mundial do Medio Ambiente é un evento no que se realizan múltiples actividades: concentracións nas rúas, concertos ecolóxicos, ensaios e competencias nas escolas, plantacións de árbores, campañas de reciclaxe e de limpeza, entre outras. En moitos países esta celebración é unha oportunidade de asinar ou ratificar convenios internacionais e, algunhas veces, establecer estruturas gobernamentais permanentes relacionadas co manexo ambiental e a planificación económica.

A nosa proposta para hoxe : Un comedeiro para páxaros

Necesitamos:
Un cartón de leite baleiro
Tesoiras
Ramiñas
Pegamento
Corda 
Pintura de cores

Primeiro lavar o brick de leite, despois podedes abrirlle unha ventá nun lado. Esperar a que seque e podedes pintalo, a decoración e cousa vosa.
Para colgalo podedes engadir unha corda na parte superior. 
Con eso estaría listo, só tes que esperar que apareza algún paxariño e se fixe na vosa casiña

Deixámosvos algún exemplo


 Necesitan un pauiño para que poida  apoiarse para comer.
E se queredes que teñan un aire máis natural podedes poñerlle unhas ramiñas enriba


Deixámosvos un video da mestra Inés para complementar a nosa casa




Para finalizar uns ECO-RETOS: