etiquetas

AUGA

Nas nosas clases as FADAS e as BRUXAS andiveron a facer das súas e así ameneceron hoxe



Cheas de pinguiñas de auga!!!!!

Comezamos novo proxecto "AUGA", onde traballaremos un montón de cousas.

Están comezando a chegar contos as nosas aulas: 
LEO trouxonos o conto "EL CABALLITO DE MAR", onde puidemos ver  todos os animaliños que se agochaban tralas herbas mariñas e como os papas do mar levaban os seus fillos nas distintas partes do corpo (barriga, pegados a cabeza...) ata que os ovos nacian.
Tamén nos trouxo un atlas onde vimos a auga nas suas distintas formas e uns cd con moitas cancións entre elas "que llueva que llueva"



Estos dias de chuvia nos demos conta que das nubes cae auga



SABELA nos troxo dos contos e contounos moi ben o do "HOME AUGA" dixonos que a auga molla, a auga cae das nubes, a auga danos de beber, a auga rega os arbores, a auga vai o mar...temos moito que investigar.



LAURA nos fixo un debuxo de gotas de auga que xa temos no noso rincón.



RUBÉN tamén nos trouxo contos, ainda non os vimos todos, pero o faremos nos próximos días



AROA tamén nos trouxo contos que nos viran moi ben para buscar información neles



Siguen chegando cousas para os nosos recunchos:
SABELA e AROA nos contaron o conto entre as duas do DRAGÓN E O SALGUEIRO



SAMUEL nos ensinou un conto de SEREAS



Xogamos a buscar as sete diferenzas con AROA



IKER e DAVID trouxeron uns mini acuarios moi chulis, cheos de cousas do mar


ALBA tamén touxo cousa do mar, pero fora da auga


BREIXO nos contou o conto de "MOWGLI y el día de la lluvia" que xa forma parte do noso recuncho.
Estos dias nas duas clases experimentamos coa auga para saber si tiña olor e sabor, primeiro a observamos e comparamos con outras cousas e todos estabamos dacordo que é transparente.




NAIA trouxo un conto "EL AGUA"  onde a poidemos ver e mirar de distintas formas, e darnos conta que no noso planeta ten moita auga.



Con ANTIA contamos o conto de PEPA PIG que iba a piscina, encantoulles ver pomo GEORGE salpicaba a PAPA PIG.



ELOI trouxo dos contos que tamén estivemos observando e que lles serviran para investigar según vaia avanzando o proxecto.



SABELA contounos como fixera na casa un pao de chuvia coa axuda do seu conto



Surdinous a pregunta se a auga ten sabor e na aula de tres anos oleron e probaron platanos e azucre para despois probar a auga, e tamen oleron colonia e auga...o final se deron conta que ni ten olor nin color.





Na aula de catro anos BRUNO nos trouxo unha caixa con moitas cosas e convertemosnos en investigadores de todo aquilo que tiña a caixa, e con axuda de BRUNO fixemos un experimento.

Primeiro olimos todo



Despois probamos



E finalmente puxemos todos nos botes e mesturamos ben



Finalmente botamos todo nun bote e deixamos reposar, mañá veremos o resultado, a ver saliu o non o experimento!



O resultado creo que non foi o esperado...

Pero volvimos a intentalo na clase de tres anos, olimos, tocamos...



Remexemos

E finalmente botamos todo no bote e... algún dixo que fixeramos cocacola, o experimento non saliu pero aprendimos que a auga non ten olor, nin color, nin sabor.



Seguiremos experimentando ata o final do proxecto e seguro que conseguemos converternos en uns grandes científicos.

Con ANTIA vimos o conto das SEREAS



Con SAMUEL buscamos diferentes objetos en su libro



NAIA trouxo un conto onde vimos a auga nos seus diferentes estados, e tamen diferentes experiencias por exemplo de como facer un pao de chuvia.


ELOI couseu na sua casa unha fermosa chuvia



DIEGO nos trouxo un libro feito por el con axuda da sua familia.



Con BRUNO vimos que tamén na Selva temos auga e animais que viven nela



SABELA nos contou o conto dun neno que deixaba o grifo aberto e todo se enchia de auga, para ir ao cole tiñan que ir navegando, para xogar no parque todo flotaba...ao final acabouse convertindo nun peixe e sin darse conta o pescaron, pero cando iba camiño de converterse nun peixe o forno con patacas a súa mamá chamouno para cear.



LUIS nos trouxo unha nube con moitas EMOCIÓNS, agora cada día que miramos pola nosa ventana para poñer o día que vai, tamén o poñemos na nosa nube, se fai sol está contenta, se chove está triste, se trona ten medo...




LAURA nos trouxo un conto titulado ABA, unha gotiña de auga que viaxa cos páxaros, que se converte en neve, que roda pola montaña e rega as plantas, que chega ó mar, que evaporase...LAURA contouno xenial! e nos acercou dunha meneira sinxela os diferentes estados da auga.
Tamén escoitamos o sonido da chuvia no pao.



Esta semana comezamos a traballar os estados da auga, e a caixa das fadas deuxóunos esto



Auga, cores, pinceis, e contagotas, así que puxemonos de novo a experimentar, xa sabemos que a auga non ten cor que temos que darllelo, nin sabor, nin olor.
Primeiro mesturamos as cores





Despois botamos a auga cos contagotas











E finalmente descubrimos unha nova maneira de pintar con auga
















A AUGA TAMEN SERVE PARA PINTAR!

Seguen chegando cousas aos nosos recantos de auga, LAURA trouxo un conto onde vimos auga en distintos estados


AROA fixo unha fermosa pinguiña de auga


Seguimos a traballar o estado líquido da agua, e da mellor forma, facendo a choiva!!!

Primeiro tocamos todo o que nos trouxo a caixa das Fadas



Dimoslle cor a auga, botamos auga no bote, tocamos e olemos o que saia do bote, que non tiñamos claro o que era uns decian nata, outros espuma dos papas, crema...






Despois decidimos poñer a espuma enriba da auga porque parecía unha nube




Cando as nubes enchense de vapor de auga entón comeza a chover






Pouco a pouco vai comenzando a chuvia





Experimento conseguido! xa estamos preparados para ter o noso carnet de investigadores amigos do medio ambiente.



Seguen chegando cousas para os nosos recunchos, moitas grazas!
SERGIO trouxo un móvil precioso



Para rematar co estado líquido, fixemos outra vez chover as nubes, cando as nubes carganse de auga comeza a chover e fixémolo dunha forma divertida.

Primeiro pintamos as nubes e despois enchémolas de auga co spray para ver finalmente como cae a auga das nubes
















Seguen chegando cousas para o nosos recantos:

IKER fixo un debuxo dun submarino que viaxaba polo mar



BRUNO un conto de cancións de MAMA CABRA onde aparece o mar, encatounos escoitar e bailar a canción de Nadando sen parar.







AROA nos trouxo o ciclo da auga, onde ela e a sua familia debuxaron, recortaron e pegaron...
tamén trouxo un pen con cancións que nos encantan esoitar...tedelas ahí abaixo.









LUCIA trouxo un trociño de mar a aula, con peixes, algas...


Esta semana apareceron nas nosas clases cubitos de xeo con sorpresa!



Comprobamos que o xeo e frío e duro e cando se derrite se converte en auga.




SABELA chegou o cole con ganas de experimentar con cousas que tiña nunha bolsa



Primeiro tocamos, ulimos e depois decidimos meter todo xunto a ver que ocorría, así que pusemos os nosos carnets e comezamos.





Cando rematamos de botar todo, SABELA botou a auga e mesturou todo



E era NEVE, fixemos NEVE, e como non podía ser de outra maneira xogamos con ela





Despois do éxito na clase de catro anos tamén fixemos a NEVE na clase das FADAS E TRASNOS

Tivemos dous valentes que se atreveron a probar a ver a que sabia aquilo que nos trouxera a caixa das fadas.




Despois botamos todo 







Mesturamos!



E a xogar!




 A partir da lectura do conto  "Don Caballito de Mar"  onde nos conta a fermosa historia duns peixes que cando a  nai vota os ovos son abandonados a sua sorte pero nalgúns casos son coidados polo pai , como son os peixes flauta, Kurtus, caballito de mar, o pez espinoso entre outros que encargaranse de coidar os ovos ata o seu nacemento.

Aproveitamos este conto para traballar tamén o estado sólido da auga e así pintamos a Don caballito de mar, con xeo:






























BRUNO trouxo un conto despregable do inverno, onde puidemos ver a neve e que cousas se poden facer nela.



SABELA tamén nos trouxo outro conto onde vimos a auga en estado sólido e os deportes que se poden facer nela.



RUBÉN contounos a historia dun neno chamado Arturo



Un día LAURA PRADO contounos que a súa irmá para poder xogar na tablet salialle unha pinguiña e dicía que se chamaba H20, puxemonos a investigar e descubrimos que era a formula da auga, dúas moléculas de hidróxeno e unha de osíxeno, e para que o viran mellor fixémolo con plastilina.





Aproveitamos para traballar de diferentes formas 







NAIA trouxo un conto de letras que nos encantou, porque podemolo ler, ver e oir



BRUNO contounos o conto da RÁ da boca grande e rímonos moito



A caixa das fadas trouxonos un aparato que non sabiamos o que era, si unha plancha, batedora, para facer torradas, e incluso un altavoz dixeron os nenos/as pero no...



Despois de moito mirar vimos un burato e como tamén nos deixaron unha botella de auga pois probamos a ver que ocorría

Tiramos unha pouca por fora, pero algunha entrou dentro da máquina







Ninguén se atrevía a tocar aquilo, pero sempre temos algún valente






E descubrimos que era unha máquina de facer nubes de vapor de auga, e que a auga o quentarse saia en forma de vapor de auga, quedamos abraiados.

Tamén tiñamos unhas bolsas e dibuxamos todo o que xa sabemos nelas, que cando no mar  fai moito sol a auga evapórase formando o vapor de auga e chega o ceo e forma nubes, cando estas están cheas se están moi arriba choven precipitacións en forma de neve o de auga, esta auga volve aos rios e despois ao mar.

O primeiro foi facer a auga do mar.














E despois preparamos os nosos ciclos da auga:






 









En poucos días xa comprobamos a evaporacíon, condensación e choiva





Hoxe SABELA trouxo un conto do "Planeta Tierra" onde vimos que ten moita auga, que ten continentes, que a Terra se move por rotación e traslación, que temos ríos e lagos...e o ciclo da auga.



Seguemos experimentando coa auga, esta vez observamos si as cousas que botabamos na auga flotaban ou non








Pasámolo xenial! 

SABELA trouxonos un conto MÁXICO que pintase con auga.


A TEMÁTICA DO ENTROIDO COMO NON PODÍA SER DOUTRA FORMA FOI A AUGA:

Traballamos moi duro en facer os nosos disfraces e as nosas coroas, e así de bonit@s luciron o día do entroido.























Cartel Día de la Mujer 2019

Para conmemorar o día 8 de marzo, no colexio traballamos nun proxeto conxunto a nivel de centro no que investigariamos, buscariamos información de diferentes mulleres que o longo da historia foron pioneiras por algo que fixeron, co obxetivo de sensibilizar, concienciar o noso alumnado de que ainda exite un asunto pendiente na nosa sociedade.

Nas aulas de infantil como estamos a traballar coa auga a nosa pioneira elexida foi ISABEL BARRETO,  foi unha navegante galega e considerada a primeira muller almirante na historia da navegación.

Fixemos diferente actividades, entre todas as aulas, un mural



Os de tres anos fixeron a auga e o ceo




Os de catro anos o barco:



Os de cinco a ISABEL BARRETO




Copiando a técnica de ANDY WARHOL que usou no DIPTICO DE MARYLINcoloreamos unhas imaxes de ISABEL BARRETO para decorar os corredores.


Resultado de imaxes para shot marilyns





Os nen@s de cinco anos completaron a bibliografía de ISABEL BARRETO para poñer xunto o mural.




Tamén nas aulas fixemos unha ficha para completar 








E tamén contamos un conto que lles gustou moito e que fixonos pensar e falar sobre o que lle pasaba a esta muller pirata. Aqui volo deixo




O falar de todas estas cousas rematamos as actividades debuxando as mulleres importantes das nosas vidas.




Os traballos das PIONEIRAS das outras clases:






Traballos de Secundaria:


DEPARTAMENTO DE PLÁSTICA:







DEPARTAMENTO DE FISICA Y QUÍMICA:





A FADA MÁXICA deuxounos un xogo divertdísimo de pesca que xa forma parte do noso rincón:




Esta semana celebramos a semana da prensa xa que o seu uso axuda a que señamos capaces de usala como un recurso didáctico e facilite o desenvolvemento de actitudes como a creatividade, a búsqueda de información, melloren nos conceptos temporais...nas nosas aulas usamolas como recurso material e fixemos varias cousas relacionadas co noso proxecto:
 
Chuvia de letras onde os mais pequenos primeiro se debuxaron e despois picaron a nube e fixeron a choiva


Os de catro anos se debuxaron,recortaron a nube e despois fixeron unha choiva de letras



Estamos traballando os seres vivos que viven na auga, primeiro pintaron o mar 



Despois picaron e pegaron a balea:





SERGIO FIDALGO trouxo unha pecera que nos ven xenial porque estes días vamosllos dedicar as mascotas e os seres vivos e a súa relación coa auga.



Tamén creamos un espacio no noso patio con contos de animais e con mascotas de xoguetes



A partir do conto de AROA comezamos a falar das nosas mascotas, como se chaman, que comen, como nacen...



Tamén na mesa de luz aproveitamos para facer diferentes xogos de protagonistas as nosas mascotas:







Na clase de tres anos apareceu un ser vivo de auga que teñen que coidar, unha gamba!!!



Tamén disfrutaron xogando na mesa de luz.



E ademais chegou a aula un transportin de animais cargado de cousas que estivemos investigando e averiguando para que servian.




Mais xogos co noso amigo Roque:



Gracias pola vosa colaboración! Asi de bonito temos o noso corredor coas mascotas




Os de catro anos facendo a Roque:



Xogando a poñer as suas partes e buscando diferenzas:




Os de tres anos tamén fixeron a Roque:



E os de cinco:



Estrearon o transportin e os aparatos dos veterinarios:



En todas as clases falamos de como se comunican os cans e as suas emocións:





Dentro deste mini proxecto dos animais temos varias actividades programadas e unha delas e a visita de Connor onde acompañado da profe Maria José nos ensina un pouco mais destes amigos que son os cans e ademais ven acompañado de Connor que nos conta a súa historia e xoga con nos.

























Todos/as recollimos o que aprendemos nunha flor para levar a casa e contarvolo











O día 20 de marzo día da poesía:


Este día ten como propósito promover a ensinanza da poesía e fomentar os recitais poéticos, a lectura da poesía...nas nosas aulas fixemos diferentes poesias.









O día 22 de marzo celebramos o día da árbore e da auga, contamos un conto, plantamos e puxemoslle nome a un bidueiro e rematamos falando da importancia do coidado da natureza.
Dentro do noso proxecto como homenaxe a auga fixemos uns peixes como seres vivos ca necesitan para vivir.







SABELA nos trouxo un xogo para pescar peixes


AROA trouxonos un ciclo da auga que nos explicou moi ben


Case chegando ao remate do proxecto viñeron a aula duas científicas a facer con nos experimentos.


Foron moi ben recibidas



Comezaron cun experimento chamado "ARCO DA VELLA" que consiste en mezclar diferentes liquidos con distintas densidades e cores e este foi o resultado


O segundo foi o "VOLCÁN", mesturaron auga e aceite e colorante 





Tamén fixemos pompas con palliñas




Con peixes de cores, puxemoslle o chuvasqueiro e intentamos que navegasen sin mollarse, algún caeu na auga, pero a maioría non se mollaron



Despois intentaron facer un TORNADO dentro dunha botella de plástico, neste experimento tivemos que contar coa axuda de ELOI que lle deu un bó meneo a botella e conseguiuno.


Despois destes experimentos fixemos un descanso e SONIA e ESTHER contaronnos unha historia dunha pinga de auga e un vaso, despois poidemos comprobar que a auga non saia do vaso, bueno as veces si...



Seguimos experimentando e fixemos PASTA DE DENTES DE  ELEFANTES mezclamos varios ingredintes nun vaso e fixeron unha reacción moi colorida




SAUDOS CON AUGA, con marionetas de guante e sumerxidos na auga os nenos/as xogaron a saudarse.



VASOS COMUNICANTES nos que votamos duas cores e despois duns días na aula isto é o que pasou




Tamén nos deixaron unhas flores blancas que así amaneceron




ACUÓFONO, con vasos de auga con distintas medidas fixeron un xilófono onde os nenos/as tocaron libremente, despois nos deixaron unha partitura da canción do cumpleanos feliz na que cada nota identificase pola cor do vaso.



Para rematar ao final dos experimentos deronlles aos nenos/as un colgante e unha pulseira cós acredita como científicos da auga, despois con sonidos da natureza intentamos relaxarnos despois de tanta actividad cientíca.



FOI UNHA MAÑÁ CIENTÍFICA MOI APROVEITADA, MOITAS GRAZAS A ESTHER E SONIA POR VIR PASAR CON NOS ESE TEMPO É ENSINARNOS TANTAS COUSAS, DISFRUTAMOS UN MONTÓN, ESPERAMOS QUE VOLVADES!!!!

ALMORZOS SAUDABLES
 Esta actividade ten como finalidae sensibilizar aos máis pequenos para que adquiran uns bos hábitos alimentarios durante a idade escolar, para mellorar o seu rendemento e previr problemas de saúde relacionados coa mala alimentación.

O almorzo incluiu a degustación dos seguintes alimentos: zume de laranxa, leite, cereais, unha rebanada de pan, 1 froita e 1 iogurt.


Esta semana dentro do noso proxecto de protexer e coidar as nosas mascotas tivemos a visita dunha veterinaria moi cercana MARIA JOSE a mamá de MIGUEL de cuarto.


Estivemos moi atentos a todo o que nos dixo sobre os coidados do día a día das nosas mascotas.


Logo nos falou da sua profesión e do seu traballo como veterinaria, e que funcións fai cos cans e gatos.
Contounos que tiñamos que desparasitalos por fora e que tiñamos varias maneiras con pipeta, collares...e como tiñamos que facelo.


Tamén cos tiñamos que desparasitar por dentro e para iso temos pastillas que variaran o tamaño dependendo do peso.


Nos falou tamén das vacunas que temos que poñerlle


E que coma nos aos poucos meses de nacer temos que poñerlle un chip que será o seu carnet, por si se perde o se lle pasa algo, e que virá acompañado dunha cartilla co seu número e datos.


Grazas a MARIA JOSE conseguemos encher un pouquiño mais a nosa mochila das aprendizaxes.

MOITAS GRAZAS POR VIR A PASAR UN RATIÑO CON NÓS!!!!

Xá rematando coa auga nos convertemos en autenticos artistas imitando obras de arte de pintores relacionadas coa auga.





Este proxecto da AUGA  queda así rematado, cun montón de experiencias feitas e moito disfrutado, deixando espazo o novo que estamos a piques de comezar, MOITAS GRAZAS por colaborar dende a casa con todos os materiais aportados, esperamos cos nen@s vos conten todo o aprendido e recollido nos seus traballos.

                                 Pasade unhas boas vacacións e vémonos a volta!!!

1 comentario:

  1. Estes nenos son xeniais!!!! As profes estupendas!!! E ir dúas mamás xuntas é o dobre de divertido e emocionante!!!Animádevos a participar!!!É un regalo para todos!!!

    ResponderEliminar

Deixanos aquí os teus comentarios!