Esta semana foi moi divertida, entre os mandados do meco e preparar o noso disfraz.
Comezamos a semana de caranval moi naturais, o luns o meco mandou traer algo natural. Moi chulis.A CESTA DE PABLO, Pablo no meco do luns trouxo unha cesta cargadiña de ramos de gromos de mazás, ramas de mandarinas, un limón, unha piña, follas de carballo e unha flor de papel. Tamén un oso.
CONTO de SUPERTATA Y EL CARNAVAL CATASTRÓFICO!!
Debuxo do conto.
No conto aparecían uns guisantes que eran un pouquiño malos, por iso aproveitamos de novo a nosa mesa negra para xogar con eles mesturados con moito confeti de carnaval. Os guisantes malvados querían quitar as cores de todas as verduras do supermercado.
Pero estes nenos mentres traballaban a motricidade fina conseguiron cazar todos eses guisantes para diferentes envases e así volver a cor as verduras do supermercado como a supertata do conto.
Foi moi divertido este conto de carnaval.
Comezan a saír as nosas primeiras semillas!! Que emoción
GRAZAS FAMILIAS POLA VOSA COLABORACIÓN
O luns as nenas, Paula e Patri chegaron con dous contiños que contaremos nuns días.
Luca tamén nos trouxo outro contiño.
O martes Noa chegou cargada de moitos contos para ler, para pegar pegatinas, de sons, con crebacabezas..
Paula facendo con Noa un dos crebacabezas do conto.
Xogando co xogo de Thiago, por un lado ten profesións e polo outro animais.
O xoves Matín chegou co seu carballo.
Noa chegou cargada desta vez con manualidades.
Pasade un bo entroido, disfrazadevos moito e pásadeo moi ben! Vémonos o xoves!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixanos aquí os teus comentarios!