ABELLAS

Comezamos o último trimestre deste curso no que levaremos a cabo o proxecto dedicado as abellas, o outro día na clase de tres anos chegou unha abella cunha carta que nos dicía que levara un golpe na cabeza e que non sabía quen era, nin onde vivía, ni quen era a súa familia, despois de curala, entre todos pusemoslle un nome  PICA e axudaremola buscando información das abellas para conseguir dar coa súa familia.


Xa están chegando as aulas moitas cousas para o noso recuncho do proxecto:

SEMO fixo un debuxo e unha manualidade dunha abella


BRUNO trouxo películas da abella MAYA que iremos vendo na aula


Temos moitas abellas de peluche para xogar de SABELA D, AROA e SABELA A.


SABELA D. trouxonos un conto dunha abelliña moi traballadora


RUBÉN contounos o seu conto



AROA trouxonos varios contos que iremos a eles para as nosas investigacións, un crebacabezas, e un xogo de parchis de animais que xa forman parte do noso recuncho.



BRUNO trouxo un libro onde nos conta como as abellas fabrican a mel



THAIS trouxo unha marioneta de abella



LEO nos amosou a súa abella 



NAIA trouxo un conto, unha abella moi suave e un tarriño de mel



ELOI trouxo outra abella para a nosa colmea



SABELA trouxo un xoguete de playmóbil apicultor, nos encantó!!!



SARAY nos trouxo unha adivinanza e un xogo de buscar diferenzas



SABELA trouxono o conto da princesa Augusta que é unha pequena abella que vivía feliz ca súa familia, pero cando llega o memento de ir a escola ten moito medo, pero por sorte a visita a fada Morada e deixalle unhas pedras e con elas vencerá todos os seus medos e disfrutará cada día de cole.


SAMUEL trouxo dos contos moi interesantes e con moitas cousas que nos van a dar información cando vaiamos avanzando nas nosas aprendizaxes.


BREIXO trouxo unhas cartas de abellas, unhas abelliñas con ganas de xogar con nós e unha careta!


DAVID trouxo un dominó de insectos que veunos moi ben porque estamos falando das abellas que forman parte do grupo dos insectos.


IKER trouxo unhas colmeas para traballar a lóxica matemática dunha forma lúdica e divertida e basada no método ABN que lle da moita importancia a asociar  as matemáticas coas cousas que lles son familiares aos nenos/as (asociando os números, o dado, e os dedos da man)
Usarémolo moito!!



Neste trimestre o libro que vai ir as familias será un recetario feito polas familias coa axuda dos nenos/as, as receita terá que levar como ingredinte o MEL.
Na aula de catro anos tivemos a sorte que ademais  do recetario poidemos probar todos a receita, GRAZAS AS COCIÑERAS!!



Seguen chegando moitas cousas as aulas que nos serven para aprender un pouquiño mais das abellas, DAMÁN nos trouxo un trociño de panel cheo de mel, aproveitamos para observar outros que tiñamos na aula.



BRUNO también nos trajo un trozo de panal:


ISRAE trouxonos un conto:


LAURA trouxonos un conto onde aparecian abellas


AROA trouxonos un disfraz de abelliña:



As fadas nos trouxeron un xogo que ademais de traballar as cores, os números tamén traballamos a motricidade coas pinzas:



LEO nos trouxo unha abella lápiz:


SABELA trouxo un traxe de apicultor, e un panel, tamén aproveitamos para falar das ferramentas dos apicultores e dos paneis:






LAURA trouxo un conto de contar abelliñas, pasamolo moi ben xogando a ver cantas había:


RUBÉN trouxo unha raqueta de Maya:



 NAIA e a súa mochila de Maya e o conto en inglés!!



LUIS trouxo un xogo fe facer series de abelliñas de cores:


EMMA e o conto de Maya e os seus amigos:


LUCIA trouxo unha manualidade:


ELOI trouxo un móvil fermoso de abelliñas que xa forma parte do noso recuncho:


Xa chegou a primavera e os campos estan cheos de flores e de bichiños, e nos tamén quisemos encher o noso cole de flores:




SERGIO trouxo unha manualidade feita cunha pedra



BRUNO trouxo un conto de búsqueda de información:



Todos os nenos/as de infantil fixemos a nosa colmea como grandes abellas obreiras que somos









Pasámolo xenial buscando e investigando nos libros do noso recuncho





Seguen chegando mais libros; LAURA A, trouxo un libro onde nos fala de todo o que estamos aprendendo das abellas e un xogo para traballar as cores, a motricidade fina, SABELA e IKER e DIEGO e SERGIO D, tamén trouxeron mais libros!!!








Seguen chegando cousas as aulas AROA trouxo un nido de avispas que nos serviu para obserbar moi de cerca ademais de outras cousas, como unha abella, flores...



Tamén forman parte do noso recuncho unha manualidade fermosa dunha colmea feita por SERGIO F, e un portalápis feito por RUBÉN




AINARA nos trouxo outra abelliña para xogar



Os nenos/as de cinco anos acabaron de decorar os corredores cuns fermosos xirasoles




As abellas viven en panales e esos panais teñen forma hexagonal, que lle serve para criar abellas e almacenar o polen e mailo mel.



EXCURSIÓN A CASA DO MEL DE GOENTE:

Cada día coñecemos un pouquiño mais das abellas, da sua morfoloxía



As abellas son insectos sociais que viven agrupados en colonias formando enxames, os enxames estan compostos pou unha soa raiña que será a encargada de poñer os ovos.




As abellas recollen o pole nas patas en forma de bólas, para alimentar a cría, có néctar que recollen nas flores as abellas elaboran o mel no interior da colmea, o outro día probamos varios tipos de mel e deronnos un pouqiño para a casa.







As cores, sabores e aromas do mel depende das flores de procedencia.

Para manexar as abellas o apicultor necesita dun traxe que o denfende.






As abellas entre outras moitas cousas producen cera, e con esa cera fixemos e decoramos velas




Despois da divertida mañá coñecendo un pouco mais do maravilloso mudo das abellas, nos diriximos a repoñer forzas cerca do río.


De volta no cole estabamos todos felices cos agasallos para as nosas familias



Nas aula seguemos a traballar moito no proxecto


A semana pasada tivemos a sorte de ter no colexio a visita dun apicultor, con él recordamos como son as abellas, que teñen unhas antenas na cabeza que teñen a función dos órganos de olfato e tacto, os seus enormes ollos están compostos de miles de minçusculos ollos e entre eles atopamos tres pequenos ocelos, as abellas perciben as cores pero de xeito diferente a nos, unha larga trompa lles sirve para beber o néctar das flores e coas súas mandíbulas construen o panal, teñen seis patas nelas levan o polen.
Tamén vimos cas abellas viven en colmea, a vida de cada abella comeza cando a raiña pon un ovo na celda dun panal, dese ovo sae unha larva, as obreiras alimentan con polen e mel e despois cerran a celda para transformase en abella adulta.

As abellas empezan a sua vida sendo limpadoras das celdas e do panal, despos pasan a alimentar as larvas, despois recollen o néctar e polen das recolectoras e finalmente van ao exterior a recolectar.
Os zanganos é o pai das novas abellas, non traballan, non recolectan e son alimentados polas obreiras ata cos acaban expulsando da colmea.

O apicultor nos ensinou as larvas, as pupas e a raiña.





As abellas nos só nos dan mel como pensa a maioría da xente, sen a axuda destes pequenos polinizadores moitas prantas non podrian dar froitos e semillas. Sen as abellas só durariamos catro anos no mundo!!



Tamén nos falou da estructura da colmea, parecen casa, toda casa ten un tellado, os habitantes da colmea entran pola porta que se chama piquera, que dependendo da estación estará mais aberta ou pechada. As abellas construen as suas celdas na cera que está nos panales, cando o apicultor observa estes panales  sabe como están as abellas.

Antes de comezar a traballar o apicultor debe poñerse un traxe especial, despois colle o afumador, con el consigue enganar as abellas que detectan ó sinal de alerta frente o lume, se cargan de mel e vas hacia a parte baixa da colmea. Despois cunha palanca separa os marcos da colmea cas abellas pegan con propoleo, do marco retirase cun cepillo as abellas que quedan, despois os marcos metense nunha máquina onde empeza a xirar e sae a mel do panal.








Tamén nos falou dos peligros que acechan as abellas unha pulga chamada VARROA, tamén a AVISPA ASIATICA e o SER HUMANO cos pesticidas é tóxicos.

Nos contou tamén remedios cando nos pica unha abella, quitar o aguillón con algo metálico, con xeo e con cremas especiais para picaduras, as abellas cando pican pola súa morfoloxia morren porque teñen un abdome moi blando.


A mel dependendo das diferentes prantas que coman as abellas cambia  súa cor, olor e sabor.
A mel non sólo se pode comer tamén beber o hidromel, tamén podemos cociñar moitos pratos con ela.
Rematamos a charla saboreando a rica mel.






Os de nenos/as de tres anos vironas moi de cerca



Así rematamos con esta visita tan doce, MOITAS GRAZAS POLA VISITA!!!!


MARWA trouxo flores que comen as abellas:


SABELA un libro de recetas con mel:


AROA unha pelota cunha abella dentro:



Seguimos abelleando ata o final!!!




Ao longo deste trimestre as familias elaborateis un recetario cun ingredinte esencial neste proxecto "MEL", aquí vos deixo algunha das receitas feitas por vós e das que puidemos probar un chisquiño, encantanos que colaboredes con nós os nenos/as son o que mais aproveitan das vosas colaboracións.








As madalenas estaban tan boas que as comeron antes de sacarlles unha foto!!










 Ainda non chegou a todas as familias porque este trimestre foi moi curto pero para o ano continuaremos...
A pesar do corto que foi este trimestre traballamos e aprendemos moito das abellas, recollemolo todo nun libro de solapas que fixemos:

Primeiro fixemos cada parte do noso libro, despois o pegamos e finalmente lle puxemos nome e o decoramos con sellos e xa estaba listo para levar para a casa.









Tamén preparamos as nosas bolsas para levar os traballos decorados cunha abellas e sellos tamén.





Levaban unha tarxetiña feita polos nenos/as como fin do traballo no Plan Proxecta, no que ao londo do curso fixemos diferentes actividades relacionadas coa protección aos animais, eles fixeron e decoraron cada un a sua tarxeta e tamén levaban un can (llavero o para poñer o móvil) feito polas profes nunha impresora 3D.


Tamén iban unhas lindas abelliñas e flores!!








E con todo isto chegamos ao final do curso, esta última semana celebramos os aniversarios:



Para o remate do curso contamos coa colaboración dunhas abelliñas raiñas moi traballadoras, como xa sabedes, o noso cole ten abertas as portas para as familias que queiran colaborar con nós, nos proxectos que estamos a desenrolar nas aulas, este ano tivemos moitas visitas, para o ano que ven esperamos seguir contando con toda a colaboración das familias, aos nenos/as encantalles que esteñades polo cole traballando xuntos/as.

Como xa esperabamos a visita das abellas raiña, preparamos na colmea unha gran pancarta.




As abelliñas estabamos listas para xogar!! primeiro agrupamonos e despois puxemos as antenas que nos tiñan preparadas as raiñas.


Unha vez cas abelliñas estaban ben organizadas comezamos a xogar:

Coa raiña Mónica xogamos a coller o polen 



Coa raiña Mari Luz xogamos ao parchis:



Coa raiña Patricia fixemos de guardiáns e non deixabamos que entrase ningunha abella allea na colmea.



Coa raiña Montse axudaban as abellas a voar dun lado a outro


Coa raiña Sonia foron polos camiños buscando o néctar de flor en flor



Coa raiña Nerea saltamos de flor en flor



Coa raiña Esther cazaron abelliñas de diferentes formas



Coa raiña Mari Carmen, alimentaron as abelliñas




E así chegamos ata o final da mañá 


    Para rematar nos deron un diploma polo esforzo realizado e unha abelliña preciosa que nos fixo moita ilusión:

                                                                                                                                                                                   


MOITAS GRAZAS POR VIR PASAR A MAÑÁ CON TOD@S NOS E FACERNOLA TAN DIVERTIDA, TOD@S OS NEN@S  E MESTRAS ESTAMOS MOI AGRADECID@S E DESTA FORMA REMATAMOS O CURSO.

                                                                                                                               

1 comentario:

  1. Moitas grazas ao equipo de Infantil e ao cole por abrirnos as portas; aos nenos,que son o melloriño,por sacar tamén o mellor de nós!!Participar é a mellor das experiencias,e facelo en grupo e para os nenos de toda a etapa é unha gozada!!Isto vai a máis coa colaboración e a ilusión de tod@s!!Parabéns!!!Que desfrutedes do verán e ata o vindeiro curso!!

    ResponderEliminar

Deixanos aquí os teus comentarios!