Tamén seguimos recibindo colaboracións. Nesta semana MARTINA tróuxonos unhas plantas con flor que recolleu: CALÉNDULA, MARGARIDA e DENTE DE LEÓN. Explicounos o que fixo, como escribiu os nomes e falamos destas plantas. Buscámolas e pronto investigaremos máis delas!
No recanto de ARTE fan debuxos e decoran animais libremente...
No recanto da NATUREZA temos todos os materiais que nos van chegando e desfrutan deles...
Xogan con marionetas relacionadas co proxecto.
No recanto de CONSTRUCIÓNS xogan con crebacabezas e xogos de cosido entre outros en relación ó proxecto...
Ademais dos contos e libros que trouxeron, na BIBLIOTECA de aula teñen a súa disposición unha chea de contos de animais que acostumamos a empregar tamén para sacar información para o proxecto.
Seguimos traballando tamén en papel. Facémmolo co conto do Grúfalo que nos serve de pretexto para coñecer detalles dos animais e traballar contidos importantes e con follas de recollida de información.
Como no conto aparecía unha SERPE que se quería papar ó ratiño seguimos investigando este animal en libros e na pantalla.
Recollendo en papel o que se investigou...
Unha canción coa que nos divertimos moito!
E seguiremos con moito máis nas próximas semanas, moitas grazas por colaborar!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixanos aquí os teus comentarios!